quinta-feira, 8 de junho de 2017

Presentación Literaria.

Hoxe foi un día moi especial porque celebramos a presentación literaria de dúas obras: La caverna, escrita por Ricardo Rosado, profesor de Educación Física do noso centro, e Todo sobre los Lloconcios, de Xiana Fragueiro, alumna de 1º da E.S.O. do noso centro.


Os dous fixeron unha presentación marabillosa sobre as súas obras, moi interesantes, a de Ricardo ambientada na Guerra Civil e coa historia do seu avó como inspiradora da trama, a de Xiana sobre uns personaxes inventados por ela e a súa irmá Antía cando tiñan tres anos e que desembocaron en algo moito máis grande, un proxecto elaborado por Xiana que suscitou moitísima curiosidade entre os asistentes, tanto profesores como alumnos.

Só podemos dárllelas gracias por compartir as súas experiencias con nós e animalos a que continúen sempre alimentando a súa imaxinación e facéndonos disfrutar aos demais dela.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...