É por iso que queremos ser eco do esforzo e ilusión que colegas das diferentes materias e de diferentes cursos realizan fora das aulas.
Na semana pasada, o alumnado de 1º de ESO correu, mais un ano, pola lingua (Correlingua 2009); e, como sempre, pensamos que podemos rentabilizar esta actividade se quen participou na carreira opina, nos comentarios a esta entrada, sobre o vivido, sobre o interese do Correlingua...É máis un ritual arredor da lingua ou consegue que algunha persoa deixe de alonxarse do noso maior sinal identitario?
Atletas pola lingua
Recentemente, o alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato asistiu a unha charla sobre Xornalismo no Salón de Actos:
E, aproveitando que a Equipa de Normalización Lingüística, en especial a súa coordenadora, Auri, é responsábel de varias actividades, divulgamos, a continuación, unha imaxe de agradecemento da Coordinadora Galega de ENDL
Sem comentários:
Enviar um comentário