Mostrar mensagens com a etiqueta Lingua Galega. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Lingua Galega. Mostrar todas as mensagens

domingo, 21 de maio de 2017

`Chea de vida´


Mil nenas e menos cantan a coro con Guadi Galego e Guille Fernández a sea canción `Chea de vida´para celebrar o Día das Letras Galegas 2017


terça-feira, 17 de maio de 2016

Día das letras galegas



O vídeo que segue contén o poema A fala de Manuel María, un breve percorrido pola historia das Letras Galegas e o poema  o Melro interpretado por Uxía e Xabier Díaz.


segunda-feira, 1 de fevereiro de 2016

Premios e máis premios e... xa chega o Entroido!

Pechamos o ano 2015 con ledicia e premios. Por reiterativo, non podemos deixar de aclamar a ese grupo de persoas ( Marisa Rodríguez, Aurelia Vázquez,Victoria Ames ) que ano tras ano conseguen con orixinalidade e traballo realizar un artístico belén. Primeiro premio do que xa se fixo eco na páxina web do centro.
 
 Pero tamén os nosos alumnos son premiados polo seu traballo e orixinalidade. Premios entregados na Biblioteca nun festivo ambiente e amenizados polo coro de alumnos dirixidos por Belén Gato.

                                           


quinta-feira, 22 de janeiro de 2015

Emoción ante o Obradoiro con Marica Campo

María Pilar Campo Domínguez, poeta, narradora, dramaturga ensaísta, divulgadora, articulista..., e premiada profusamente, tanto pola súa escrita como polos valores que transmite: defensa da muller, da nosa lingua...vainos acompañar, este xoves 29 de xaneiro, para transmitir xenerosamente o seu saber, que é moito.
Autora de letras para o xa mítico grupo Fuxan os ventos, cóntanos nesta ligazón como comezou a escribir: Autobiografía?.
Tamén podemos escoitala nalgún dos numerosos vídeos , que o Centro de documentación da  Asociación de escritores en lingua galega cede ao público, ou gozala nalgún dos seus artigos agochada baixo A tecelá en outono.

Ficheiro:Marica Campos.jpg
              Benvida, Marica!

Foto: IES Manuel García Barros. A Estrada ( Pontevedra)


domingo, 28 de setembro de 2014

26 de setembro, Día Europeo das Linguas


Manuel Nuñez Singala, o autor de obras como O achado do castro, En galego, por que non?... colga este vídeo en internet, adecuado para celebrar o Día Europeo das Linguas.





Tampouco vos podedes perder o vídeo  do noso youtuber máis querido: Sebastián G. Mouret.


25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...