sábado, 11 de janeiro de 2014

Enquisa literaria

Cales foron os mellores libros publicados no 2013?

Participa na enquisa: Fervenzas literarias. Enquisa 2013. A votación está aberta ata o 15 de xaneiro

Le

Bule ata o andel onde tes os libros e fai un repaso de todos os que liches ao longo do 2013. Estamos seguros de que foron unha morea deles, vai que si?
Pois agora pedirémoste a túa opinión sobre cales foron os que te gustaron máis. Como en anos anteriores, temos un lote de libros xentileza da Federación de Libreiros de Galicia para sortear entre tod@s @s participantes.


Reflexiona



Agora que xa repasaches ese libros pedímoste que fagas, mentalmente, unha pequena reflexión sobre eles.
Precisamos que valores cales foron, na túa opinión, os que máis pagaron a pena nos diferentes xéneros.
Telo xa claro? Pois queremos sabelo! Ti es o verdadeiro protagonista desta enquisa.
Vai ao seguinte punto e opina sobre eles!


Opina

É a túa quenda! Ofrecémoste varios apartados para que votes que foi para ti o mellorciño do 2013.
Como poderás comprobar, son en total vinte apartados. Por suposto, non vos é necesario cubrilos todos. Ah! E non esquezas meter os teus datos de contacto se queres participar no sorteo de libros.





Enquisa: Aquí


Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...