Mostrar mensagens com a etiqueta Solidariedade. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Solidariedade. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 21 de dezembro de 2017

Banco de alimentos e Xadrez na Biblio!

Hoxe viñeron do Banco de Alimentos de Lugo a buscar todo o cargamento de doazóns que se conseguíu no cole. Gracias a tod@s polas vosas aportacións.

E para rematar a avaliación organizamos dende a Biblio un Obradoiro de Iniciación ó Xadrez a cargo do campión Pablo López Varela, subcampión galego e 6º de España empatado co 3º, é dicir, un crack na categoría sub-12.
Todo un éxito na Biblio!

 

terça-feira, 19 de dezembro de 2017

Campaña solidaria de Nadal.


Fai dúas semana comezamos cunha campaña solidaria de Nadal, a OPERACIÓN KILO para o Banco de Alimentos de Lugo. 
A mesa no corredor a carón da Biblio foi crecendo estes días. Esperamos que o faga todavía máis.

 



quinta-feira, 6 de abril de 2017

Campaña Solidaria a favor da Protectora de Lugo.

Dende a Biblio iniciamos unha campaña solidaria urxente ante a difícil situación que na Protectora de Animais e Prantas de Lugo están a sufrir. 
A comunidade educativa portouse de marabilla e alcanzamos máis de 500 kg. de penso para cans e gatos.


 Dende a Biblio dámosvos as gracias a tódolos que colaborastes!

quinta-feira, 17 de novembro de 2016

Axudantes en marcha!

O noso recuncho adicado aos Axudantes Bibliotecari@s xa está en marcha dende fai días. Nel pódense atopar os horarios do primeiro trimestre de cada axudante distribuidos por semanas e recreos, ademais das súas tarxetas identificativas.
Tamén elaboramos un documento para que asinen nada máis comezar a súa quenda, deste xeito levamos un reconto das horas que aquí nos van acompañando e axudando.

Entre as tarefas que desempeñan unha das máis importantes é a colocación de libros, pero tamén axudan na organización de actividades (a próxima será a preparación dun "stand" de libros e películas sobre a violencia de xénero) ou no mantemento do espazo, por exemplo regando os pensamentos que agora adornan as nosas ventás.  

 

segunda-feira, 9 de maio de 2016

Migrar no es delito

Migrar no es delito from Coordinadora de ONGD de Euskadi on Vimeo.

Este trabajo analiza las distintas migraciones que se dan en el mundo, así como sus causas. En definitiva, las personas se desplazan, y esto no es un problema. Migrar no es un delito: delito son muchas de las causas que originan la migración. Delito es saquear los países del Sur, expoliarles sus riquezas, allanar el camino a las multinacionales para que acaben con sus recursos... y luego cerrar nuestras fronteras. Delito es construir muros y mirar para otro lado, como si el motivo de que miles de personas huyan de sus países no tuviera nada que ver con nuestra realidad, con nuestro sistema capitalista y patriarcal. Delito es bombardear Siria y luego establecer cupos de personas que pueden venir a Europa huyendo de la guerra.
La campaña `¿Quién es quién?´ está impulsada por la propia Coordinadora de ONG de Desarrollo de Euskadi. Su objetivo es explicar a la ciudadanía las principales consecuencias de nuestro actual modelo de desarrollo (sistema neoliberal y patriarcal), tanto a nivel global como local, identificando sus responsables y proponiendo alternativas que nos lleven a un sistema más solidario y justo para todas las personas.

segunda-feira, 7 de dezembro de 2015

Actividade Solidaria


Como todos os anos a Biblioteca promove ou colabora cunha actividade solidaria. Este curso aunamos esforzos co Tsafad. Rectificamos as datas de recollida  que serán 9  e 10 desta semana, para que dea tempo a levar o recollido ao Comedor de San Froilán. Contamos coa túa colaboración do tipo que sexa.





quarta-feira, 4 de março de 2015

Miradas al mundo

O pasa O pasado luns estiveron con nós dous membros da ONG Miradas al mundo. Deixamosvos aqui a aportación de Borja :

Países ricos e pobres ó mesmo tempo



Que é o segundo mundo? pregúntase Bebé, un membro da ONG que veu para darnos unha conferencia.
 Bebé, así o chaman ,tamén ten unha historia no seu corazón, unha historia persoal que estivo a piques de afundirse, mentres que o caiuco como el o chama, intentaba atravesar o mar que o levaría a España, terra na que moitos esperaban atopar árbores nos que medraba diñeiro. Agora sei que o diñeiro non é tan necesario, é máis importante coñecer e aprender, respetarse uns ós outros e ter amigos e familia na que confíar.


 O país no que a ONG traballa, Guinea Bissau -é o quinto país máis pobre do mundo, é pobre por non ter apenas escolas, nin  estabilidade política, ou outros recursos ... Aínda que o país é rico máis que calquera outro, xa que os seus valores, o respecto, a solidariedade, a familia ... aínda están en pé e constitúen e gobernan, como a maior lei, o  seu día a día.
 No vídeo ilustrativo  aparecían nenos e nenas con nomes e apelidos, nenos coma nós que gozan e queren aprender e ir á escola. Non se pode pagar, non hai diñeiro para pagar, aos pais e os profesores-di- porque son eles quen nos ensinan a vivir; quen  non sabe nada é un burro e...que vai facer un burro?
 Estes nenos, a diferencia de nós, queren ter clase e queren unha mochila, deséxana tanto como...ningún exemplo pode servir, porque as ilusións típicas do neno pequeno,desapareceron. Alí non hai Reis Magos, e aquí -engade unha cooperante lucense da ONG- a ilusión de abrir un agasallo non dura nin tres décimas de segundo na cara dun mozo.
 De feito, alí, moita xente non pode ir á escola porque están obrigados a traballar e , para chegar ao lugar onde aspiran a aprender todas as letras, (palabras exactas dunha rapaza que apareceu no soporte audiovisual) téñense que desprazar moitos quilómetros .
 As tarefas para o traballo no campo -modo e maneira de  sustento- repártense entre homes, mulleres, nenos e nenas; estas deben quedar na casa para coidar dos irmáns máis pequenos.
 Deberiamos e, en realidade, debemos axudar os países pobres e ricos á vez,a que poidan conseguir o cumprimento de certos dereitos e melloras que o seu goberno non pode ou non quere; pero tamén  deberiamos aprender deles, pois estou seguro que poden ensinarnos moitas cousas que teriamos que adquirir para alcanzar un mundo sen divisións, solidario e disposto a escoitar e axudar ó próximo.
Eu son rico, moi rico, pero non no peto senon no corazón, conclúe Bebé , que agora di ser feliz distribuíndo libros e outros materiais na súa furgoneta en lugares onde a bicicleta é un luxo e onde estes obxectos son recibidos cunha ilusión permanente, incluso máis de 15 días ...

Borja Núñez Gómez 4º ESO B




quinta-feira, 22 de maio de 2014

Colaborando coas mulleres vítimas de violencia de xénero

A asociación Enriqueta Otero  na súa páxina web Emuller pide a nosa colaboración coas mulleres vítimas da violencia de xénero. Como?
Pois doando un libro escrito por unha muller ou que o contido do libro xire en torno ás mulleres.
Podes depositalo na nosa Biblioteca ou no enderezo que indican na páxina da Asociación.


quinta-feira, 29 de novembro de 2012

Benvid@s á solidariedade

CAMPAÑA NADAL  BIBLIOTECA OLLOS GRANDES


COMPARTE ! : LIBRO e / ou  QUILO

Nos tempos que vivimos cada vez é máis necesario pensar nos demais , por iso nestas datas tan especiais lanzamos esta campaña.
Trátase de achegar un quilo de comida non perecedeira ( lentellas, arroz, azucre, botes de froitas , turrón…) ou/e un libro.
Todos os libros serán de lectura, en bo estado e empaquetados especificando título, autor e idade para a que é adecuado.
Tanto a comida como os libros serán enviados a Cáritas diocesana de Lugo. Podedes entregar a vosa achega na nosa biblioteca durante a semana do 3 ao 14 de Decembro.
Dámosvos as grazas por anticipado e deixámosvos este fermoso video:

quinta-feira, 8 de novembro de 2012

Olimpiada solidaria de estudio

O dia 5 deste mes comenzou a Olimpiada solidaria de estudio. Durará ata o 5 de decembro É unha iniciativa da ONG Coopera. Xa sabes, é tan doado como avisar, ao entrar na biblioteca, de que  vas traballar dedicándolle ese tempo á olimpiada solidaria e, ao saír, avisas de novo para que certifiquen o tempo de estudio. Os patrocinadores converten cada  hora de estudio nun euro que se destina a financiar proxectos de cooperación, vinculados á educación e á formación, en países empobrecidos. En Lugo podemos particitar neste proxecto indo á Biblioteca Intercentros da USC. Se queres máis información podes entrar neste enlace http://www.olimpiadasolidaria.com 

segunda-feira, 4 de abril de 2011

Tourettes

Talvez teñamos alguén ao noso lado, talvez etiquetemos esa persoa, no mínimo, como estraña; mesmo se pode chegar a incorrer na marxinación, no desprezo, na descualificación...

Para coñecermos (mellor) as persoas que  están afectadas pola síndrome de Tourette, manifestada  especialmente na xuventude, e actuarmos considerando as razóns do seu proceder, deixamos esta curtametraxe da Canle 4, realizada por alumnado  do Ciclo de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do CIFP A Farixa, en Ourense:

Tourettes from Canle Catro on Vimeo.

terça-feira, 8 de março de 2011

8 de marzo: a loita continúa

O Dia Internacional da Muller (Traballadora) é unha xornada de solidariedade internacional. Despois de diferentes episodios de loita das mulleres, principalmente nos Estados Unidos e en Rusia, a referencia histórica principal das orixes deste día é a Segunda Conferencia Internacional das Mulleres Socialistas, realizada em 1910  en Copenhague;  foi aquí cando Clara Zetkin -e outras mulleres socialistas- apresentou uma resolución coa proposta de instituir oficialmente un día internacional das mulleres, símbolo da nosa participación activa  para transformarmos a nosa vida e a sociedade.

Hoxe propomos a implicación nunha  loita solidaria a que nos convidan Implicadas no Desenvolvimento. Referímonos á campaña 1 de 200 que é apresentada así:

A violencia de xénero é un fenómeno que toma diferentes formas en todas as sociedades e que ten as súas raíces na discriminación que mulleres e nenas padecemos en todo o mundo. Nalgunhas sociedades toma forma de burka, noutras de dote e noutras, de mulleres asasinadas polas súas parellas ou de nenas que morren de anorexia ou bulimia. A discriminación impide que as mulleres poidamos desenvolvernos como persoas a moitos niveis, que poidamos obter acceso a recursos, control sobre os nosos corpos ou tomar decisións. Esta situación dáse no Norte e no Sur, onde a discriminación de xénero, a pobreza e as relacións económicas desiguais co Norte agravan as condicións de vida das mulleres e nenas. Porén, todas as persoas en todos os lugares temos capacidade para cambiar esta situación. Na India, máis en concreto en Támil Nadu, son miles as mulleres que loitan contra o infanticidio feminino. Dende aquí ti podes unirte a elas e facer que as sociedades sexan un chan vizoso onde todas as persoas poidamos crecer e vivir con dignidade.

Máis de 200 nenas morren cada ano en Salem (India). 200 persoas poderían cambiar esta situación.
  Son varias as formas de nos implicar: clica aquí e escolle a que mellor se adecúe ás túas posibilidades.

Finalmente, recomendamos a lectura Wangari y los árboles de la paz, libro de Wangari Maathai; a loitadora queniana reúne, neste  Ano Internacional das Florestas e neste Día Internacional da Muller, unha dupla simboloxía, como din no blogue amigo de Bibloranca. Encontraralo na biblioteca.

Aínda suxerimos que pases por Trafegando Ronseis para coñeceres e aprender do que, para este día, nos deixan nos blogues das Bibliotecas Escolares Galegas e noutros sitios.

sexta-feira, 4 de fevereiro de 2011

Contra a dor allea

Almudena Graña, de 2ºC de Bacharelato, déixanos esta recomendación:


Es un nuevo proyecto llevado a cabo por la organización Médicos sin Fronteras. La finalidad de esta nueva iniciativa es ayudar a curar enfermedades de los más desfavorecidos  en el tercer mundo; ya que al comprar estas pastillas los fondos serán invertidos íntegramente en el tratamiento de enfermos olvidados. Con la compra de una caja, por solo 1€ ayudarás a personas que lo necesitan y, además, gozarás de 6 caramelos sin azúcar;  a la venta en cualquier farmacia. Todos podemos comprar caramelos, pero así podremos también endulzarles un poco  más la vida a los más desfavorecidos. Un gesto como este cuesta poco y produce mucho. COLABORA.
Para más información entra aquí.

quarta-feira, 26 de janeiro de 2011

O mundo pode cambiar cun pouco de corazón: lección de Joaquín Mendoza

Este título estractámolo das palabras que José Rey López, de 1º C de BAC, escribiu para este blogue, contándonos as impresións tiradas da charla de Joaquín Mendoza anunciada aquí:

O pasado martes recibimos no noso instituto a visita de Joaquín Mendoça, un ilustre cirurxián que falou ás clases de 1º de bacharelato sobre a súa vida.
Joaquín, á parte de ser un gran investigador que traballa con células nai, tamén ten unha faceta moi solidaria: é o presidente da ONG Cirurxiáns do Mundo e falounos acerca deste seu labor que chegou a tocar a nosa fibra máis sensible. Cada ano viaxa, xunto cun grupo de médicos, á nación africana de Uganda para curar xente pobre que non pode recibir atención médica de calidade.

Na súa viaxe, atopou a Niwarinda, un neno  africano cun estraño síndrome que leva o seu nome por ser o único caso rexistrado polo momento. Niwarinda tiña unhas graves deformacións faciais que facían a súa vida moi complicada en todos os aspectos, tanto na alimentación coma noutro aspecto que, aínda que non doe fisicamente, é incluso pior: a discriminación entre os seus iguais. Tras unha serie de operacións, os médicos foron capaces de reconstruír o seu rostro e darlle a vida que un neno normal debe ter.

Tras unha gran lección de humanidade, explicounos o seu traballo como investigador;
comezou dicindo “A medicina química está tocando o seu fin” e parece que é verdade.
Joaquín traballa con células nai, células capaces de transformarse noutras de doutro tipo. Deste xeito, pódense rexenerar tecidos como órganos, como un polbo que pode recuperar os brazos, pero hai moitos tipos, embrionarias, umbilicais e adultas.
As primeiras podémolas encontrar en embrións, as segundas no cordón umbilical dos bebés e as últimas no noso propio corpo, que serían restos do noso tempo como embrións. As células nai adultas, a pesar de seren moi escasas, unha entre un millón, podémolas extraer, facer que se reproduzan e volver a introducilas para que se convertan noutro tipo de células (nerviosas, sanguíneas, óseas…) e, desta forma, facer que unha zona morta pase a estar moi viva. E todo isto sen o conflito ético que supón o uso de células embrionarias, simplemente serían as nosas propias células recolocadas noutro lugar.

Así poderíamos curar moitas enfermidades como o alzheimer ou o parkinson, pero o problema non sería simplemente crear novas neuronas. Tamén deberíamos identificar o factor que fai que morran. Pero iso só é cuestión de tempo.

Quizais nun par de décadas sexamos capaces de usar as células nai na nosa medicina ordinaria e facer que a química de Pasteur e de Fleming chegue ao seu fin, dando lugar a unha medicina biolóxica onde podamos sandar moitas enfermidades incurables e facer realidade o que hoxe parece ciencia-ficción; en calquera caso será grazas a xente como Joaquín, que se dedica a investigar para, cos seus traballos, facer as nosas vidas moito máis sinxelas e agradables.

Por último, desexo agradecer a súa visita, que nos ensina que o mundo pode cambiar cun pouco de corazón, que o traballo duro ten recompensa e que tamén aquí os nosos descubrimentos teñen importancia, aínda que vivamos nunha pequena cidade.


Moitas grazas, José; as persoas que non puidemos asistir temos, por ti, a oportunidade de sabermos un pouco máis. Esperamos outras colaboracións túas.








sexta-feira, 14 de janeiro de 2011

Joaquín Mendonça, no instituto

Do blogue English for You, Rosa´s Blog retiramos, case literalmente, esta información:
O próximo martes, o Dr. Joaquin Mendonça, membro da ONG "Cirujanos del mundo", virá á nosa escola para informar o alumnado de 1 º Bac sobre o traballo que están facendo en Uganda.


Para nos familiarizar co país, deixamos a seguir o vídeo  Fillas da África sobre dúas nenas da Uganda, Hoctavia e Ruth, con grandes soños. Para elas, formárense no ensino medio é a única forma de saíren, xunto coas súas familias, da pobreza. Isto suponlles  un gran reto porque  millóns de nenas, en África, nunca ultrapasan o ensino primario: alí, o ensino medio é xeralmente reservado para os nenos.
 
As linguas oficiais
na Uganda son o inglés e  o suahili;  o vídeo ten, tanto o audio como os subtítulos, en inglés.

quarta-feira, 10 de novembro de 2010

Comunidad de Madrid: Becas de alojamiento a estudiantes

La Comunidad de Madrid ofrece 50 becas a jóvenes que quieran estudiar y no dispongan de recursos suficientes para hacerlo. Se les ofrece alojamiento y manutención en residencias de menores de la región, a cambio de que colaboren en la vida diaria del centro y presten apoyo a los niños tutelados que allí residen ayudándoles en sus estudios o acompañándoles al colegio.

Las ayudas están destinadas a estudiantes mayores de edad residentes fuera de la Comunidad de Madrid o en un municipio mal comunicado, que inicien o continúen sus estudios en centros de enseñanza superior (módulos, centros de FP o universitarios).

También podrán ser becados los jóvenes extranjeros con escasos recursos económicos matriculados en centros de la región y los jóvenes que durante su infancia o adolescencia hayan estado bajo la protección de la Comunidad de Madrid.

En total se ofrecerán 50 becas, que se distribuirán en las 14 residencias de menores de la región. Además de cumplir con los requisitos, los jóvenes que opten a las ayudas deberán pasar una entrevista con los profesionales de las residencias.

Esta es la cuarta vez que se convocan estas becas, que en las anteriores ediciones cubrieron el cupo de becas ofertado. Las ayudas son acogidas con agrado tanto por los interesados, como entre los trabajadores de las residencias, que ven en ellas una oportunidad para intercambiar experiencias, así como por los menores, ya que la presencia de jóvenes estudiantes supone para ellos un estímulo y un modelo de conducta a imitar.

segunda-feira, 25 de outubro de 2010




HAITÍ

O mércores visitou o noso centro, Consuelo, unha misioneira que leva dez anos en Haití. Estivo con distintos grupos de alumnos ós que lles contou a historia dese pobo e a situación actual. Daba as grazas pola axuda recibida, dicía que todos: personas, organizacións, organismos internacionais e institucións vironse superados pola magnitude dos acontecementos.
Entre outras leccións, a situación de Haití, debería axudarnos a aprender a ser solidarios de verdade. Despois dun primero momento de urxencia, é importante facer un diagnóstico da situación desde e cos propios afectados e non quedar nun puro asistencialismo. É necesario potenciar as súas posibilidades, capacidades, enerxías e escasos recursos propios.
As donacións deben ser complemento, nunca substitutivo ou sucedáneo. Dice Saint Exupery A Cidadela": "se queres facer irmáns, axúdaos a construír unha torre, pero se os queres facer inimigos, tíralles un pouco de gran".
Contaba que, pasada a etapa de emerxencias, na que era necesario axudar á xente a saír de debaixo dos escombros, a facer fronte ás necesidades perentorias, agora toca superar a fraxilidade para que xurda un pobo organizado, suxeito do seu destino, que asuma e afronta, co apoio necesario de todos, a propia realidade. Dicía que non podemos permitir que Haití deixe de ser noticia e anímaba a alimentar o espirito de fraternidade universal que hai en cada un de nós.
Daba as grazas por tantas mostras de solidariedade co pobo haitiano e tamén decía que se os misioneiros estaban alí tamén era porque outros desde distintas partes do mundo sempre se acordaban deles.

domingo, 13 de junho de 2010

Trafegando causas nobres

Trafegando Ronseis é  blogue de cabeceira, é máis que un blogue; Gracia e Anxo (criadores),como se deduce dos seus nomes e, especialmente do que nos dan cada día, deben de ter poderes especiais para transmitiren  tanta información a que están  atentes, para alén das súas aulas e da súa vida. No sentido orixinal da palabra, ficamos sempre obrigadas e obrigados co seu labor.

E, máis outra vez, adiántanse a algunhas das nosas intencións e dannos o traballo feito. É o caso desta selección de imaxes impactantes, usadas publicitariamente por causas  ben nobres:

Non menos impactante e provocadora de replantexamentos do noso proceder é estoutra selección (neste caso, para nós, descoñecida:


Moitas grazas, Ronseis

segunda-feira, 19 de abril de 2010

O drama de milleiros de nenos-soldado












Damos publicidade a esta convocatoria urxente que nos chega dende a Asociación de Veciñ@s do Barrio da Milagrosa.

A ONG Red y Deporte participou como mediadora na resolución dos 20 anos de conflito armado en Uganda que forzaron o desprazamento de dous millóns de seres humanos. A súa actividade consiste básicamente na reinserción social dos nenos-soldado a través do deporte.

José Carlos Rodríguez Soto relatará a súa experiencia neste acto ao que ficades convidad@s.

Data e Hora: 20 de abril, 19:15h
Lugar: Colexio Divina Pastora

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...