O próximo martes, o Dr. Joaquin Mendonça, membro da ONG "Cirujanos del mundo", virá á nosa escola para informar o alumnado de 1 º Bac sobre o traballo que están facendo en Uganda.
Para nos familiarizar co  país, deixamos a seguir o vídeo  Fillas da África,  sobre dúas  nenas da  Uganda,  Hoctavia  e  Ruth, con  grandes soños.  Para elas,  formárense no  ensino medio é  a única  forma de saíren, xunto coas súas familias, da  pobreza. Isto suponlles  un gran reto porque  millóns de  nenas, en  África, nunca ultrapasan o ensino primario: alí,   o ensino medio é  xeralmente reservado para  os nenos.
As linguas oficiais na Uganda son o inglés e o suahili; o vídeo ten, tanto o audio como os subtítulos, en inglés.
 
 
 
 
 
Sem comentários:
Enviar um comentário