Mostrar mensagens com a etiqueta Curtametraxe. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Curtametraxe. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 26 de outubro de 2016

Curtas no Samaín.

Dentro dos actos de celebración do Samaín no cole, a Biblioteca organizou unha proxección de curtametraxes. A continuación tedes a selección dos seguintes títulos (se clicades neles poderedes visionar de novo a curtametraxe dende YouTube): Alma, El peluquero, Sebastian´s Voodoo e Zing.
A Biblioteca estaba a tope e iso é un gustazo!

quinta-feira, 12 de fevereiro de 2015

Festival nacional de curtas "Vía de la Plata"



Acábanse de publicar as bases do II Festival Nacional de Cortometrajes "Vía de la Plata", que organiza Pixel Extremeño coa colaboración da Diputación de Badajoz e do Goberno de Extremadura, entre moitos outros. Os produtos audiovisuais que se presenten deberán ser orixinais, gravaranse en formato vídeo dixital HD e non superarán os 10 min. As curtas gañadoras proxectaranse no Festival do 22 ao 25 de abril.

Destinatarios: mozas e mozos de todo o Estado

Prazo de entrega: ata o 30 de marzo de 2015

Máis información: pincha aquí

segunda-feira, 9 de fevereiro de 2015

IV Concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e transplantes


IV Concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e transplantes

Concurso organizado pola Oficina de Coordinación de Transplantes do Servizo Galego de Saúde co obxectivo de concienciar da doazón e os transplantes á poboación escolar da nosa comunidade autónoma, de modo que o alumnado sexa capaz de valorar os beneficios par a cidadanía do fomento da doazón de órganos.

Destinatarios: alumnado de bacharelato e ciclos de grao medio da Comunidade Autónoma galega.

O contido das curtametraxes tratará sobre a doazón e os transplantes e sobre todos os aspectos relacionados con estes e terán unha duración máxima de 5 minutos

Premios:
  • Primeiro premio: para o centro, un vale por valor de 1.000 euros para a adquisición de material escolar. Para o alumnado: vale por valor de 1.000 euros, que se dividirá entre o número de participantes para a adquisición de material informático, audiovisual, deportivo ou material de lectura. Para o docente que titoriza o traballo presentado, unha tableta.
  • Segundo premio: para o centro, un vale por valor de 750 euros para a adquisición de material escolar. Para o alumnado: vale por valor de 750 euros, que se dividirá entre o número de participantes para a adquisición de material informático, audiovisual, deportivo ou material de lectura. Para o docente que titoriza o traballo presentado, unha tableta.
Máis información: pincha aquí.



quinta-feira, 18 de dezembro de 2014

Dobraxe dunha curta na Biblioteca

Queres gozar desta curtametraxe de Tim Burton cunha dobraxe moi especial e moi profesional?
Alumnado de 1º ESO, dirixidos pola profesora Belén Gato, abraiáronnos onte  na Biblioteca .
Hoxe, de novo, repetirana no hall da entrada. Non a podes perder!!




Como aperitivo comezamos polo final:



 Non vos iamos deixar así. Nesta ligazón: Dale a la lengua,  tedes a continuación desta fantástica dobraxe. 

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...