Mostrar mensagens com a etiqueta Arte. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Arte. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 18 de maio de 2015

Xosé Filgueira Valverde

A pequena xoia recuperada por mediación de Aurelia  Vázquez.

  O prestixioso artesán da pedra e restaurador  Pepe Barxa  conseguiu volver á vida esta depauperada alfaia: El libro de Santiago de Xosé Filgueira Valverde, o vello profesor, de xeito totalmente desinteresado.


    Pepe Barxa esculpindo o Cristo resucitado para o retablo da igrexa


Barxa accedeu a concluír o retablo pétreo da igrexa de Escairón.
     Natural de Pesqueiras, O Saviñao, Pepe Barxa é  tamén pintor, escultor, deseñador e restaurador. 

Por outra banda, dentro das actividades do EDNL, Paloma, Alejandro e Judith de 1º ESO len por megafonía: O nome dela ( Quintana Viva) coma homenaxe a X. Filgueira Valverde.





quarta-feira, 18 de dezembro de 2013

Calendario da lectura

Este ano o Equipo da biblioteca vén de elaborar este fermoso calendario, con consellos lectores, libros e filmes que podedes atopar na nosa biblioteca.
O tema elixido foron os Dereitos Humanos. Queremos unirnos á posta en valor dos mesmos, plasmados no creativo belén que os nosos compañeiros ( Victoria Ares, Marisa Rodríguez, Claudio Castro e Aurelia Vázquez ) elaboraron  este ano, unha vez máis, voluntariamente e só pensando en que toda a comunidade o disfrute.

sexta-feira, 1 de novembro de 2013

Día de los muertos

Corto de animación de Ashley Graham, Kate Reynolds y Lindsey St. Pierre para su tésis en la Escuela de Arte y Diseño de Ringling, Sarasota, Florida (EE.UU).
Este corto da una visión amable y tierna sobre la celebración mejicana del Día de los Muertos, que honra a los difuntos coincidiendo con las celebraciones católicas del Día de Difuntos y el Día de Todos los Santos.


Dia de los Muertos from Whoo Kazoo on Vimeo.

Gracias a Bon´s Tips Blog por la idea

quinta-feira, 5 de janeiro de 2012

Excepcional: Isaac Diaz Pardo




Sempre me marabillou escoitar a palabra de Isaac Díaz Pardo, o humor que a acompañaba, a súa xenialidade. Diso ficamos orfos desde hoxe, mais non do que a xenorosidade e teimosía súas permitiron que legase a Galiza.
Un dos obxectivos máis perseguidos de  Díaz Pardo foi  facer real unha idea de Lorenzo Varela: crear o xornal Galicia, cuxo nome lembraría a cabeceira que Valentín Paz Andrade (Letras Galegas 2012) realizara en Vigo (1922-1926). Foi con este fin que  no 26 de novembro de 1977 se constituíu no Museo Carlos Maside a sociedade “Instituto Galego de Información, S.A.”.
 Infelizmente, empecillos de diverso tipo, especialmente políticos, foron ralentizando o proxecto até acabar por leválo á parálise total. Só chegamos a coñecer o número 0, publicado no 23 de xaneiro de 2007, precisamente como homenaxe ao infatigábel promotor.  E aquí o deixamos, tamén como honra e agradecimento a Isaac Díaz Pardo:

segunda-feira, 14 de novembro de 2011

Un libro solidario e caro (querido e de prezo alto)

Sketchtravel foi un proxecto artístico e humanitario ideado hai algo máis de 4 anos por Gérald Guerlais e Dice Tsutsumi (integrante da Pixar).
Decidiron crear un libro-caderno  -o Caderno Vermello- con ilustracións de diferentes artistas do mundo. Asi, desde o seu inicio en París, pasou pola man de 71 persoas, nunha viaxe por 12 países ao longo de 4 anos. Finalmente, acabou sendo o libro Sketchtravel.

Despois de ser exhibido en París,  no dia 17 do pasado mes de outubro,  realizouse unha poxa do libro en Bruxelas; o dinheiro recadado, 70656 euros, foi doado para o proxecto Room to Read, que desenvolve traballos de alfabetización entre nenas e nenos de diferentes países.

Non podemos ter este libro-museo itinerante na nosa biblioteca, mais si esta curta que realizou Dice Tsutsumi, inspirándose no proxecto que el propio ideara.
Para non deixar de  ver:


SketchTravel from Curio on Vimeo.

Via

terça-feira, 15 de fevereiro de 2011

quarta-feira, 9 de fevereiro de 2011

Libro de pedra


Así se denomina un sítio web, recentemente creado, que permite unha viaxe virtual pola Catedral de Santiago de Compostela.
Pódese realizar un percorrido polas proximidades da construción e, nomeadamente, polo seu interior. A cualidade das imaxes é magnífica e aséntase na alta resolución das máis de 60.000 fotografías que se utilizaron.
Para alén da visualización detallada, o Libro de Pedra é unha ferramenta que posibilita coñecermos através de textos a historia catedralicia.
Lástima que este libro non se poida ler na nosa lingua!!!

sábado, 22 de janeiro de 2011

O espello do que somos

Así define o creador alemán Há Schult os montes de lixo que os humanos occidentais vamos deixando onde non debemos e que el aproveita -entre outras artes de performance e obras plásticas- para a construción dun hotel, o Beach Garbage Hotel, inaugurado hai uns días na praza Callao de Madrid, no decurso da Feira Internacional de Turismo (FITUR).

A responsabilidade de traer a Madrid este hotel ambulante, feito con 12 toneladas de lixo, é da organización Save The Beach. Entrando no seu sitio, podemos colaborar nos seus proxectos e, así, conscientizar(nos) da necesidade de frear actitudes -practicadas por nós ou observadas- que levan á progresiva deterioración do medio:
"Calquera que vaia á praia pode deixar tres ou catro cabichas de cigarro e uma lata de Coca-Cola. Se isso for multiplicado por 47 millóns de españois ou 300 millóns de europeos ou 6,5 millóns de persoas no mundo, pódese ver para onde estamos camiñando", segundo Fernando Godoy, integrante de Save The Beach.


sexta-feira, 26 de novembro de 2010

Taller de Teatro en Inglés

¿Te gusta el teatro y quieres mejorar tu pronunciación y tu entonación en inglés? El ANPA (Asociación de Nais e Pais), junto con el Departamento de Inglés, organiza un taller de teatro en inglés. Más información en el blog del Departamento o preguntando directamente a tus profesores/as de este idioma

sexta-feira, 11 de junho de 2010

Viaje musical por el arte

¿Cómo están tus conocimientos de arte? En este video del grupo Hold Your Horses, que sirve para presentar su canción 70 Million, las imágines son las representaciones de 25 cuadros de famosos y diversos pintores. Veamos cuántos eres capaz de identificar



¿Necesitas ayuda o ya has completado los 25 títulos y quieres saber cuántos has acertado? Pincha aquí y verás no sólo la lista de los cuadros sino una reproducción de los originales. Coméntanos si te parece que falta alguno o si crees que alguno está equivocado.

quarta-feira, 9 de junho de 2010

(Re)animando palabras, (re)animando a lingua

Iso é o que fan no IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas; os implicados foron unha profesora, un profesor e alumnado de 1º e 4º.
Moitas grazas por nos regalardes con esta obra tan formosa.
Despois do vídeo, as explicacións da realización, recollidas da web do centro.



  
"Utilizando unha técnica moi sinxela, o stop-motion (unha sucesión de fotografias de pequenos movementos que vistas a certa velocidade dan a sensación de movemento real) converten en protagonistas da película cousas que consideramos como xenuinamente galegas: palabras, zapatos, xogos, pan, postres, verduras como grelos e pementos e mesmo instrumentos musicais ou libros. Os sons da película son as voces do alumnado de 4º mentres que o de 1º colaborou en tarefas como movemento de obxectos e pintura con pegadas dactilares. Ademáis este vídeo ten dous colaboradores de excepción: García MC (Dios Ke Te Crew) e a profesional do sector audiovisual Diana Toucedo que actualmente traballa en Barcelona"

terça-feira, 1 de junho de 2010

Xosé Díaz Fuentes

Quizá moitas persoas coñezan obras súas sen saberen a autoría; e é precisamente a obra do sarriao X. Díaz Fuentes o magnífico legado que fica connosco para sempre, agora que el acaba de falecer.
É un deses galegos universais, descoñecido na terra propia. Grande escultor en pedra e madeira e creador de espazos urbanos, Díaz Fuentes residía a maior parte do ano en París, sen se esquecer da Galiza e de Sarria, a onde trouxo en varias ocasións o Salón de Outono (Salon d'Automne) que, anualmente, temos no Grand Palais de Paris.

E, a mellor homenaxe que lle podemos brindar é coñecermos a súa obra, algunha, moi próxima.

 Medusa. Lugo
                                        Estrada Sarria-Monforte









Homenaxe a Valle. Santiago



sábado, 15 de maio de 2010

Cores do Atlántico

Este é o título dun libro-CD que reúne, dunha parte,  poesía, música e plástica e, de outra, a expresión de artistas da Idade Media e dos nosos días, do Brasil (Socorro Lira), Holanda (Ria Lemaire), Portugal (João Afonso e Teresa Paiva), Galiza (Leilía e Uxía) e Lugo (o grande Quique Bordell), entre outros.
Esta á a apresentación que realizan desde a páxina Cores do Atlántico:

Cores do Atlántico é un traballo divulgativo-musical sobre as cantigas de amigo que ofrece unha nova perspectiva do xénero máis autóctono da nosa lírica medieval, desde unha dobre dimensión: a interpretación teórica da catedrática holandesa Ria Lemaire Mertens e a interpretación musical da cantautora brasileira Socorro Lira. Ilustrado por Quique Bordell

Una iniciativa da compositora brasileira Socorro Lira, o proxecto naceo no ano 2006 co inicio da súa pesquisa sobre as cantigas de amigo paralelísticas, para a edición de un CD con versións cantadas de parte deses textos conservados. Ampliado e no formato de libro-disco, foi publicado en 2010, en galego e portugués, por Ponte...nas Ondas! e PAI Música, en España e Portugual.

Un traballo literario

A argumentación teórica sobre a orixe dunha tradición oral sustentada por mulleres é unha tese defendida pola especialista en literatura medieval en linguas románicas e doutora pola universidade de Utrech, Ria Lemaire.

Ria Lemaire, especialista en literatura medieval e profesora da Universidade de Poitiers, escribe un traballo de divulgación sobre as cantigas de amigo galego-portuguesas como as primeiras mostras do patrimonio cultural galego-portugués, que nos chegaron por vía culta: os primitivos cantos de mulleres.

Ria Lemaire fai unha novedosa lectura do contexto e do significado destas cantigas como expresións dunha tradición oral que se mantén viva no territorio de orixe e nos demais lugares onde chegou, ben por procesos de colonización ou levada por emigrantes máis tarde.

Un traballo musical

No enfoque musical a cantautora brasileira Socorro Lira aborda unha lectura contemporánea da melodía das cantigas integrando as sonoridades galegas, portuguesas, africanas e, especialmente, brasileiras; espazos que comparten o patrimonio cultural da lírica galego-portuguesa. Dende os ritmos brasileiros como a ciranda, o samba, o batuque, o baião, o congo, o aboio ou a toada nordestina, interprétanse as cantigas de amigo dunha forma transgresora e ao mesmo tempo harmoniosa.
Arranxado por Jorge Ribas, Cores do Atlántico integra as sonoridades de tres continentes unidos por un patrimonio común: a lírica das cantigas de amigo galego-portuguesas.

Desde o Brasil, a compositora e cantora Socorro Lira reúne voces tradicionais como as das Cirandeiras de Caiana de Crioulos xunto as colaboracións de Margareth Menezes-a Maga e Cida Moreira. Desde África, a guineana Eneida Marta achega a súa cálida voz asociada aos ritmos de Guiné Bissau como o Gumbé, a Morna ou a Singa. João Afonso e Teresa Paiva introducen a expresión portuguesa e a sonoridade da gaiteira do Porto. En Galicia, son as voces de Leilía e Uxía as que recrean as cantigas que noutrora cantaron as mulleres neste territorio de orixe da lírica medieval galego-portuguesa.

Un traballo artístico

O artista lucense Quique Bordell fai a súa achega plástica con ilustracións que combinan o colage e a sobre-impresión nunha proposta vangardista sobre as letras das cantigas de amigo.
Quique Bordell é unha das referencias artísticas máis interesantes do panorama da arte galega moderna e a súa obra ten sido relacionada coa de Tápies ou coa do mestre Dubuffet.






Cores do Atlantico - Reportaxe from Casa de Tolos on Vimeo.

quarta-feira, 12 de maio de 2010

"Crea" una jirafa


Hay un proyecto muy creativo circulando por internet, Un millón de jirafas, que consiste en conseguir imágenes de un millón de jirafas distintas antes de 2011. No pueden ser imágenes creadas en el ordenador ni fotos de muñecos con forma de jirafa comprados en tiendas; tendrás que usar tu imaginación para diseñarlas. Hay ya más de ochocientas mil pero todavía necesitan unas cuantas más... ¿te animas?

quarta-feira, 14 de abril de 2010

Castelao. A derradeira lección do mestre

 A non perder:
Hoxe inaugúrase no Museo Provincial de Lugo esta Exposición que  se corresponde con obra realizada por Castelao entre os anos 1936 e 1950. O acaso fixo que, tamén hoxe, o Parlamento da Galiza declarase a obra de Castelao como Ben de Interese Cultural (BIC).

Con entrada gratuíta, os horarios da exposición son estes:
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
De María do Pilar García Negro e Felipe-Senén López Gómez, comisiarios da exposición, seleccionamos o inicio do emotivo texto con que a apresentan e que se pode ler á íntegra na páxina do Museo:

"No 7 de Xaneiro deste 2010 cumpríronse 60 anos da morte de Castelao. Esta Exposición a el dedicada quer, a pé feito, conxurar unha perniciosa parsimonia, non casual, a que nos leva a demorar de máis no coñecemento da nosa historia e, por tanto, a ignorármonos nós mesmos. O caso de CASTELAO (Galiza Rianxo, 1886 -Buenos Aires, 1950) é particularmente chamativo, porque se dá a circunstancia de que non só constitúe un precioso antecedente cultural e político, senón que o pensamento e a praxe por el elaborados están aínda lonxe de teren cumprimento na Terra a que serviu. Non está superado.
Entre o silencio e o ditirambo oco hai un camiño considerábel, o do coñecemento actualizado, a perspec-tiva realista e o dereito a orgullármonos da nosa propria historia, a comezar pola que nos significou de forma digna, non a que nos caricaturizou inclemente. Este necesario coñecemento de nós, este reencontro, é o que pretendemos con esta Exposición montada arredor da maior personalidade galega do século XX, Castelao. A importancia e a transcendencia da súa obra fan del un compatriota invulgar, porque aunou, en toda a súa actividade, múltiplas funcións artísticas e políticas, como debuxante, pintor, xornalista, carica¬turista, ilustrador, escritor, pensador e político nacionalista. Mais todas as faces deste poliedro tan fértil obedecen a unha mesma motivación e aspiración: a significación cultural e a representación política da Galiza como nación que debía ser coñecida e recoñecida como tal, tanto fóra como dentro dela mesma. Porque non abdicou nunca, en toda a súa vida adulta, dun duplo deber: a devolución aos galegos da súa historia e da súa cultura, e a proxección do universo galego en España e no mundo".

segunda-feira, 18 de janeiro de 2010

Arte para descontraer: Kseniya Simonova

Kseniya Simonova (Ксения Симонова, en ucraniano) é da Ucrania; esta artista perfomática crea animacións con area; no vídeo que segue, interpreta a invasión da Alemaña e ocupación da Ucrania durante a Segunda Guerra Mundial:


Via Pedro Varela

quarta-feira, 7 de janeiro de 2009

Celso Dourado: Arredor do debuxo


Éste é tamén o título dunha exposición que non debemos perder e que se inaugurará no Museo Provincial o día 9 deste mes ás 20:00 horas, distribuída nas salas 25, 26, 27 e 28.



Continuará aberta até ao 4 de febreiro de 2009 con este horario:
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.


Se frecuentas a Mariña, é probábel que coñezas este benquerido pintor e ilustrador de Benquerencia (Lugo) onde traballa, desde hai tempo, na creación dun espazo persoal: ao tempo, exposición permanente de arte e vivenda.


Non deixes de a visitar nin de ler as palabras que lle dedica o poeta Xabier Cordal aquí.

sábado, 11 de outubro de 2008

Especial para Historia da Arte



Grazas aos colegas de Aula PDC e Mesturas soubemos deste xogo interesante para quen guste da arte e, nomeadamente para os grupos de Historia da Arte. Nesta páxina, pódese acceder a información de interese. Desfrutade:
El misterio de las miradas del Thyssen

terça-feira, 17 de junho de 2008

quarta-feira, 2 de abril de 2008

Artistas lucenses do século XX


A partir do próximo venres, día 4, o Museo Provincial de Lugo vai acoller nas salas 29, 30, 31 e 32 obra plástica de 99 artistas de Lugo, novos ou consagrados, e das máis diversas tendencias.
Entre eles, poñemos en destaque a presenza do profesor deste centro J.J. García Gesto ou dos integrantes do colectivo Bacabú Germán Refojo, Quique Bordell, Honorio, Espiral e Santiago Catalán.
Alén de visitares a exposición -está garantido que vas encontrar obras do teu gusto-, podes tamén dar unha ollada ás web que algúns teñen servíndote deste vínculo ao Museo.
Non deixes de ir.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...