Mostrar mensagens com a etiqueta Concursos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Concursos. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 13 de novembro de 2020

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                         


Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza un concurso de posters cos que denunciar e sensibilizar contra esta lacra social que é o maltrato á muller.

As bases do concurso son as seguintes:
1. Mensaxe en Galego acorde coa loita contra o maltrato á muller.
2. Tamaño do poster A4 ou A3.
3. Emprega con liberdade calquer estilo, técnica ou cores na súa realización.
4. Valorarase a creatividade e orixinalidade.
5. Máximo un cartel por participante.
6. Os carteis participantes formarán parte dunha exposición no corredor principal.

Tedes ata o 27 de Novembro para depositalos a concurso na Biblio durante os recreos, e neles debe figurar o voso nome e curso.
O xurado estará composto polos membros do equipo da Biblio e o Departamento de Educación Plástica e Visual.
Os premios serán tres por niveis educativos: 1º ciclo e 2º ciclo de Secundaria e Bacharelato, e consistirá nun vale de 25€ para investir na tenda Totem.

GRAZAS POR PARTICIPAR!!!

 

terça-feira, 14 de maio de 2019

Premio literario para novos escritores

Programa Nortear, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, convoca a V edición dun premio literario para novos escritores de Galicia e do Norte de Portugal. Está dirixido  as persoas nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.
O prazo para a presentación das obras será ata o 28 de xuño de 2019(inclusive). As obras deberán enviarse, por correo postal, ao seguinte enderezo:
Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia- Norte de Portugal
Edificio CETMAR
Rúa Eduardo Cabello, s/n
36208 BOUZAS (VIGO)

Bases do concurso: pincha aquí.

sexta-feira, 26 de abril de 2019

I Premio de Oratoria "Filomena Dato"


Convócase o I premio de oratoria "Filomena Dato" para alumnado de Ensino Obrigatorio e para centros públicos ou privados de Galicia e do exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión – poética, narrativa e discurso – do Idioma Galego e o Feminismo, dentro da comunicación oral. 
Poderá participar, nas súas categorías correspondentes, o alumnado de:
1a Categoría (poesía): 1º e 2º curso de Primaria. Premio de honor e dous accésits.
2a Categoría (poesía / relato):  3º e 4º curso de Primaria. Premio de honor e dous accésits.
3a Categoría (poesía / relato): 5º e 6º curso de Primaria. Premio de honor e dous accésits.
4a Categoría (poesía / discurso): 1º e 2º curso da ESO. Premio de honor e dous accésits.
5a Categoría (poesía / discurso): 3º e 4º curso da ESO. Premio de honor e dous accésits.
A participación poderá facerse a partir de poemas xa feitos e de autoría determinada, tamén de textos narrativos de especial interese e configuración, ou presentar traballos "inéditos" por escrito, en arial 12, espazado 1,5, non máis de tres folios, ou que dure non máis de 5 minutos, en total. O tema será a Sororidade.
prazo máximo de inscrición, que se fará no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com, será o día 01/07/2019 e deberá estar entregada a gravación, sempre mellor -de planos- en corpo enteiro, correspondente ao tema indicado, cunha duración máxima de 5 minutos, así como o traballo por escrito e a ficha do anexo, debidamente cuberta, que se pode descargar na páxina da organización convocante http://lisistrata-asociacion.blogspot.com/p/premio-filomena-dato.html 



terça-feira, 26 de fevereiro de 2019

Concurso sobre a protección de datos


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia convocan o terceiro Concurso Literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos.
Destinatarios/as
Alumnado de 5º e 6º de EP e 1º a 4º de ESO, ambos inclusive.
Obxectivos
Que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade. Cómpre promover o coñecemento entre a cidadanía sobre cales son os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.
Requisitos
Poderán participar todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º de EP e  1º a 4º de ESO de idade, ambos inclusive, estudantes en centros escolares sostidos con fondos públicos de Galicia.
O xénero literario será artigo periodístico, exposición divulgativa (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto. Como liñas conductoras destes traballos pódense considerar as seguintes, sen quedar limitadas:
· Que é para ti a protección de datos?
· Como afecta a protección de datos no teu día a día?
· Protexe os teus datos, protexe a túa privacidade, protéxete!
· Que acontecería se houbese protección de datos no conto da Carapuchiña Vermella?
· Protexer os datos nas redes sociais, é importante?
· Como protexes os teus datos?
O referente será o Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (educonvives.gal) e as publicacións da Axencia Española de Protección de Datos.
Prazo
Ata as 15:00 horas do día 28 de febreiro de 2019.
Dotación
Tres premios, un para a categoría de 5º e 6º de EP, outro para 1º e 2º de ESO e outro para a categoría 3º e 4ºde ESO: tablet para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Asemade, aquel centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización.


terça-feira, 19 de fevereiro de 2019

Certame de microrrelatos


A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a segunda edición do certame de microrrelatos - o tema é libre. O prazo de presentación dos textos, dun máximo de 200 palabras, permanecerá aberto durante o mes de febreiro.
Repartiranse nove premios, tres para cada unha das novas categorías distribuídas por idades. Na categoría de infantil poderá participar alumnado de ata 11 anos; na xuvenil, comprenderá entre 12 e 17 anos; e na de adultos, calquera persoa maior de idade. Os menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor legal.
Bases do concurso: nesta ligazón

sexta-feira, 25 de janeiro de 2019

Concurso de carteis Día Internacional da Muller


A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.
Centros destinatarios: centros de ensino non universitario
Categorías:
  1. alumnado de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO
  2. alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato
Presentación das solicitudes: cada centro poderá presentar un traballo por categoría de participación

Prazo: ata o 15 de febreiro de 2019
Para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos:
Servizo de Promoción e Cooperación Institucional (Secretaría Xeral de Igualdade): 981 545 360
Asesoría de Igualdade (C. Educación): 881 997 598

Bases do concurso: Pincha aquí


terça-feira, 15 de janeiro de 2019

Concurso escolar de debuxos sobre Dereitos Humanos

Como cada ano, a institución constitucional do Defensor del Pueblo, en colaboración coa organización Globalización de los Derechos Humanos, convoca o concurso escolar de debuxo Defensor del Pueblo, que ten por obxecto achegar aos nosos nenos e mozos o coñecemento dos dereitos humanos e o fomento dos valores democráticos.
Nesta ocasión trátase da XVI edición do mencionado concurso, a correspondente ao curso escolar 2018-2019.
Concederanse tres premios para educación primaria e tres para secundaria, así como un para educación especial, consistentes en miniordenadores e unha axuda para gastos de traslado a Madrid dos escolares e os profesores dos centros premiados. Os premios serán entregados polo Defensor do Pobo nun acto solemne no que ademais os alumnos lerán a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Os traballos candidatos ao premio faranse chegar antes do 7 de abril de 2019 ao seguinte enderezo:Apartado de correos 15020,  46015 Valencia

Cuaderno do profesor: Pincha aquí

Bases do concurso: Pincha aquí




sexta-feira, 11 de janeiro de 2019

Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

A Asociación de amigos do instituto Monelos de A Coruña, convoca o 14º concurso de fotografía Xurxo Lobato, dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.
Características técnicas:
• O tema é libre.
• As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor.
• Máximo de 3 fotografías por participante.
• As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico.
• Data de entrega: antes do 10 de marzo de 2019.
• Non poderán levar marcas de auga.
Os autores deberán:
• Enviar as fotografías por correo electrónico a amigos.monelos@gmail.com cos seguintes datos: nome e apelidos, DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, curso.
• Poñerlle un título a cada foto.
Premios:
1º premio: diploma e 250 €
2º premio: diploma e 150 €
3º premio: diploma e 100 €
• O xurado considerará a posibilidade de conceder accesits con premios.
• Premio especial para a realización dun proxecto fotográfico baixo a dirección de Xurxo Lobato.
Máis información: pincha aquí

terça-feira, 4 de dezembro de 2018

Concurso de Clipmetraxes


Convócase a XII edición do premio Federico Mayor Zaragoza, baixo o lema "Salvemos o planeta. Actuemos agora, mañá pode ser tarde!". 
Nesta convocatoria proponse un concurso de creación de clipmetraxes, centrado en temas ambientais e dirixido a alumnos de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos
A dotación do premio é de 5.000 euros.
A folla de inscrición debe enviarse a info@unescotortosa.cat.
Bases do premio:pincha aquí.
Formulario de inscripción: aquí 

terça-feira, 20 de novembro de 2018

VIII Concurso de creación Avelina Lamas

O departamento de Lingua castelá e literatura do IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín) convoca o VIII Concurso de creación Avelina Lamas, ao que se pode concorrer baixo as seguintes categorías:
Marcapáxinas:  consiste nun deseño libre que debe incluír un breve texto, todo inédito.
Portada dun libro:  elaboración dunha portada a partir dun texto literario xa publicado.
Poesía visual:  resultado da combinación entre un texto literario e unha imaxe, ambas  inéditas.

Destinatarios alumnado de primeiro e segundo ciclo da ESO, programas de mellora, FP básisa e Bacharelato.
Prazo de entrega:   30 de xaneiro de 2019
Bases concurso Avelina Lamas 2018-2019: pincha aquí

sexta-feira, 9 de novembro de 2018

Concurso escolar ONCE


Nesta nova edición o protagonista é o recreo, momento da xornada lectiva comunmente esquecido e clave na socialización. Baixo o lema "Polo meu e por todos os meus compañeiros, ideas para un recreo inclusivo", a 35 Edición pretende converter o recreo nunha oportunidade educativa adaptada á diversidade do alumnado e ás súas diferentes necesidades e realidades.
Este Programa Escolar ofrece un material educativo desenvolto polos especialistas máis innovadores en inclusión educativa, unha xornada formativa baseada na transformación do recreo, sesións de formación online, obsequios para todos os participantes e premios para os gañadores provinciais, autonómicos e nacionais.
Participar neste Programa Escolar axuda a reforzar a relación grupo-aula, permite reflexionar sobre como transformar o patio e converter o recreo nunha oportunidade educativa transversal e enriquecedora, fomenta a educación en valores e abre vías de mellora para poñer en valor o recreo como un elemento pedagóxico diferenciador na oferta educativa.
O Concurso está dirixido ao alumnado de Educación Primaria (cursos 3º, 4º, 5º e 6º), Educación Secundaria, FP Básica, Bacharelato, Formación profesional (media e superior) e Educación Especial, do conxunto de todos os Centros Educativos do Estado.
Como solicitar a participación
As directoras e os directores ou o profesorado do conxunto dos Centros Educativos do Estado poderán rexistrarse no Concurso Escolar e acceder aos materiais de participación, a través da web www.concursoescolaronce.es a partir do 17 de setembro.
Tamén poderán rexistrarse vía telefónica a través do número gratuíto 900 808 111.
data límite de rexistro e participación é o 1 de febreiro 2019.
A organización do Concurso ONCE resérvase o dereito de ampliar o prazo de rexistro e participación se o considerase necesario.

terça-feira, 30 de outubro de 2018

Concurso contra a violencia de xénero

A Secretaría Xeral de igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro.
Tema: reflexión contra a violencia de xénero
Lema obrigatorio: 25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Destinatarios: centros de ensino non universitario; poderán presentarse por cada categoría e modalidade
Participación: equipos constituídos por 1 docente e ata 5 alumnos/as; procurarase o equilibrio na participación de alumnas e alumnos en cada equipo.
Categorías:
  • 1ª categoría: alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
  • 2ª categoría: alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato
Modalidades:
  • Imaxe gráfica (formato A3)
  • Audiovisual
Prazo de presentación dos traballos: ata o 9 de novembro de 2018, ás 15.00 h
Máis información: Bases do concurso do 25 de novembro.


sexta-feira, 26 de outubro de 2018

Concurso de carteis Fame Cero



Con motivo da celebración do Día Mundial da Alimentación (DMA) o 16 de outubro a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) lanza unha campaña de información e concienciación contra a fame no mundo.
O lema deste ano 2018 está dedicado ao segundo Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS2): a fame Cero, que non só pretende acabar coa fame, senón tamén lograr unha nutrición mellorada e unha agricultura sustentable.
Como parte da campaña a FAO puxo en marcha a VII Edición do concurso de carteis do DMA, dirixido a escolares de 5 a 19 anos e que este ano versará sobre a fame cero. Na pasada edición participaron máis de 10.000 estudantes provenientes dun centenar de países.
Os carteis poden ser debuxados, pintados ou deseñados dixitalmente e subidos ao sitio web do Día Mundial da Alimentación. para concienciar e inspirar a FAO creou creado o libro de actividades 2018 Traballando pola fame Cero.
Inscrición
Máis información

segunda-feira, 22 de outubro de 2018

Día da Biblioteca: III Concurso de escritura rápida.

O vindeiro mércores 24 de Outubro celebramos o Día da Biblioteca co noso III Concurso de Escritura Rápida.
Ocorrerá durante o recreo e as bases de participación son ben sinxelas:

1. Haberá tres categorías e polo tanto tres premios: 10€ nun vale para empregar nunha libraría local. 

2. Empregaredes un seudónimo ou alcume para firmar o voso texto.

3. A partir dunha frase dada, teredes 15 minutos para escribir o voso microrrelato.

4. O idioma empregado (galego ou castelán) elixirédelo vós, tendo en conta a asignatura na que se vos valore a participación.

5. Non se terán en conta os erros ortográficos pero sí a orixinalidade narrativa ou efecto sorpresa do relato. Non te obsesiones tampouco con escribir moito, senón coa maior calidade que poidas.

6. O xurado serán membros do equipo da Biblio.

7. A participación neste concurso supón a aceptación das súas bases. 

8. Anunciaranse @s gañadores/as do concurso na primeira semana de Novembro.

 

segunda-feira, 4 de junho de 2018

Concurso Literario


O IES Francisco Asorey de Cambados, co Patrocinio do Concello de Cambados,convoca na súa 1ª edición, o Concurso Literario “Cambados Mar de Letras” Dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, que estean cursando estudos de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, e sempre que non superen os 20 anos de idade.

Modalidades:

Poesía: cunha extensión máxima de 100 versos, nun único ou varios poemas, de tema e forma libres.

Relato curto: cunha extensión comprendida entre 3 e 6 folios, de tema libre, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.

Presentación das obras:

As obras deberán ser orixinais, inéditas e escritas en Lingua Galega, segundo a normativa ortográfica vixente. Deberán enviarse 4 copias en papel, e unha en formato dixital (Word, pdf, open office) nun CD ou nun Pendrive. Neles figurará o título e a plica, ou pseudónimo,do autor. Os orixinais irán acompañados dun sobre pechado onde figurarán os seguintes datos: Nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono, correo electrónico, fotocopia do DNI, centro no que realiza os seus estudos, e o curso no que está matriculado.

Prazo de presentación:

Estará aberto desde o 17 de maio de 2018 ata o 10 de outubro de 2018

Máis información: aquí.

segunda-feira, 7 de maio de 2018

Concurso "Contos de nenos para nenos"

CONCURSO NACIONAL DE “CONTOS DE NENOS PARA NENOS” CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO
           
BASES DO CONCURSO
1.     Poderán participar rapaces e raparigas que presenten as súas obras en Lingua galega. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa extensión.
2.     O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de Março do 2018 ás doce da noite.
3.     A apresentación de orixinais para o Concurso fará-se por correio postal dirixido à  Asociación Cultural O FACHO, Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal. Podendo facer individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos.
4.     No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso, deberán facer unha pre-selección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro terá que ser apresentado individualmente.
5.     As obras haberen de seren relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedemento impreso ou electrónico, nin teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e en condicións para que os seus direitos de publicación podan ser cedidos à Asociación Cultural O FACHO por período de cinco anos contados a partir do día do fallo do xúri.
6.     Para alén da orixinalidade literaria, o xúri valorizará a riqueza lingüística e o coñecemento gramatical reflectido nas obras. As obras presentadas debe estar escrita en lingua galega en calquera das tres normas ortográficas (RAG, REINTEGRADO, LUSOFONA)
7.     Estabelecen-se dúas categorías:
            Categoría A: Nenos e nenas de 9 a 12 anos.
            Categoría B: Rapaces e raparigas de 13 a 16 anos.
8.     Os importes dos premios serán os que seguen:
Categoría A :
            1º:  450,.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
            2º:  250.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
Categoría B:    
            1º:  450,.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
            2º:  250,.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
9.     Cada autor só poderá apresentar unha obra atendo-se aos seguintes limites de extensión:
            Categoría A:      Un máximo de cinco fólios
            Categoría B:      Un máximo de dez fólios
10.   As obras haberen de se apresentar por triplicado, manuscritas ou mecanográficas, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes dados:
           
            Nome e apelidos do autor/a.
            Enderezo e telefone. Correio electrónico.
            Centro onde cursa os seus estudos.
            Categoría na que participa.
11. Os premios serán escollidos por un xúri designado pola Asociación Cultural O Facho en fallo que se fará público no mes de Maio.
12. O xúri poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así cono as dubidas na sua interpretación.
13. A participación neste Concurso implica a aceptación das presentes bases.
Correio electrónico: o_facho_a_cultural@yahoo.con.br

                                                                                                           
                                                           
                                                           
                                                                                           

segunda-feira, 9 de abril de 2018

Premio de cuento y poesía


BASES DEL XLIV PREMIO DE CUENTO Y POESÍA DEL “I.E.S MIGUEL DE CERVANTES”
EDICIÓN 2017/18

Género:  Cuento, Poesía, Infantil y Juvenil
Premio: un premio de 350 euros y accésit de 150 euros en cada una de las modalidades
Abierto a: alumnos matriculados en el actual curso 2017/18 en cualquier Centro de Educación Secundaria, tanto público como privado, que pertenezcan a alguno de estos niveles: Bachillerato y Ciclos formativos
Entidad convocante: Instituto "Miguel de Cervantes", de Alcázar de San Juan (Ciudad Real)
Fecha de cierre:    28:04:20181. 
Los trabajos se presentarán redactados en lengua española y el tema será libre. La extensión de los trabajos no excederá de los cinco folios en la modalidad de cuento y los sesenta versos en la poesía.
Los trabajos se podrán enviar por una de estas dos modalidades:
  1. Por correo ordinario: se enviarán dos copias en papel y una en soporte informático, haciendo constar el Centro de procedencia, a la siguiente dirección: “Premio de Cuento y Poesía”. Instituto Miguel de Cervantes Saavedra, C/Jesús de Haro s/n, 13600. Alcázar de San Juan (Ciudad Real).
  1. Por correo electrónico: a la dirección 13000219.ies@edu.jccm.es. Se enviarán en el mismo correo dos archivos en formato Word, el primero de los cuales, con el cuento o poema, llevará como título el nombre del trabajo presentado. El segundo archivo, con los datos personales, llevará como título la palabra plica y el nombre del trabajo.
En el asunto del correo electrónico figurarán XLIV PREMIO DE CUENTO Y POESÍA DEL “I.E.S MIGUEL DE CERVANTES y la modalidad por la que se participa.
Más información : pincha aquí.

segunda-feira, 19 de fevereiro de 2018

II Concurlso Literario sobre a protección de datos

Destinatarios/as
Alumnado de 5º e 6º de EP e 1º a 4º de ESO, ambos inclusive.
Entidades convocantes
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.
Obxectivos
Que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade. Cómpre promover o coñecemento entre a cidadanía sobre cales son os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.
Requisitos
Poderán participar todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º de EP e  1º a 4º de ESO de idade, ambos inclusive, estudantes en centros escolares sostidos con fondos públicos de Galicia.
O xénero literario será artigo periodístico, exposición divulgativa (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto. Como liñas conductoras destes traballos pódense considerar as seguintes, sen quedar limitadas:
· Que é para ti a protección de datos?
· Como afecta a protección de datos no teu día a día?
· Protexe os teus datos, protexe a túa privacidade, protéxete!
· Que acontecería se houbese protección de datos no conto da Carapuchiña Vermella?
· Protexer os datos nas redes sociais, é importante?
· Como protexes os teus datos?
O referente será o Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (educonvives.gal) e as publicacións da Axencia Española de Protección de Datos.
Prazo
Ata as 15:00 horas do día 28 de febreiro de 2018.
Dotación
Tres premios, un para a categoría de 5º e 6º de EP, outro para 1º e 2º de ESO e outro para a categoría 3º e 4ºde ESO: tablet para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Asemade, aquel centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización.
Máis información: pincha aquí.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...