quinta-feira, 6 de fevereiro de 2014

Concurso Hora de Ler

A Biblioteca vén de convocar o Concurso Hora de Ler.
 Premios individuais e grupais! Non o podes perder.
Aquí tes as bases. Tamén na túa aula.
Boas lecturas!

DIRIXIDO A 1º, 2º, 3º ESO      

  

BASES:

Mellor Biblioteca de Aula: o xurado valorará a orde e conservación dos libros no armario, se se incrementou a biblioteca con libros dos propios alumnos e a existencia dunha comisión responsable. Esa comisión poderá rotar.

Número de libros lidos: o xurado valorará que todos os membros do grupo lesen algún libro e que aparezan rexistrados nos cadernos que figuran en cada aula. Así mesmo, cada alumno resumirá o argumento do libro, cando remate.
Suxestións para o resumo:
-   Resumo persoal con redacción propia.
-  Que sentiches ó lelo?. En que te sentiches identificado?
- Tamén podes facer un debuxo sobre unha escena que che impactou do libro.
XURADO:
Un profesor, un alumno, un representante do
persoal non docente e un cargo directivo.

PREMIOS:
Serán entregados na Biblioteca o mércores 23 de abril (Día do libro)

PODES LER:
-Un libro da túa biblioteca de aula.
-Un libro ou e-book pedido na Biblioteca.
-Un libro teu ...

Na semana do 14 ó 18, o xurado pasará polas aulas para revisar armarios, cadernos e recoller os resumos.
                                    BIBLIOTECA IES OLLOS GRANDES

                                            http://bibliolhosgrandes.blogspot.com.es/

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...