Mostrar mensagens com a etiqueta ESO. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta ESO. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 26 de abril de 2019

I Premio de Oratoria "Filomena Dato"


Convócase o I premio de oratoria "Filomena Dato" para alumnado de Ensino Obrigatorio e para centros públicos ou privados de Galicia e do exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión – poética, narrativa e discurso – do Idioma Galego e o Feminismo, dentro da comunicación oral. 
Poderá participar, nas súas categorías correspondentes, o alumnado de:
1a Categoría (poesía): 1º e 2º curso de Primaria. Premio de honor e dous accésits.
2a Categoría (poesía / relato):  3º e 4º curso de Primaria. Premio de honor e dous accésits.
3a Categoría (poesía / relato): 5º e 6º curso de Primaria. Premio de honor e dous accésits.
4a Categoría (poesía / discurso): 1º e 2º curso da ESO. Premio de honor e dous accésits.
5a Categoría (poesía / discurso): 3º e 4º curso da ESO. Premio de honor e dous accésits.
A participación poderá facerse a partir de poemas xa feitos e de autoría determinada, tamén de textos narrativos de especial interese e configuración, ou presentar traballos "inéditos" por escrito, en arial 12, espazado 1,5, non máis de tres folios, ou que dure non máis de 5 minutos, en total. O tema será a Sororidade.
prazo máximo de inscrición, que se fará no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com, será o día 01/07/2019 e deberá estar entregada a gravación, sempre mellor -de planos- en corpo enteiro, correspondente ao tema indicado, cunha duración máxima de 5 minutos, así como o traballo por escrito e a ficha do anexo, debidamente cuberta, que se pode descargar na páxina da organización convocante http://lisistrata-asociacion.blogspot.com/p/premio-filomena-dato.html 



terça-feira, 2 de abril de 2019

Becas Eurolingua


Eurolingua Venairlanda® convoca as súas Bolsas para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído. Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a alumnado universitario, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.
A bolsa do programa é ao 100% e inclúe:
  • Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento.
  •  O alumnado menor de idade viaxará do 28 Xullo ao 11 de Agosto de 2019. A data para o alumnado adulto está pendente de confirmar. En caso de forza maior, a data poderase modificar pero sempre se debe realizar o curso nos meses de verán.
  • Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos.
  • Proba de nivel.
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Programa de actividades culturais visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Supervisión por persoal monitor de Eurolingua en destino.
  • Teléfonos de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.
Prazo de solicitude da bolsa
Ata as 23.59 horas do 17 de abril de 2019
Máis información: aquí 

terça-feira, 26 de fevereiro de 2019

Concurso sobre a protección de datos


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia convocan o terceiro Concurso Literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos.
Destinatarios/as
Alumnado de 5º e 6º de EP e 1º a 4º de ESO, ambos inclusive.
Obxectivos
Que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade. Cómpre promover o coñecemento entre a cidadanía sobre cales son os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.
Requisitos
Poderán participar todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º de EP e  1º a 4º de ESO de idade, ambos inclusive, estudantes en centros escolares sostidos con fondos públicos de Galicia.
O xénero literario será artigo periodístico, exposición divulgativa (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto. Como liñas conductoras destes traballos pódense considerar as seguintes, sen quedar limitadas:
· Que é para ti a protección de datos?
· Como afecta a protección de datos no teu día a día?
· Protexe os teus datos, protexe a túa privacidade, protéxete!
· Que acontecería se houbese protección de datos no conto da Carapuchiña Vermella?
· Protexer os datos nas redes sociais, é importante?
· Como protexes os teus datos?
O referente será o Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (educonvives.gal) e as publicacións da Axencia Española de Protección de Datos.
Prazo
Ata as 15:00 horas do día 28 de febreiro de 2019.
Dotación
Tres premios, un para a categoría de 5º e 6º de EP, outro para 1º e 2º de ESO e outro para a categoría 3º e 4ºde ESO: tablet para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Asemade, aquel centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización.


terça-feira, 19 de fevereiro de 2019

Certame de microrrelatos


A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a segunda edición do certame de microrrelatos - o tema é libre. O prazo de presentación dos textos, dun máximo de 200 palabras, permanecerá aberto durante o mes de febreiro.
Repartiranse nove premios, tres para cada unha das novas categorías distribuídas por idades. Na categoría de infantil poderá participar alumnado de ata 11 anos; na xuvenil, comprenderá entre 12 e 17 anos; e na de adultos, calquera persoa maior de idade. Os menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor legal.
Bases do concurso: nesta ligazón

terça-feira, 15 de janeiro de 2019

Concurso escolar de debuxos sobre Dereitos Humanos

Como cada ano, a institución constitucional do Defensor del Pueblo, en colaboración coa organización Globalización de los Derechos Humanos, convoca o concurso escolar de debuxo Defensor del Pueblo, que ten por obxecto achegar aos nosos nenos e mozos o coñecemento dos dereitos humanos e o fomento dos valores democráticos.
Nesta ocasión trátase da XVI edición do mencionado concurso, a correspondente ao curso escolar 2018-2019.
Concederanse tres premios para educación primaria e tres para secundaria, así como un para educación especial, consistentes en miniordenadores e unha axuda para gastos de traslado a Madrid dos escolares e os profesores dos centros premiados. Os premios serán entregados polo Defensor do Pobo nun acto solemne no que ademais os alumnos lerán a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Os traballos candidatos ao premio faranse chegar antes do 7 de abril de 2019 ao seguinte enderezo:Apartado de correos 15020,  46015 Valencia

Cuaderno do profesor: Pincha aquí

Bases do concurso: Pincha aquí




sexta-feira, 11 de janeiro de 2019

Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

A Asociación de amigos do instituto Monelos de A Coruña, convoca o 14º concurso de fotografía Xurxo Lobato, dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.
Características técnicas:
• O tema é libre.
• As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor.
• Máximo de 3 fotografías por participante.
• As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico.
• Data de entrega: antes do 10 de marzo de 2019.
• Non poderán levar marcas de auga.
Os autores deberán:
• Enviar as fotografías por correo electrónico a amigos.monelos@gmail.com cos seguintes datos: nome e apelidos, DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, curso.
• Poñerlle un título a cada foto.
Premios:
1º premio: diploma e 250 €
2º premio: diploma e 150 €
3º premio: diploma e 100 €
• O xurado considerará a posibilidade de conceder accesits con premios.
• Premio especial para a realización dun proxecto fotográfico baixo a dirección de Xurxo Lobato.
Máis información: pincha aquí

sexta-feira, 9 de novembro de 2018

Concurso escolar ONCE


Nesta nova edición o protagonista é o recreo, momento da xornada lectiva comunmente esquecido e clave na socialización. Baixo o lema "Polo meu e por todos os meus compañeiros, ideas para un recreo inclusivo", a 35 Edición pretende converter o recreo nunha oportunidade educativa adaptada á diversidade do alumnado e ás súas diferentes necesidades e realidades.
Este Programa Escolar ofrece un material educativo desenvolto polos especialistas máis innovadores en inclusión educativa, unha xornada formativa baseada na transformación do recreo, sesións de formación online, obsequios para todos os participantes e premios para os gañadores provinciais, autonómicos e nacionais.
Participar neste Programa Escolar axuda a reforzar a relación grupo-aula, permite reflexionar sobre como transformar o patio e converter o recreo nunha oportunidade educativa transversal e enriquecedora, fomenta a educación en valores e abre vías de mellora para poñer en valor o recreo como un elemento pedagóxico diferenciador na oferta educativa.
O Concurso está dirixido ao alumnado de Educación Primaria (cursos 3º, 4º, 5º e 6º), Educación Secundaria, FP Básica, Bacharelato, Formación profesional (media e superior) e Educación Especial, do conxunto de todos os Centros Educativos do Estado.
Como solicitar a participación
As directoras e os directores ou o profesorado do conxunto dos Centros Educativos do Estado poderán rexistrarse no Concurso Escolar e acceder aos materiais de participación, a través da web www.concursoescolaronce.es a partir do 17 de setembro.
Tamén poderán rexistrarse vía telefónica a través do número gratuíto 900 808 111.
data límite de rexistro e participación é o 1 de febreiro 2019.
A organización do Concurso ONCE resérvase o dereito de ampliar o prazo de rexistro e participación se o considerase necesario.

sexta-feira, 26 de outubro de 2018

Concurso de carteis Fame Cero



Con motivo da celebración do Día Mundial da Alimentación (DMA) o 16 de outubro a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) lanza unha campaña de información e concienciación contra a fame no mundo.
O lema deste ano 2018 está dedicado ao segundo Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS2): a fame Cero, que non só pretende acabar coa fame, senón tamén lograr unha nutrición mellorada e unha agricultura sustentable.
Como parte da campaña a FAO puxo en marcha a VII Edición do concurso de carteis do DMA, dirixido a escolares de 5 a 19 anos e que este ano versará sobre a fame cero. Na pasada edición participaron máis de 10.000 estudantes provenientes dun centenar de países.
Os carteis poden ser debuxados, pintados ou deseñados dixitalmente e subidos ao sitio web do Día Mundial da Alimentación. para concienciar e inspirar a FAO creou creado o libro de actividades 2018 Traballando pola fame Cero.
Inscrición
Máis información

terça-feira, 9 de outubro de 2018

Concurso de Carteis Fame Cero

Con motivo da celebración do Día Mundial da Alimentación (DMA) o 16 de outubro a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) lanza unha campaña de información e concienciación contra a fame no mundo.
O lema deste ano 2018 está dedicado ao segundo Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS2): a fame Cero, que non só pretende acabar coa fame, senón tamén lograr unha nutrición mellorada e unha agricultura sustentable.
Concurso de Carteis Fame Cero
Como parte da campaña a FAO puxo en marcha a VII Edición do concurso de carteis do DMA, dirixido a escolares de 5 a 19 anos e que este ano versará sobre a fame cero. Na pasada edición participaron máis de 10.000 estudantes provenientes dun centenar de países.
Os carteis poden ser debuxados, pintados ou deseñados dixitalmente e subidos ao sitio web do Día Mundial da Alimentación. para concienciar e inspirar a FAO creou creado o libro de actividades 2018 Traballando pola fame Cero.
Inscrición
  • Prazo: termina o 9 de novembro de 2018.
  • Inscrición: formulario dispoñible en 
http://www.fao.org/world-food-day/2018/contest/enter-the-contest/é/. 
Máis información

terça-feira, 25 de setembro de 2018

Concurso Literario “Cambados Mar de Letras”.


O IES Francisco Asorey de Cambados, co Patrocinio do Concello de Cambados,convoca na súa 1ª edición, o Concurso Literario “Cambados Mar de Letras”.

Dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, que estean cursando estudos de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, e sempre que non superen os 20 anos de idade.

Modalidades:

POESÍA: cunha extensión máxima de 100 versos, nun único ou varios poemas, de tema e forma libres.

RELATO CURTO: cunha extensión comprendida entre 3 e 6 folios, de tema libre, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.

Presentación das obras:
As obras deberán ser orixinais, inéditas e escritas en Lingua Galega, segundo a normativa ortográfica vixente. Deberán enviarse 4 copias en papel, e unha en formato dixital (Word, pdf, open office) nun CD ou nun Pendrive. Neles figurará o título e a plica, ou pseudónimo,do autor. Os orixinais irán acompañados dun sobre pechado onde figurarán os seguintes datos: Nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono, correo electrónico, fotocopia do DNI, centro no que realiza os seus estudos, e o curso no que está matriculado.

Prazo de presentación: desde o 17 de maio de 2018 ata o 10 de outubro de 2018

Para máis información, bases do concurso: aquí


segunda-feira, 4 de junho de 2018

Concurso Literario


O IES Francisco Asorey de Cambados, co Patrocinio do Concello de Cambados,convoca na súa 1ª edición, o Concurso Literario “Cambados Mar de Letras” Dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, que estean cursando estudos de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, e sempre que non superen os 20 anos de idade.

Modalidades:

Poesía: cunha extensión máxima de 100 versos, nun único ou varios poemas, de tema e forma libres.

Relato curto: cunha extensión comprendida entre 3 e 6 folios, de tema libre, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.

Presentación das obras:

As obras deberán ser orixinais, inéditas e escritas en Lingua Galega, segundo a normativa ortográfica vixente. Deberán enviarse 4 copias en papel, e unha en formato dixital (Word, pdf, open office) nun CD ou nun Pendrive. Neles figurará o título e a plica, ou pseudónimo,do autor. Os orixinais irán acompañados dun sobre pechado onde figurarán os seguintes datos: Nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono, correo electrónico, fotocopia do DNI, centro no que realiza os seus estudos, e o curso no que está matriculado.

Prazo de presentación:

Estará aberto desde o 17 de maio de 2018 ata o 10 de outubro de 2018

Máis información: aquí.

segunda-feira, 22 de janeiro de 2018

Concurso de carteis


A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Inovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar o alumnado de 5º e 6º de primaria e de 1º-4º da ESO de todos os centros de ensino non universitario de Galicia.
Prazo: ata o 17 de febreiro de 2018
Bases da convocatoria: pincha aquí
Para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos:
Servizo de Promoción e Cooperación Institucional (Secretaría Xeral de Igualdade): 981 545 360
Asesoría de Igualdade (C. Educación): 881 997 598

segunda-feira, 15 de janeiro de 2018

Premio Internacional de Poesía e Narrativa Miguel Fernández 2018


IES Miguel Fernández (Melilla) convoca a XXIV edición do premio de relato curto e de poesía en castelán. Vai destinado a alumnado entre 14 e 18 anos. Pódense consultar as bases da convocatoria nos PDF anexos.
Prazo de presentación: 31/3/2018
Bases 1: Pîncha aquí
Máis información: pincha aquí


segunda-feira, 16 de outubro de 2017

Concurso Nacional de Deseño de Selos

Inscrición: Do 02/03/2017 ao 17/11/2017
Convoca: Correos.
Información:
Correos convoca a cuarta edición do seu Concurso Nacional de Deseño de Selos co obxectivo de difundir o valor do selo como medio e soporte de expresión artística, de contador de historias e transmisor de cultura, ademais de ser elemento de franqueo.
O obxectivo é fomentar a creatividade e o desenvolvemento de actividades culturais que plasmen o valor do selo nun amplo número de poboación, establécense dúas categorías: xeneral e xuvenil.
A temática é libre. O obxectivo de dita temática é ceder o selo como lenzo en branco para que cada artista o utilice como soporte para falarnos de algo que lle apaixone, preocupe, inspire ou motive. Poden ser obras ilustradas, gráficas, pictográficas, fotográficas...Todas as disciplinas caben nun selo.
Criterios de cualificación:
Para elaborar o fallo final, o xurado terá en conta o valor e calidade do deseño e a adecuación do mesmo á temática proposta polo/pola artista. Quedarán excluídas de concurso todas aquelas propostas nas que aparezan persoas vivas como referencia directa e obxecto da obra.
Requisitos:
  • Categoría xeral: aberta a residentes en España maiores de 18 anos a data do inicio do concurso.
  • Categoría xuvenil: aberta a residentes en España de entre 12 e 17 anos de idade a data do inicio do concurso.
Presentación e prazos:
Contémplanse dúas formas de presentar as propostas:
  • Formato dixital, utilizando o persoal descargable e subindo a peza final. Neste caso, o prazo de presentación das obras concluirá o 17 de novembro de 2017.
  • Formato manual, mediante a impresión do persoal e a realización do traballo sobre a mesma. Quen opte por esta última opción deberán enviar as súas obras por correo físico ata o día 10 de novembro de 2017.
Contacto:
Subdirección de Filatelia (Vía de Dublín, 7-planta 5ª - 28070 Madrid)




terça-feira, 6 de junho de 2017

Concurso de cuentos


Participantes 
Poderá participar todo o alumnado que estude nun centro de educación público, concertado ou privado dentro do ámbito español. 
Temática
A solidariedade: tratará de desenvolver a propia experiencia da persoa participante, en relación á súa mirada sobre a solidariedade como valor humano e contribución á sociedade.
Obxectivo
Potenciar a interacción entre a escola e a comunidade e a escola e a familia, a través da redacción dun conto, que fomente a creatividade da mocidade.
Requisitos
  • Categoría Infantil (6-11 anos): os relatos terán unha extensión máxima de 800 palabras.
  • Categoría Xuvenil (12-18 anos): os relatos terán unha extensión máxima de 1.200 palabras.
Prazo
Desde o día 15 de marzo ata o 31 de outubro de 2017, ambos inclusive.
Bases: Pincha aquí.
Organización que convoca: Fundación MAPFRE

sexta-feira, 5 de maio de 2017

Campaña Eles Ensínanche


Descrición
O obxectivo da campaña é conseguir unha maior concienciación de seguridade e privacidade na internet entre o alumnado dos centros docentes.
Organizan
Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) e Google. Colaboran a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), o Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe), a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN) e a Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA).
Participantes
O concurso está dirixido estudantes de ESO ou do primeiro curso de FP básica de todo o territorio nacional.
Temática
Coa colaboración dalgún/algunha docente, o alumnado deberá realizar un traballo creativo e práctico para explicar ás familias como navegar de forma segura na internet.
Premio
Tanto o alumnado creador dos mellores traballos como os seus profesores e o centro docente recibirán un premio.
  • As persoas participantes mellor valoradas recibirán unha Tablet Pixel C e os centros docentes dos tres traballos con maior puntuación recibirán entre 15 e 5 Chromebooks.
  • Para os/as profesores/as tamén haberá un premio especial.
Prazo
Ata o 16 de xuño de 2017.

Máis información: aquí


quinta-feira, 4 de maio de 2017

Certame A liga da Igualdade


Descrición
O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades (IMIO) organiza o Certame A liga da Igualdade, dirixido á poboación infantil e xuvenil de entre 6 e 20 anos de toda España.
Obxectivo
Fomentar unha repartición equilibrada de tarefas entre mulleres e homes, así como no uso do tempo, promovendo a compatibilización entre a vida persoal, familiar e laboral.
Prazo
A data límite será o 3 de xuño de 2017 ás 14:00 horas.
Participantes
O certame está aberto a todas aquelas persoas (de forma individual ou a través de grupos ou centros escolares) con idades comprendidas entre 6 e 20 anos, residentes en España e que cumpran cos requisitos establecidos en cada categoría de participación.
Modalidades
Poderase participar en todas ou nalgunha das tres modalidades do certame:
  • Fotografía: cada participante poderá presentar cantas fotografías desexe. As fotografías presentaranse de forma individual por participantes con idades comprendidas entre 6 e 20 anos. Os nenos e nenas de entre os 6 e 12 anos participarán na categoría infantil. As e os mozos de entre 13 e 20 anos participarán na categoría xuvenil.
As fotografías serán inéditas e orixinais e han de reflectir a igualdade e o traballo en equipo dentro da familia.
  • Deseño de camisetas: cada participante poderá presentar cuantos deseños de camisetas desexe. Os deseños presentaranse de forma individual por participantes con idades comprendidas entre 6 e 20 anos. Os nenos e nenas de entre os 6 e 12 anos participarán na categoría infantil. As persoas participantes con idades comprendidas entre 13 e 20 anos farano na categoría xuvenil.
Os deseños serán inéditos e orixinais e deberán incluír un slogan sobre a igualdade e a corresponsabilidade.
  • Vídeos: cada participante poderá presentar cuantos vídeos desexe. Os vídeos presentaranse de forma individual ou en grupos (máximo 3 membros) por participantes con idades comprendidas entre 6 e 20 anos. Os nenos e nenas de entre os 6 e 12 anos participarán na categoría infantil. As persoas participantes con idades comprendidas entre 13 e 20 anos farano na categoría xuvenil.
Os vídeos serán inéditos e orixinais e consistirán nunha curtametraxe sobre a igualdade e a corresponsabilidade. Non se establece unha duración determinada.
Premios
Cada un dos autores ou autoras das obras gañadoras recibirá os seguintes premios (non canxeables por outro obxecto ou diñeiro en metálico):
  • Fotografía: iPad mini. Wi-Fi. 32GB
  • Deseño de camisetas: seis (6) camisetas serigrafiadas co deseño/logo gañador.
  • Vídeo: Videocámara Outdoor - GoPro Hero. 8 megapíxeles (unha videocámara para cada integrante do equipo ata un máximo de 3).
Bases: aquí.



terça-feira, 2 de maio de 2017

Certame Literario

XXIV CERTAME LITERARIO DE POESÍA E NARRACIÓN BREVE, CAMBRE 2017

Participantes
Poderá participar neste certame mocidade de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos cumpridos antes da data límite de presentación das propostas, segundo as seguintes categorías:
  • CATEGORIA A: de 12 a 14 anos
  • CATEGORIA B: de 15 a 18 anos
  • CATEGORIA C: de 19 a 26 anos
Modalidades
Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre.
Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
Premios
Haberá dous premios por categoría e modalidade, aínda que o xurado poderá declarar desertos calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de:
  • CATEGORIA A: 1º Premio: 173,00 euros 2º Premio: 128,00 euros
  • CATEGORIA B: 1º Premio: 218,00 euros 2º Premio: 150,00 euros
  • CATEGORIA C: 1º Premio: 300,00 euros 2º Premio: 173,00 euros
Prazo
A data límite de entrega de traballos será o día 10 de maio de 2017.
Xurado
A composición do xurado darase a coñecer no acto de entrega de premios, que terá lugar no Salón de Actos do IES David Buján, o día 16 de xuño de 2017 ás 12:30 h.
Máis información aquí

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...