Mostrar mensagens com a etiqueta Novas Tecnoloxias. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Novas Tecnoloxias. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 9 de março de 2017

Creación dun Bibliotráiler

Convoca
Centro virtual Ler.es, dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España (MECD) e dedicado ás alfabetizacións múltiples como ferramenta de coñecemento e aprendizaxe.
En que consiste
Na creación dun BIBLIOTRÁILER no que se recollan os mellores tráileres de animación baseados nunha obra literaria presentados polos centros docentes.
Obxectivos
  • Promover o desenvolvemento da competencia lingüística e a conciencia e expresións culturais a través das novas tecnoloxías, ademais da alfabetización audiovisual.
  • Axuntar o fomento da lectura co desenvolvemento de técnicas de animación e o uso das novas tecnoloxías.
Participantes
A convocatoria está dirixida a estudantes que cursen durante o período 2016-2017 algunha dos seguintes ensinos oficiais:
a) Terceiro Ciclo de Educación Primaria.
b) Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Bacharelato.
A participación na convocatoria realizarase a través do centro docente no que o alumnado estea a cursar os seus estudos.
Bases
Para acceder ás bases pica aquí
Criterios de valoración
1. A calidade artística dos traballos, prestando especial atención ás técnicas de animación empregadas.
2. A calidade lingüística dos traballos, a súa capacidade de síntese e o guión literario.
3. A orixinalidade e creatividade ao explorar enfoques innovadores.
Prazo de presentación
Ata o 16 de maio de 2017.

segunda-feira, 30 de novembro de 2015

Concurso 3D Mobile


d3mobile.es pretende que los estudiantes - de todo el mundo- nacidos entre 1998 y 2000 participen en un campeonato por equipos en el que se estimule su capacidad investigadora con la ayuda de su teléfono móvil y un ordenador personal. Deberán aprender, con la guía de alguno de sus profesores y el software que se les proporcionará, la técnica fotogramátrica básica, una metodología que con apenas dos tardes de estudio les permitirá hacer modelos tridimensionales a escala de objetos sencillos.

Bases del concurso: pincha aquí

domingo, 20 de fevereiro de 2011

Menos papel, máis árbores

E completando o que nos suxería Rosa no post anterior, neste Ano Internacional dos Bosques, podemos facer un contributo pequeniño para a conservación das florestas se utilizamos, cando sexa posíbel, este recurso.
Trátase de utilizarmos un irmán ecolóxico do Formato de Documento Portátil (PDF): o ONG WWF (World Wildlife Fund); usando este formato, os documentos non son imprimíbeis, podendo só seren lidos en forma dixital.
Fácil, non?

terça-feira, 1 de fevereiro de 2011

Mellor á man e sobre papel

Escribir á man semella que fortalece o proceso de aprendizaxe, segundo conclúe a Dra. Anne Mangen, especialista en Lectura no Centro Nacional de Investigación e Ensino da Lectura da Universidade de Stavanger, na Noruega, nun estudo realizado en colaboración co neurofisioloxista Jean-Luc Velay, da Universidade de Marsella, e que viu a luz na publicación científica Advances in Haptics.

Anne Mangen decidiu investigar se algo se perde cando o estudantado adulto prioriza o computador, tanto para se imformar como para escribir. Ao que parece, cando escribimos manualmente, o noso cerebro retroaliméntase de maneira diferente e máis significativa que cando usamos un teclado.

Moito se ten cuestionado o proxecto Abalar, tal e como se está plantexando e por diferentes motivos. Será adecuada a integración das TIC no aprendizado  tal e como se apresenta desde este proxecto?

terça-feira, 16 de novembro de 2010

Contos para iPad e iPhone

Chegaron! Os primeiros contos para para iPad e iPhone serán apresentados mañá, día 17, en Madrid, no Foro Internacional dos Contidos Dixitais.
Esta aplicación é novidosa na edición galega e está integrada en ContoPlanet, grazas á Editorial Galaxia e a Perro Verde Films, coa colaboración tecnolóxica de Milrayas.

Segundo informa a editorial, no sitio de Apple Store, na libraria Contoplanet, "poderán descargarse os contos, animados, con posibilidade de personalización, en galego, castelán e inglés, Puag, que noxo! e Un can no piso', de Fina Casalderrey (ilustrados por Xan López Domínguez e Kristina Sabaite), Quen son?, de Alicia Borrás (con ilustracións de Andrés Meixide), Voces na lagoa do espantallo!, de Xan López Domínguez e Conto para non comer, de Oli (tamén ilustrado por Andrés Meixide). Nun primeiro instante e durante un tempo promocional, Puag, que noxo! poderá descargarse de balde.
O usuario vai acceder a unha experiencia interactiva que lle permitirá ler os contos, escoitar as locucións (feitas por profesionais do mundo da dobraxe galega) en tres linguas, ou gravar as súas propias para personalizar absolutamente o conto. Deste xeito, cada libro é unha experiencia persoal, con zonas táctiles, efectos de son e animacións."

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...