Acabando este mes de outubro,
internacionalmente declarado Mes da Biblioteca Escolar, iniciamos a sección
Lin e Recomendo para a que esperamos numerosos contributos: é tan fácil como enviar un correo-e para o enderezo da biblioteca (na columna lateral) co texto que se desexe publicar ou entregando a recomendación ao profesorado da biblioteca. Sendo por correo-e, indica no "asunto" o título desta sección.
O punto de partida debémolo a unha lectora excepcional,
Xela Lodeiro. Comezamos hoxe por esta primeira suxestión (haberá máis):
El último Catón (Matilde Asensi): Este libro trata da investigación de un cadáver encontrado con unha extraña simboloxía por todo o corpo, o que levará a Ottavia, a protagonista, a unha serie de probas para desvelar un enorme segredo.Esta novela gustoume porque é moi entretida, por manter o misterio até ao final, por todos os símbolos e mensaxes ocultas e porque engancha desde o principio.
Das linguas estudadas no noso centro, para alén da orixinal, podes ler esta novela en alemán, inglés e portugués.
Moitas grazas, Xela
Sem comentários:
Enviar um comentário