sábado, 16 de maio de 2009

Tempus das Letras 2009/Concurso Literario/50 Aniversario do Centro


Capa/ Editorial

Onte, 15 de maio, foi apresentada a edición de 2009 da revista Tempus das Letras.

Con excelente coordenación de Áurea M. Penas Roibás e rigoroso traballo de alumnado ( en maior medida) e profesorado, finalmente, viu a luz a tan esperada edición deste ano, do mellorciño dos últimos temposme unha boa mostra do que deben ser os traballos colaborativos; non a perdades.
Grazas a Tempus, coñecemos as obras premiadas no Concurso Literario e de Banda Deseñada deste ano, fallado onte. Por agora, só divulgamos aquí a autoría de quen logrou algún premio, mais estamos desexando que creadoras e creadores ou a dirección da revista nos facilite a publicación dos textos.
Parabéns para todas estas persoas e grazas por compartirdes connosco as vosas creacións:

Poesía:

1º Premio: Cinzas de Roque Lazcano Vázquez (2º Bac. E)

2º Premio: É tan difícil de Judit Arango Arias (2º Bac. B)
3º Premio: Vida de Sara Iglesias Vázquez (1º Bac. F)

Narrativa:

1º Premio: 2039 de Anxos Fazáns Estévez (1º Bac. F)
2º Premio: Agochada de Sara Iglesias Vázquez (1º Bac. F)
3º Premio: Pensamentos de Xabier Rodríguez Fraile e Juan Fernández Ferreiro (2º de Bac. A


Banda Deseñada:

1º Premio: Eva López Quiroga(1º B de ESO)
2º Premio: Alba Carballal Gandoy (1º Bac. B)
3º Premio: Ana Gallego Rodríguez (1º Bac. B)



E, como sabedes, neste ano celebramos o 50 aniversario da construción do edificio en que hoxe se ubica o instituto. A revista Tempus das Letras non esqueceu esta efeméride e a biblioteca tamén ten algo preparado. Se queres información dos actos, visita a páxina do centro.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...