quinta-feira, 17 de novembro de 2016

Axudantes en marcha!

O noso recuncho adicado aos Axudantes Bibliotecari@s xa está en marcha dende fai días. Nel pódense atopar os horarios do primeiro trimestre de cada axudante distribuidos por semanas e recreos, ademais das súas tarxetas identificativas.
Tamén elaboramos un documento para que asinen nada máis comezar a súa quenda, deste xeito levamos un reconto das horas que aquí nos van acompañando e axudando.

Entre as tarefas que desempeñan unha das máis importantes é a colocación de libros, pero tamén axudan na organización de actividades (a próxima será a preparación dun "stand" de libros e películas sobre a violencia de xénero) ou no mantemento do espazo, por exemplo regando os pensamentos que agora adornan as nosas ventás.  

 

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...