Mostrar mensagens com a etiqueta Ciclos de grao medio. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Ciclos de grao medio. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 26 de janeiro de 2017

Concurso de Debuxos sobre Dereitos Humanos


Organismo responsable
Valedor do Pobo, en colaboración coa organización Globalización dos Dereitos Humanos.
Obxectivos
Achegar á mocidade o coñecemento dos dereitos humanos e o fomento dos valores democráticos.
Prazo e forma de presentación
Os traballos candidatos ao premio faranse chegar, antes do 10 de abril de 2017, á seguinte dirección postal: Apartado de correos 15020, 46015 Valencia.
Persoas participantes
Poderá participar todo o alumnado de ensinos Primaria e Secundaria de España.
Requisitos de presentación de solicitudes
Para poder participar no concurso o alumnado candidato deberá presentar un debuxo orixinal, con calquera material ou técnica, relativo aos dereitos humanos. O debuxo presentarase nunha folla de papel de tamaño A4.
Para identificar perfectamente todos os traballos, os debuxos deberán levar pegado ou grampado un sobre en cuxo exterior se faga constar "Concurso Defensor del Pueblo 2016-2017" e o curso no que estea matriculada a persoa concursante, e en cuxo interior debe figurar o seu nome e apelidos, a súa idade (en caso de ser menor deberá acompañar unha autorización das súas nais, pais ou titores para participar), curso e centro no que está matriculado/a, así como o teléfono do centro ao que pertence.
Premios
  • Tres premios para Primaria
  • Tres premios para Secundaria (ESO, bacharelato e ciclos formativos de Grao Medio)
  • Premio: un computador portátil netbook para cada persoa gañadora. Tamén recibirán do Valedor do Pobo unha axuda económica para o seu desprazamento a Madrid a recoller o premio. O xurado poderá conceder as mencións honoríficas que considere oportunas, así como declarar deserto calquera dos premios.
Os centros docentes con alumnado premiado recibirán un diploma de recoñecemento.
Os premios serán entregados en Madrid pola Defensora do Pobo.
Xurado
O Xurado para a concesión dos premios estará formado por personalidades de recoñecido prestixio do ámbito académico, cultural e institucional.
Protección de datos
A participación no concurso leva a autorización expresa para a difusión de imaxes e/ou fotografías das persoas premiadas, aínda sendo menores de idade, e dos seus debuxos, a través da prensa ou outros medios, coa soa intención de promocionar os dereitos humanos.
As persoas concursantes menores de idade deberán acompañar o seu traballo cunha autorización das súas nais, pais ou titores legais, segundo o formulario que se adxunta nas bases do concurso.
Máis información: pincha aquí

segunda-feira, 9 de fevereiro de 2015

IV Concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e transplantes


IV Concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e transplantes

Concurso organizado pola Oficina de Coordinación de Transplantes do Servizo Galego de Saúde co obxectivo de concienciar da doazón e os transplantes á poboación escolar da nosa comunidade autónoma, de modo que o alumnado sexa capaz de valorar os beneficios par a cidadanía do fomento da doazón de órganos.

Destinatarios: alumnado de bacharelato e ciclos de grao medio da Comunidade Autónoma galega.

O contido das curtametraxes tratará sobre a doazón e os transplantes e sobre todos os aspectos relacionados con estes e terán unha duración máxima de 5 minutos

Premios:
  • Primeiro premio: para o centro, un vale por valor de 1.000 euros para a adquisición de material escolar. Para o alumnado: vale por valor de 1.000 euros, que se dividirá entre o número de participantes para a adquisición de material informático, audiovisual, deportivo ou material de lectura. Para o docente que titoriza o traballo presentado, unha tableta.
  • Segundo premio: para o centro, un vale por valor de 750 euros para a adquisición de material escolar. Para o alumnado: vale por valor de 750 euros, que se dividirá entre o número de participantes para a adquisición de material informático, audiovisual, deportivo ou material de lectura. Para o docente que titoriza o traballo presentado, unha tableta.
Máis información: pincha aquí.



25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...