sexta-feira, 9 de novembro de 2018

Concurso escolar ONCE


Nesta nova edición o protagonista é o recreo, momento da xornada lectiva comunmente esquecido e clave na socialización. Baixo o lema "Polo meu e por todos os meus compañeiros, ideas para un recreo inclusivo", a 35 Edición pretende converter o recreo nunha oportunidade educativa adaptada á diversidade do alumnado e ás súas diferentes necesidades e realidades.
Este Programa Escolar ofrece un material educativo desenvolto polos especialistas máis innovadores en inclusión educativa, unha xornada formativa baseada na transformación do recreo, sesións de formación online, obsequios para todos os participantes e premios para os gañadores provinciais, autonómicos e nacionais.
Participar neste Programa Escolar axuda a reforzar a relación grupo-aula, permite reflexionar sobre como transformar o patio e converter o recreo nunha oportunidade educativa transversal e enriquecedora, fomenta a educación en valores e abre vías de mellora para poñer en valor o recreo como un elemento pedagóxico diferenciador na oferta educativa.
O Concurso está dirixido ao alumnado de Educación Primaria (cursos 3º, 4º, 5º e 6º), Educación Secundaria, FP Básica, Bacharelato, Formación profesional (media e superior) e Educación Especial, do conxunto de todos os Centros Educativos do Estado.
Como solicitar a participación
As directoras e os directores ou o profesorado do conxunto dos Centros Educativos do Estado poderán rexistrarse no Concurso Escolar e acceder aos materiais de participación, a través da web www.concursoescolaronce.es a partir do 17 de setembro.
Tamén poderán rexistrarse vía telefónica a través do número gratuíto 900 808 111.
data límite de rexistro e participación é o 1 de febreiro 2019.
A organización do Concurso ONCE resérvase o dereito de ampliar o prazo de rexistro e participación se o considerase necesario.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...