Mostrar mensagens com a etiqueta Alumnado. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Alumnado. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 16 de outubro de 2017

Formación de usuarios


Nas semanas pasadas tivo lugar a formación de usuarios para o alumnado de 1º da ESO e 1º BAC. 
Deixámosvos unhas fotos das distintas sesións.

Formación de usuarios 2017 on PhotoPeach

domingo, 8 de janeiro de 2017

Debate sobre la educación


Debate sobre la educación para marcar la vuelta a las clases: 

Pablo Póo Gallardo es un profesor de Lengua Castellana y Literatura en la ESO. En diciembre, al acabar el primer trimestre `escribió ´esta carta a sus alumnos/as que suspendieron la asignatura. (Puedes leer `su carta´ aquí o escuchar el video)



Juan Carlos Jiménez Fernández, maestro, le respondió como si fuese uno de sus alumnos/as. Lee su respuesta aquí


quinta-feira, 2 de junho de 2016

Teatro no IES: Don Quixote


Obra de teatro escrita e dirixida por David Fernández Pérez, alumno do Máster de Formación do Profesorado (USC) e  representada por alumnos de 1º BAC B. Nesta obra participaron máis de sesenta alumnos de 1º e 2º de BAC. Os alumnos dividironse en cinco grandes bloques:
- Elenco de actores
- Membros de decorado
- Membros de vestiario
- Membros de organización de esceas e son

A mencionada obra presentouse un adianto o día da graduación dos alumnos de 2º de BAC  coa archicoñecida escea dos muíños e ao día seguinte presentouse toda a obra no Salón de Actos.


As esceas estiveron relacionadas coas pasaxes máis significativas da obra, como a de don Quixote cando é armado cabaleiro, o escrutinio da biblioteca, os galeotes, o castelo con duques...

Co gallo do cuarto centenario da morte de Miguel de Cervantes Saavedra representouse esta adaptación na procura de fomentar da lectura da obra máis importante das letras hispánicas, o Quixote. A continuación amosamos unha selección de imaxes e a reprodución audiovisual da adaptación.


terça-feira, 26 de abril de 2016

"El Quijote" reseñado por Sebastián Mouret


Sebastián G. Mouret, uno de nuestros ex-alumnos más famosos, hace una reseña de "El Quijote" en este video, para celebrar el Día del Libro 2016.

 

Y aquí nos narra la vida de Cervantes:

 


domingo, 7 de junho de 2015

A orde das cousas?

Os nosos alumnos e alumnas resístense a cantar só sobre pombas e flores. En Máis páxinas interesantes desta ligazónBlogs contra a violencia de xénero, aparecen os blogs creados por eles mesmos e nos que comentan o vídeo A orde das cousas presentado na Biblioteca pola psicóloga Amanda Díaz, presidenta da asociación Enriqueta Otero.


Dende Bibliolhosgrandes agradecemos a súa colaboración, así como o grande traballo que está a facer a súa asociación contra a violencia de xénero en Lugo. Unha completa páxina web, chea de información: E-muller mercadiños solidarios, concienciación, colaboración con outras entidades sen ánimo de lucro...
Como nos blogs contra a violencia de xénero xa ides atopar o vídeo e as reflexións do alumnado, deixámosvos esta performance realizada nas rúas de Lugo, coa colaboración da asociación Enriqueta Otero.



segunda-feira, 18 de maio de 2015

Xosé Filgueira Valverde

A pequena xoia recuperada por mediación de Aurelia  Vázquez.

  O prestixioso artesán da pedra e restaurador  Pepe Barxa  conseguiu volver á vida esta depauperada alfaia: El libro de Santiago de Xosé Filgueira Valverde, o vello profesor, de xeito totalmente desinteresado.


    Pepe Barxa esculpindo o Cristo resucitado para o retablo da igrexa


Barxa accedeu a concluír o retablo pétreo da igrexa de Escairón.
     Natural de Pesqueiras, O Saviñao, Pepe Barxa é  tamén pintor, escultor, deseñador e restaurador. 

Por outra banda, dentro das actividades do EDNL, Paloma, Alejandro e Judith de 1º ESO len por megafonía: O nome dela ( Quintana Viva) coma homenaxe a X. Filgueira Valverde.





quinta-feira, 22 de janeiro de 2015

Emoción ante o Obradoiro con Marica Campo

María Pilar Campo Domínguez, poeta, narradora, dramaturga ensaísta, divulgadora, articulista..., e premiada profusamente, tanto pola súa escrita como polos valores que transmite: defensa da muller, da nosa lingua...vainos acompañar, este xoves 29 de xaneiro, para transmitir xenerosamente o seu saber, que é moito.
Autora de letras para o xa mítico grupo Fuxan os ventos, cóntanos nesta ligazón como comezou a escribir: Autobiografía?.
Tamén podemos escoitala nalgún dos numerosos vídeos , que o Centro de documentación da  Asociación de escritores en lingua galega cede ao público, ou gozala nalgún dos seus artigos agochada baixo A tecelá en outono.

Ficheiro:Marica Campos.jpg
              Benvida, Marica!

Foto: IES Manuel García Barros. A Estrada ( Pontevedra)


quinta-feira, 18 de dezembro de 2014

Dobraxe dunha curta na Biblioteca

Queres gozar desta curtametraxe de Tim Burton cunha dobraxe moi especial e moi profesional?
Alumnado de 1º ESO, dirixidos pola profesora Belén Gato, abraiáronnos onte  na Biblioteca .
Hoxe, de novo, repetirana no hall da entrada. Non a podes perder!!




Como aperitivo comezamos polo final:



 Non vos iamos deixar así. Nesta ligazón: Dale a la lengua,  tedes a continuación desta fantástica dobraxe. 

terça-feira, 27 de maio de 2014

Concurso: Regra Vertina

Cartolab (Laboratorio de Ingeniería Cartográfica) pon en marcha este concurso para a presentación dun produto gráfico ou audiovisual que reflictee as características e funcionalidades da regra Vertina.

Está destinado a calquera que desexe presentarse, polo que tanto alumnado de calquera nivel educativo, como docentes ou profesionais poderán presentar a súa idea. Os premios son de 300 € e de 150 € cada un.


Regra Vertina: Trátase dun trapezoide que se obtén mediante o truncamento dun dos vértices dunha escuadra orixinal. A súa particular xeometría e as súas funcionalidades que lle outorgan as escalas milimetradas, transportador de ángulos e as liñas internas auxiliares faina unha regra versátil para a resolución dos problemas de trazado e medición en exercicios de debuxo técnico.

O prazo para a presentación dos traballos finaliza o 30 de setembro de 2014.

Máis información : pincha aquí.

quarta-feira, 30 de abril de 2014

Olimpiada de química

Carmen Jorge Díaz, alumna de 2º BAC, consiguió el pasado domingo una medalla de bronce en la fase nacional de la Olimpiada de Química 2014, que se celebró en Oviedo. 

Pincha aquí  para leer la noticia y aquí para conocer el ranking de ganadores




Enhorabuena, Carmen!!


domingo, 20 de abril de 2014

quarta-feira, 2 de abril de 2014

quinta-feira, 20 de fevereiro de 2014

Xa chega o Entroido!

 Preme  na palabra Entroido e comeza a mergullarte nesta festa, que en Galicia é tan variada:
 Mecos (Que son? vén á Biblioteca), peliqueiros, cigarróns, pantallas...
 Non esquezas que, o xoves 27, o Ciclo de Animación Física Deportiva conta contigo, coa túa orixinalidade  no disfraz e...bo facer na cociña. 
 Este ano pídome ser xurado!

quinta-feira, 6 de fevereiro de 2014

Concurso Hora de Ler

A Biblioteca vén de convocar o Concurso Hora de Ler.
 Premios individuais e grupais! Non o podes perder.
Aquí tes as bases. Tamén na túa aula.
Boas lecturas!

DIRIXIDO A 1º, 2º, 3º ESO      

  

BASES:

Mellor Biblioteca de Aula: o xurado valorará a orde e conservación dos libros no armario, se se incrementou a biblioteca con libros dos propios alumnos e a existencia dunha comisión responsable. Esa comisión poderá rotar.

Número de libros lidos: o xurado valorará que todos os membros do grupo lesen algún libro e que aparezan rexistrados nos cadernos que figuran en cada aula. Así mesmo, cada alumno resumirá o argumento do libro, cando remate.
Suxestións para o resumo:
-   Resumo persoal con redacción propia.
-  Que sentiches ó lelo?. En que te sentiches identificado?
- Tamén podes facer un debuxo sobre unha escena que che impactou do libro.
XURADO:
Un profesor, un alumno, un representante do
persoal non docente e un cargo directivo.

PREMIOS:
Serán entregados na Biblioteca o mércores 23 de abril (Día do libro)

PODES LER:
-Un libro da túa biblioteca de aula.
-Un libro ou e-book pedido na Biblioteca.
-Un libro teu ...

Na semana do 14 ó 18, o xurado pasará polas aulas para revisar armarios, cadernos e recoller os resumos.
                                    BIBLIOTECA IES OLLOS GRANDES

                                            http://bibliolhosgrandes.blogspot.com.es/

domingo, 26 de janeiro de 2014

A solución ás túas dúbidas.

Vídeo sobre un dos moitos beneficios da lectura. Os prexuízos xa os sabes:
A lectura prexudica gravemente a ignorancia!


sábado, 25 de janeiro de 2014

Concurso Cultural para estudiantes de Bachillerato


El Centro Internacional de Estudios Superiores del Español (CIESE-Comillas) ha convocado el I Concurso Cultural para estudiantes de Bachillerato de los centros educativos de toda España, 

Tema del trabajo: se presentarán trabajos originales e individuales centrados en el tema ‘Español con futuro: nuestra lengua y cultura en el mundo de hoy’. 
Para la elaboración de los proyectos, los estudiantes podrán estar tutorizados por sus profesores.

Formato del trabajo : es libre y abierto a la amplia diversidad de expresiones culturales. Los estudiantes podrán escoger entre el soporte de papel, cuyos trabajos estarán limitados a la presentación de 20 páginas como máximo; y el vídeo o el audio, que no podrán exceder los cinco minutos de duración y deberán tener una calidad mínima de imagen de 2Mbs.
Los trabajos originales serán acompañados por una breve memoria justificativa que describa y explique el proyecto propuesto y su finalidad,
Plazo de presentación de los trabajos: hasta el próximo 28 de febrero.
Más información: pincha aquí



terça-feira, 14 de janeiro de 2014

Que pasa na Biblioteca??!!

Unha imaxe, din, vale máis que mil palabras. Así, pois, deixámosvos estas imaxes do traballo realizado na biblioteca e co que gozamos tanto, principalmente pola vosa presenza e colaboración. Formación de usuarios, Samaín, hora de ler, guía dereitos humanos ( grazas Suso por nos facer un calendario), cine coa especial participación da ex-alumna Bea Meilán que protagoniza O Crime da Legua Dereita, club lector que dirixe Esther Rodríguez, exposicións fermosas como a de Samaín ou a dirixida por Fátima sobre a viaxe á Rochelle, catalogadores catalogando, claro!, charlas interesantísimas como a de Paco Nieto e o valor da voz, e-books que podes pedir para levar a casa...e o Belén do centro galardoado cun primeirísimo premio onde colgamos as estrelas dos dereitos humanos.
 Ah, xa estamos tramando outras e novas actividades para o 2º trimestre que comezarán coa celebración do Día da Paz. Non as podes perder!
Biblioteca Ollos Grandes (Lugo) 2013-14 on PhotoPeach

quinta-feira, 12 de dezembro de 2013

O valor da nosa voz



Seguimos lendo e...escoitando.
O locutor de radio Paco Nieto visitou  o noso instituto. E, na biblioteca, ensinounos ao alumnado de 4º ESO, diferentes arquivos de voz de personaxes tan coñecidos como: Castelao, Fraga, Franco falando en inglés, Don Xoán Carlos…
Explicounos a importancia de conservar arquivos de voz, xa que hai moitas fotografías mais tamén teriamos que dar importancia a conservar a voz de seres queridos.
Tamén nos ensinou arquivos de voz, como un do 23-F e  sentimos a voz de medo do locutor e algún que outro erro á hora de falar de personaxes políticos e, mesmo, algún locutor.
O Departamento de Orientación coordinou esta actividade proposta polo Concello de Lugo.
Unha actividade moi interesante e da que agardamos poidan gozar todos os compañeiros de 4º ESO.
Yaiza López Otero,autora deste artigo, forma parte do Club de Lectura do IES Ollos Grandes. Nas fotos  con Paco Nieto e cos seus compañeiros do Club,que dirixe a profesora Esther Rodríguez García.





25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...