Mostrar mensagens com a etiqueta Samaín. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Samaín. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 2 de novembro de 2017

Samaín na Biblio.

Para celebrar o Samaín, a Biblio organizou unha exposición de libros con temática de terror ou misterio, dende novela a banda deseñada, títulos moi suxerentes para o Día dos Mortos.
E tamén continuamos coa nosa costume de proxectar curtametraxes de medo para tódolos públicos que este ano volveron a contar con bastante público. A continuación vos deixamos os títulos co enlace a Youtube:
-Closet space (EE.UU.)
-Who´s hungry? (EE.UU.) 

 

quarta-feira, 26 de outubro de 2016

Curtas no Samaín.

Dentro dos actos de celebración do Samaín no cole, a Biblioteca organizou unha proxección de curtametraxes. A continuación tedes a selección dos seguintes títulos (se clicades neles poderedes visionar de novo a curtametraxe dende YouTube): Alma, El peluquero, Sebastian´s Voodoo e Zing.
A Biblioteca estaba a tope e iso é un gustazo!

segunda-feira, 9 de novembro de 2015

Samaín: Un gran traballo en equipo

Un grande traballo en equipo. O Ciclo de Educación Física, que dirixe Carmela Mendo, abráianos ano tras ano co marabilloso e creativo traballo que realizan para ambientar o centro, conseguindo unha  breve desconexión na nosa rutina diaria: voltando así ao traballo coas enerxías renovadas.
Colaboracion do EDNL, do Departamento de Música e da Biblioteca co Concurso convocado dende hai anos.
Por suposto, tamén, un grande traballo en equipo de todos os cursos participantes que colaboraron para adornar as súas aulas. Traballo colaborativo que esixe a nosa sociedade: ter un obxectivo común no que cada un pon o seu gran de area.
Bravo rapaces e rapazas!


Samaín Ollos Grandes 2015 on PhotoPeach

segunda-feira, 26 de outubro de 2015

O Samaín xa está aquí!!

UNHA SEMANA DE MEDO... 

                                                                     NA BIBLIOTECA!!! 

    AULAS TERRORÍFICAS

Contamos, como nos últimos anos, coa implicación total do Ciclo de Educación Física dirixido por Carmela Mendo, así como coa inestimable colaboración do EDNL, dirixido por Javier Gómez, e o Departamento de Música. Suxerimos engadades ás vosas aulas adornadas algún pastel terrorífico (se vai coa receita, mellor!), unha canción, un baile, posters ou cabazas...


Xa está aí o Samain ou Ano Novo Celta , agora reconvertido en Halloween!
Homenaxeando  tradicións antigas e actualizando un concurso que, desde hai seis anos,convocámosvos para participardes (non só o alumnado) nesta edición, atendendo ao que segue:
1. Tipos de participación ( sempre na aula):


  • Cabazas adornadas
  • Decoracións de aulas
  • Disfraz máis orixinal.
  • Doces terroríficos.
2. Datas e lugar  para anotarse os participantes: 
Desde o luns, 26 de outubro, ao mércores 28 de outubro, en conserxería.
3.Visita do xurado polas aulas: 
Dende primeira hora do xoves o xurado percorrerá as aulas
4. Cortos de medo na Biblioteca!       Recreos do mércores 28 e xoves 29
5. Entrega de premios: 
Xoves 29 de outubro, durante o recreo, na biblioteca. 
Contaremos coa actuación estelar do grupo dirixido por Belén Gato, interpretando O conxuro das meigas.

sexta-feira, 14 de novembro de 2014

Premios terroríficos na Biblioteca!!



A semana de medo tivo como colofón a entrega de Premios na Biblioteca.
Alumnado do Tsaafd ( Ciclo superior de  animación e actividades físicas e deportivas ) dirixido por Carmela Mendo, supérase ano tras ano. Só vendo os photopeach elaborados polo equipo da Biblioteca captamos os seus dotes para a animación. Disciplinados, creativos e entusiastas comandaron esta actividade, que acadou grande éxito de participación.

Samaín on PhotoPeach Samaín 2 on PhotoPeach

quarta-feira, 6 de novembro de 2013

Cinema no instituto


Como colofón ás actividades realizadas con motivo do Samaín - Halloween o venres, 8 de novembro, proxectarase no salón de actos a longametraxe "O crime da legua direita", protagonizada pola antiga alumna do noso intituto Beatriz Meilán e producida por Coolfilms. A continuación haberá un coloquio coa protagonista.

Este filme recrea un crime cometido ao caron da estrada que une Rábade e Vilalba en 1911:

 Na localidade madrilenha de Humanes, a mulher de um senhor padecia um cancro de pele que lhe afectava ao rosto. Um curandeiro recomendou-lhe como única soluçom possível para o seu mal pôr sobre a sua cara o pelelho da cara de um homem lampo, que deveria ser-lhe arrincada em vivo. O marido da senhora escolheu como vítima um tal Cabarcos, vizinho de Nete e membro de umha quadrilha de segadores galegos que trabalhavam para ele. Para levar a cabo o crime contratou a Bautista de Ínsua, maioral da quadrilha e inimigo do Cabarcos. O 10 de Maio de 1911, Bautista e três companheiros (vizinhos da parróquia de Ladra) assaltárom o Cabarcos no caminho entre a Légua Direita e Fonfria e, após umha longa luita, conseguírom esfolá-lo e finalmente matá-lo com dous tiros polas costas. O epílogo da história conta que, quando o pelelho chegou a Humanes (no interior de um presunto), o cancro já acabara com a vida da mulher.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...