Mostrar mensagens com a etiqueta Libros. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Libros. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 8 de junho de 2017

Presentación Literaria.

Hoxe foi un día moi especial porque celebramos a presentación literaria de dúas obras: La caverna, escrita por Ricardo Rosado, profesor de Educación Física do noso centro, e Todo sobre los Lloconcios, de Xiana Fragueiro, alumna de 1º da E.S.O. do noso centro.


Os dous fixeron unha presentación marabillosa sobre as súas obras, moi interesantes, a de Ricardo ambientada na Guerra Civil e coa historia do seu avó como inspiradora da trama, a de Xiana sobre uns personaxes inventados por ela e a súa irmá Antía cando tiñan tres anos e que desembocaron en algo moito máis grande, un proxecto elaborado por Xiana que suscitou moitísima curiosidade entre os asistentes, tanto profesores como alumnos.

Só podemos dárllelas gracias por compartir as súas experiencias con nós e animalos a que continúen sempre alimentando a súa imaxinación e facéndonos disfrutar aos demais dela.

quarta-feira, 7 de junho de 2017

Mochilas viaxeiras e motivación de lectura estival.

Xa comezamos coa campaña das Mochilas Viaxeiras, visibilizando en que consisten e a boa idea que supón cargarse de libros para o verán.


Quen queira ir pensando en que libros poderá levar este verán xa pode comezar a facer unha listaxe para nos solicitar na Biblio. Pero por se acaso necesitades axuda para configurar a vosa lista, preparamos no corredor unha mostra dalgúns dos títulos que quizais poidan ser do voso interese, suxestións lectoras estivais.


 

quinta-feira, 16 de fevereiro de 2017

Concurso: Creación dun Bibliotráiler

Convoca
Centro virtual Ler.es, dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España (MECD) e dedicado ás alfabetizacións múltiples como ferramenta de coñecemento e aprendizaxe.
En que consiste
Na creación dun BIBLIOTRÁILER no que se recollan os mellores tráileres de animación baseados nunha obra literaria presentados polos centros docentes.
Obxectivos
  • Promover o desenvolvemento da competencia lingüística e a conciencia e expresións culturais a través das novas tecnoloxías, ademais da alfabetización audiovisual.
  • Axuntar o fomento da lectura co desenvolvemento de técnicas de animación e o uso das novas tecnoloxías.
Participantes
A convocatoria está dirixida a estudantes que cursen durante o período 2016-2017 algunha dos seguintes ensinos oficiais:
a) Terceiro Ciclo de Educación Primaria.
b) Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Bacharelato.
A participación na convocatoria realizarase a través do centro docente no que o alumnado estea a cursar os seus estudos.
Bases: pica aquí
Criterios de valoración
1. A calidade artística dos traballos, prestando especial atención ás técnicas de animación empregadas.
2. A calidade lingüística dos traballos, a súa capacidade de síntese e o guión literario.
3. A orixinalidade e creatividade ao explorar enfoques innovadores.
Prazo de presentació: ata o 16 de maio de 2017.

quinta-feira, 28 de maio de 2015

García Márquez en pdf



El blog Biblioteca solidaria nos ofrece los enlaces a las ediciones en pdf. de los siguientes libros del Premio Nobel Gabriel García Márquez:

Cien años de soledad
Crónica de una muerte anunciada
El amor en los tiempos de cólera
El coronel no tiene quien le escriba
El general en su laberinto
El otoño del patriarca
Memoria de mis putas tristes

Pincha aquí para acceder al enlace

quinta-feira, 22 de janeiro de 2015

Emoción ante o Obradoiro con Marica Campo

María Pilar Campo Domínguez, poeta, narradora, dramaturga ensaísta, divulgadora, articulista..., e premiada profusamente, tanto pola súa escrita como polos valores que transmite: defensa da muller, da nosa lingua...vainos acompañar, este xoves 29 de xaneiro, para transmitir xenerosamente o seu saber, que é moito.
Autora de letras para o xa mítico grupo Fuxan os ventos, cóntanos nesta ligazón como comezou a escribir: Autobiografía?.
Tamén podemos escoitala nalgún dos numerosos vídeos , que o Centro de documentación da  Asociación de escritores en lingua galega cede ao público, ou gozala nalgún dos seus artigos agochada baixo A tecelá en outono.

Ficheiro:Marica Campos.jpg
              Benvida, Marica!

Foto: IES Manuel García Barros. A Estrada ( Pontevedra)


segunda-feira, 12 de janeiro de 2015

Premio á orixinalidade para o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Un ano máis, o xurado da Asociación de Belenistas da nosa cidade otorgou un premio ao noso belén. A árbore dos desexos, realizada con enciclopedias da Biblioteca do centro, daba acubillo ao Misterio colocado sobre as alfombras bolivianas que representaban a universalidade dos desexos de paz, amor, fraternidade... A Comunidade Educativa puido escribir os seus desexos para o vindeiro ano.
Mañá,  venres 16, terá lugar a entrega de Premios na Fundación ás 20 horas.
 Estades convidados a asistir!


quinta-feira, 6 de março de 2014

Máis alá das estrelas

 Por Borja Nuñez Gómez

O pasado venres día 21 de febreiro, estivo na biblioteca do noso instituto un autor especial:
 Enrique Barrera.
O motivo da  visita foi a presentación do seu libro Máis alá das estrelas.
O libro vén cargado de ciencia-ficción, fantasía, astroloxía e astronomía, misterio... Tamén aparece a cidade de Lucus ( xa vos imaxinades a que cidade se está a referir), Pegaso e outros lugares, planetas e personaxes que teremos a posibilidade de coñecer se lemos este libro.
O escritor, ademais, tivo a amabilidade de deixar dous exemplares na nosa biblioteca, polo que agora unha volta por todo o universo vainos saír de balde!.
Só nós, os rapaces e rapazas de 3º ESO C, tivemos a ocasión de coñecelo, mais non teñades envexa compañeiros, doutra vez seredes vós os afortunados e agardamos para entón, que compartades por esta vía as vosas impresións!




sábado, 11 de janeiro de 2014

Enquisa literaria

Cales foron os mellores libros publicados no 2013?

Participa na enquisa: Fervenzas literarias. Enquisa 2013. A votación está aberta ata o 15 de xaneiro

Le

Bule ata o andel onde tes os libros e fai un repaso de todos os que liches ao longo do 2013. Estamos seguros de que foron unha morea deles, vai que si?
Pois agora pedirémoste a túa opinión sobre cales foron os que te gustaron máis. Como en anos anteriores, temos un lote de libros xentileza da Federación de Libreiros de Galicia para sortear entre tod@s @s participantes.


Reflexiona



Agora que xa repasaches ese libros pedímoste que fagas, mentalmente, unha pequena reflexión sobre eles.
Precisamos que valores cales foron, na túa opinión, os que máis pagaron a pena nos diferentes xéneros.
Telo xa claro? Pois queremos sabelo! Ti es o verdadeiro protagonista desta enquisa.
Vai ao seguinte punto e opina sobre eles!


Opina

É a túa quenda! Ofrecémoste varios apartados para que votes que foi para ti o mellorciño do 2013.
Como poderás comprobar, son en total vinte apartados. Por suposto, non vos é necesario cubrilos todos. Ah! E non esquezas meter os teus datos de contacto se queres participar no sorteo de libros.





Enquisa: Aquí


quarta-feira, 24 de abril de 2013

Biblioteca solidaria



El blog "Educación para la solidaridad" se presenta como una plataforma para la promoción de personas libres y solidarias en un mundo donde los derechos de los más débiles son pisoteados. Su biblioteca solidaria tiene una gran cantidad de descargas gratuitas, pincha aquí para acceder


quinta-feira, 19 de abril de 2012

23 de abril Día do Libro

Durante a semana do 23 ao 27 de Abril, a biblioteca convídavos a homenaxear o libro coas seguintes actividades:
  •  Exposición de libros no corredor da Biblioteca. 
  •  Libro en branco a carón da exposición para que nos escribades o título do libro e autor co que máis gozastes. 
  •  Entrega dos libros doados polos distintos Departamentos á Biblioteca Antón Moreda de Calde
E, de agasallo, deixámosvos este fermoso vídeo:

quarta-feira, 7 de março de 2012

Hora de ler en 1º ESO A




Nós, os alumnos de 1º A, xunto co noso titor Juan Carlos Mourelos, creamos unha comisión de Biblioteca. Nesta comisión propuxemos ideas, como que os nosos compañeiros de clase trouxesen máis libros para engadir aos que xa tiñamos na nosa Biblioteca de Aula.
Para que todos gozaramos deles elaboramos un sistema de préstamo xunto a unha páxina web e tamén o lector do mes. 
Recoñecéronnos o traballo e estamos moi orgullosos diso, e de que a biblioteca funcione ben.
 Estas son algunhas lendas que figuran no noso armario:

         Doa libros á nosa biblioteca. Doa aventuras, traxedias e comedias.

          Doa libros que che gustaran, cos que poidas viaxar a terras lonxanas.

Se queredes un Diploma coma este e viaxar a mundos marabillosos falade con nós.
                              Aquí podedes ver a nosa Biblioteca de Aula e o Diploma que nos concedeu o Equipo da Biblioteca do Ies Nosa Señora dos Ollos Grandes.




segunda-feira, 14 de novembro de 2011

Un libro solidario e caro (querido e de prezo alto)

Sketchtravel foi un proxecto artístico e humanitario ideado hai algo máis de 4 anos por Gérald Guerlais e Dice Tsutsumi (integrante da Pixar).
Decidiron crear un libro-caderno  -o Caderno Vermello- con ilustracións de diferentes artistas do mundo. Asi, desde o seu inicio en París, pasou pola man de 71 persoas, nunha viaxe por 12 países ao longo de 4 anos. Finalmente, acabou sendo o libro Sketchtravel.

Despois de ser exhibido en París,  no dia 17 do pasado mes de outubro,  realizouse unha poxa do libro en Bruxelas; o dinheiro recadado, 70656 euros, foi doado para o proxecto Room to Read, que desenvolve traballos de alfabetización entre nenas e nenos de diferentes países.

Non podemos ter este libro-museo itinerante na nosa biblioteca, mais si esta curta que realizou Dice Tsutsumi, inspirándose no proxecto que el propio ideara.
Para non deixar de  ver:


SketchTravel from Curio on Vimeo.

Via

sexta-feira, 7 de outubro de 2011

1 Libro = 1 Euro

1 Libro = 1 Euro ~ Save The Children




La ONG "Save the children" ha lanzado una campaña para recaudar fondos llamada 1Libro1Euro. Ésta es la explicación de la campaña:  Puedes hacer clic en los enlaces y bajarte un libro gratis, con total libertad. A cambio sólo te pedimos que dones 1 euro o más. Nadie va a controlarte. Si decides donar o no, queda entre tú y tu conciencia. A nosotros nos parece un trato justo.

Éstos son algunos de los libros que ofrecen: 




terça-feira, 17 de maio de 2011

Letras Galegas. Salvando libros


SALVANDO LIBROS

Que libro salvarías ti?


Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.


Pretendemos difundir a idea de que é imposíbel destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.


Maio 2011

Queremos dar  moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posíbel a actividade.


Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí

e algunhas das interesantes cousas que fai aqui
e tamén aquí….


Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade



salvandogrande


 

Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.


Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.


Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre. 


A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.

Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil






 Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria





Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura




  ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:



Esta entrada é parte da realizada por Mesturas.
Moitísimas grazas a  Jaime Eizaguirre Santillán, IES Luís Seoane, Escola Unitaria de Vide, Mesturas e  a todas as persoas que fixeron posíbel esta salvación colectiva da 
Literatura Galega




XXIX Feira do Libro de Lugo

Desde hoxe, día 17, e até o próximo domingo, 21, teremos  na Praza Maior de Lugo a Feira do Libro: unha boa ocasión para comprar, buscar, ler, escoitar e asistir a diversas actividades.

Hoxe, Día das Letras Galegas, ás 18h30, teremos un recital poético: Poetas de Lugo arredor de Lois Pereiro (con Marica Campo, Xabier Rodríguez Barrio, Xerardo Quintiá, Xosé Miranda e Manuel Xosé Neira).

Todos os días, ao serán,  sortearanse lotes de libros. Encontraredes completa información das actividades no sitio da Federación de Libreiros de Galicia.

Cartaz de Alejandro Domato

quarta-feira, 27 de abril de 2011

Salvamos un libro?


Na biblioteca, nas aulas, nos corredores terás visto este cartaz ou outros similares.
Quizá xa saibas que numerosas bibliotecas escolares galegas iniciamos a campaña Salvando libros e contamos coa túa colaboración: se pertences ao alumnado,  ao profesorado, ao persoal da administración e servizos ou es nai ou pai do alumnado deste instituto, quédache feito o convite, mesmo o rogo, para salvares un libro da literatura galega.
E como se salva? A única maneira de que non desapareza é téndoo dentro de un propio, na memoria; por iso,
  1. Memoriza un fragmento, por breve que sexa, do libro que salvarías e cópiao nun folio, como o da imaxe superior, que, se aínda non está contigo, podes recoller na biblio.
  2. Preenche os outros datos pedidos nese folio (o teu nome e unha brevísima razón da  escolla dese libro).
  3. Deposítao nunha caixa que, para ese fin, encontrarás na biblioteca. O venres, 29 ou o luns, 2 de maio son as datas indicadas, mais podería ampliarse á primeira semana de maio por enteiro.
A campaña ten ámbito galego e, proximamente, montaremos unha exposición coas vosas/nosas obras salvadas e coas salvadas nos demais centros onde, pola súa parte, coñecerán o que nós salvamos.
Agradecemos moito que difundas e participes.

sábado, 23 de abril de 2011

Día do Libro: Poesia colada á pel

Manuel Antonio
Estíbaliz Espinosa
Rosalía









Lois Pereiro
Neste Día do Libro, queremos dar a coñecer aquí Tinta de Lura, unha iniciativa que pretende difundir a poesía galega por toda a parte, aproximala da nosa pel e, así, tamén dos ollos e  do corazón de quen a lea: camisolas artísticas, que quen quixer pode vestir, levarán versos diversos: de Rosalia a Lois Pereiro, O Leo, Igor Lugris e moitas outras voces; acae ben, pois, aquel proverbio con que se inicia o Ensaio sobre a cegueira, de José Saramago: "Se podes olhar, vê. Se podes ver, repara".

 Poden adquirirse aquí.

domingo, 3 de abril de 2011

Café con...

libros.
Así é: un dos máis tradicionais restaurantes-café lisboetas, no Chiado,  está decorado con libros e libros enchen as estantes, accesíbeis a quen quixer ler.
E non dará xeitiño para unha iniciativa empresarial por aquí?
Bon apetito!
Fonte

quinta-feira, 31 de março de 2011

Madeira de mulher

É o título dunha colectánea de contos de Adela Figueroa Panisse, ilustrado por M.ª Celsa Sánchez Vázquez.
A Galería Sargadelos de Lugo acollerá hoxe, ás 20h00, un acto  en que, para alén da das autoras, poderemos escoitar a palabra de Carme Blanco e a voz de Pilocha.

Como aínda non tivemos a oportunidade de ler a obra, recollemos no Portal Galego da Língua esta información, ampliábel no sitio da fonte:

O livro estrutura-se em diferentes partes:

Madeira de Mulher: com relatos tirados das vidas de mulheres e homens que passaram pelo nosso horizonte ou perto dele.

As Luparias: dois relatos que tentam conduzir ao leitor/a para a relação mágica entre lobas e mulheres através dum exercício onírico.

Salseiro e maruxia: que expressa a intima relação que temos com o mar, nomeadamente nesta Terra da Galiza.

Testemunhas: recolhem uma pequena coletânea de lenços de mulheres em seu papel de acompanhantes de homens ilustres ou, como no caso de Carme a da Ponte, a querida lembrança daquelas empregadas em casas de família que davam o tempo inteiro ao agarimo às crianças e transmitiam a sua inestimável cultura popular através da oralidade, que se transformava em sabedoria, sem terem recebido o justo reconhecimento.

Um pequeno relato ("Castanheiro Amoroso") refere ao assassinato de Camilo Diaz Valinho e Sixto Aguirre Guerin deitados nas bermas baixas duma estrada em Palas de Rei em 1936, deixando a árvore o seu protagonismo.

No fim da obra uma homenagem às nossas mães no continho “O Albornoz” como mostra da repressão que foi instaurada após o trunfo do fascismo em Espanha, relatada sob a amável imagem de lazer, dumas moças a tomar banho nas praias da Corunha.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...