Mostrar mensagens com a etiqueta Biodiversidade. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Biodiversidade. Mostrar todas as mensagens

domingo, 20 de fevereiro de 2011

Menos papel, máis árbores

E completando o que nos suxería Rosa no post anterior, neste Ano Internacional dos Bosques, podemos facer un contributo pequeniño para a conservación das florestas se utilizamos, cando sexa posíbel, este recurso.
Trátase de utilizarmos un irmán ecolóxico do Formato de Documento Portátil (PDF): o ONG WWF (World Wildlife Fund); usando este formato, os documentos non son imprimíbeis, podendo só seren lidos en forma dixital.
Fácil, non?

sábado, 22 de janeiro de 2011

O espello do que somos

Así define o creador alemán Há Schult os montes de lixo que os humanos occidentais vamos deixando onde non debemos e que el aproveita -entre outras artes de performance e obras plásticas- para a construción dun hotel, o Beach Garbage Hotel, inaugurado hai uns días na praza Callao de Madrid, no decurso da Feira Internacional de Turismo (FITUR).

A responsabilidade de traer a Madrid este hotel ambulante, feito con 12 toneladas de lixo, é da organización Save The Beach. Entrando no seu sitio, podemos colaborar nos seus proxectos e, así, conscientizar(nos) da necesidade de frear actitudes -practicadas por nós ou observadas- que levan á progresiva deterioración do medio:
"Calquera que vaia á praia pode deixar tres ou catro cabichas de cigarro e uma lata de Coca-Cola. Se isso for multiplicado por 47 millóns de españois ou 300 millóns de europeos ou 6,5 millóns de persoas no mundo, pódese ver para onde estamos camiñando", segundo Fernando Godoy, integrante de Save The Beach.


segunda-feira, 10 de janeiro de 2011

2011. Ano Internacional de

 Florestas, Química, Afrodescendentes e, desde agosto de 2010, tamén da Xuventude. Estas son as proclamas que declara a ONU para este ano que comezamos.
Para unha máis ampla información das efemérides  deste 2011, recomendamos unha ollada ao blogue Brétemas, da autoría de Manuel Bragado.
Até que grao son conseguidos os obxectivos con que son declarados os "días/anos de..." é algo que sempre cuestionamos. Ultrapasarán o lucro de algunhas persoas e beneficiarán a entidade, colectivo, persoa a que se dedican?
Cando menos e centrándonos naquilo que nos ocupa -e preocupa-, poden ser un recurso didáctico que sirva para coñecermos realidades ignoradas -mesmo estando ao noso lado- e reflexionarmos sobre o noso papel a respecto delas.
Para ampliar a información, pódese clicar nos logótipos da columna lateral; no sucesivo, tentaremos recoller por aquí noticias relacionadas e que consideremos do voso interese.
E, como acabamos de conmemorar o Ano da Biodiversidade, escollemos un fermoso vídeo que pode ser ponte entre este e o presente Ano das Florestas:

Growing is Forever from Jesse Rosten on Vimeo.

segunda-feira, 21 de junho de 2010

Biodiversidade e língua: Proxecto Carvalho

Se non coñeces o Proxecto Carvalho, aglutinador de dous campos que semellan afastados -a reforestación e a lingua-, aquí cho apresentamos, tomando as palabras do seu sitio web; as vacacións tamén se poden  aproveitar para facer algún contributo.

"Carvalho é un proxecto de tradución automática de código aberto e sustentábel entre o inglés e o galego, encadrado dentro da plataforma de servizos de tradución automática Opentrad.
 Coa túa contribución podes axudar a que medre e mellore e tamén axudar o planeta.
 Para iso só é preciso que enriquezas o tradutor estatístico con corpus inglés-portugués, e que os convertas para inglés-galego coa axuda dunhas ferramentas dispoñibles en liña. A tecnoloxía deste proxecto ten licenza GPL e todos podemos acceder a ela.
 Canto máis palabras teñamos, mellor funcionará o tradutor automático! E non só iso, senón que ademais a medida que vaia medrando o corpus iremos plantando árbores autóctonas, comezando pola zona de Forcarei.
 Mellora o tradutor e nós plantaremos árbores!"

Aquí temos explicacións pormenorizadas para sabermos como contribuír; tamén neste vídeo:

terça-feira, 27 de abril de 2010

quarta-feira, 3 de fevereiro de 2010

Ollando na Ciencia

A Assemblea Xeral das Naciónss Unidas declarou o ano de 2010 como Ano Internacional da

Biodiversidade, co propósito de aumentar a consciencia sobre a importancia da preservación
da biodiversidade en todo o mundo.
A protección da biodiversidade exixe un esforzo por parte de toda a sociedade. É por iso que, a partir da idea do Departamento de Ciencias, se creou no segundo andar do centro  un espazo que convida a comunicar e a compartir inquedanzas, lecturas, filmes e calquera outra fonte de coñecemento de carácter científico-divulgativo.
Este espazo contará con dous tipos de actividades:
Actividades fixas ou regulares:
- Exposición de libros, revistas, filmes... con posibilidade de auto-empréstimo
- As nosas pegadas  (comezamos coas Pegadas Dactilares de toda a Comunidade Educativa para continuar con outras "pegadas": lingüísticas, literarias, ecolóxicas, musicais, xenéticas, históricas, culturais, atómicas, mitolóxicas ....).
- O ‘Diario de ciencia’ con novas de xornais (actividade diaria, dinámica).

- Celebracións de datas específicas.
Actividades ocasionais:
- Exposicións e  proxeccións
- Recreos activos
- Teatro
- Palestras
Iremos puntualmente informando e convidamos a participardes todas e todos; se ainda non pasache, tés esperándote un lugariño para deixares a túa pegada dactilar. Contaremos o que faremos cando cheguemos ás case 900 que corresponden a toda a nosa Comunidade Educativa.

Información continuada nos blogues Ollando na Ciencia e BioXeo

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...