Sketchtravel foi un proxecto artístico e humanitario ideado hai algo máis de 4 anos por Gérald Guerlais e Dice Tsutsumi (integrante da Pixar).
Decidiron crear un libro-caderno -o Caderno Vermello- con ilustracións de diferentes artistas do mundo. Asi, desde o seu inicio en París, pasou pola man de 71 persoas, nunha viaxe por 12 países ao longo de 4 anos. Finalmente, acabou sendo o libro Sketchtravel.
Despois de ser exhibido en París, no dia 17 do pasado mes de outubro, realizouse unha poxa do libro en Bruxelas; o dinheiro recadado, 70656 euros, foi doado para o proxecto Room to Read, que desenvolve traballos de alfabetización entre nenas e nenos de diferentes países.
Non podemos ter este libro-museo itinerante na nosa biblioteca, mais si esta curta que realizou Dice Tsutsumi, inspirándose no proxecto que el propio ideara.
Para non deixar de ver:
SketchTravel from Curio on Vimeo.
Via
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...

-
Só coa túa colaboración, encotraremos solucións. Le con calma o cartaz que colocamos a continuación; se non entendes algo, pregunta ao pro...
-
Do blogue do CEIP Isaac Peral (que suxerimos para encontrar unha amplísima información e documentación para traballarmos nas aulas acerca ...
-
Estamos chegando mesmo á data dunha festa que celebramos desde tempos antigos: o Samain . Esta palabra, de orixe irlandesa e que debemos ler...
Sem comentários:
Enviar um comentário