Gracias a o noso vicedirector, Faustino Martín, xa temos a versión dixital da revista do instituto, Tempus das Letras, na súa edición de 2013. O equipo de dinamización lingüística, dirixido por Aurea Penas, é o encargado da elaboración da revista cada ano.
Mostrar mensagens com a etiqueta Revistas. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Revistas. Mostrar todas as mensagens
quinta-feira, 13 de junho de 2013
sexta-feira, 17 de junho de 2011
Publicacións históricas na Rede
Alegrounos saber deste sitio da Net que disponibiliza algunhas relevantes revistas da nosa historia e, por iso, partillamos a información.
Referímonos ao blogue Publicacións Galegas, que xa nos permite descarregar algún número das revistas históricas Nós, A Fouce ou A Nosa Terra.
O site apreséntase con estas certeiras palabras:
"Hoxe en día a rede é a principal fonte de información para moitos de nós, non obstante, por moito que un busque, non atopa moitas cousas que deberían estar na rede dende hai ben de tempo, entre estas cousas, atópase a Revista Nós, ou os xornais A Nosa Terra ou A Fouce. Sorprende que non se poida consultar esta excepcional revista, exceptuando algún artigo en concreto, con todo o que supuxo para a nosa cultura.
Por isto é polo que decidin colgala na rede para que a poida ler quen queira."

segunda-feira, 13 de junho de 2011
Tempus das letras
Na recente gala-celebración das Letras Galegas, entre actuacións musicais, entrega de premios, salvación de libros... foi tamén lanzado o último número da revista do instituto. Outro ano, a ilusión e o traballo de numerosas persoas -alumnado, (ex)profesorado- co esforzo e coordenación de Áurea M. Penas Roibás, fixeron posíbel esta nova edición.
Por se non tedes o exemplar impreso, ou mesmo téndoo, podedes consultalo a continuación. Recordamos que na revista están publicadas as obras gañadoras do concurso literario.
Por se non tedes o exemplar impreso, ou mesmo téndoo, podedes consultalo a continuación. Recordamos que na revista están publicadas as obras gañadoras do concurso literario.
quarta-feira, 17 de novembro de 2010
Datas históricas e nova revista
No 1918, hai hoxe 92 anos, comezaba en Lugo unha reunión que determinaría boa parte dos feitos posteriores en relación coa lingua e coa Galiza: estamos a referirnos ao primeiro encontro de todas as Irmandades da Fala que, desde o 1916, se foron organizando pola maioría de vilas e cidades galegas.
Da (I)Asemblea Nazonalista de Lugo, como se coñeceu, naceu un manifesto cuxos obxectivos ainda están lonxe de se conseguiren: non deixes de o ler.
Como en anos anteriores, en Lugo conmemoraremos este fito da nosa historia, con participantes da Galiza toda: Sei O Que Nos Figestes... Nos Últimos 525 Anos e Cultura do País convócannos para o día 20 a varios actos:
- 17h30: Oferenda Floral diante o Hotel Méndez Núñez
- 18h30h: Palestra-Coloquio: Fuco Gomes, galego senlheiro, arredista revolucionário, co historiador Xurxo Martínez. Centro de Convivencia Maruja Mallo, no Carril das Hortas
Ao tempo, vai apresentarse unha nova publicación responsabilidade de Cultura do País, o número 1 de Ronsel da Cultura do País, homenaxe á vangardista Ronsel, para "dar a coñecer feitos, datas, nomes e costumes da nosa historia e da nosa cultura, silenciados pola cultura oficial imposta polo sistema. (...) Este primeiro número está adicado a Fuco Gómez, natural de Ouselle (Becerreá), quen, polo seu activismo cultural nos círculos da emigración, a súa firmeza ideolóxica e a súa implicación na creación de medios de comunicación en galego e o seu compromiso humanista cunha sociedade máis xusta fan del unha figura a recuperar e pór en valor".
Da (I)Asemblea Nazonalista de Lugo, como se coñeceu, naceu un manifesto cuxos obxectivos ainda están lonxe de se conseguiren: non deixes de o ler.
Como en anos anteriores, en Lugo conmemoraremos este fito da nosa historia, con participantes da Galiza toda: Sei O Que Nos Figestes... Nos Últimos 525 Anos e Cultura do País convócannos para o día 20 a varios actos:
- 17h30: Oferenda Floral diante o Hotel Méndez Núñez

Ao tempo, vai apresentarse unha nova publicación responsabilidade de Cultura do País, o número 1 de Ronsel da Cultura do País, homenaxe á vangardista Ronsel, para "dar a coñecer feitos, datas, nomes e costumes da nosa historia e da nosa cultura, silenciados pola cultura oficial imposta polo sistema. (...) Este primeiro número está adicado a Fuco Gómez, natural de Ouselle (Becerreá), quen, polo seu activismo cultural nos círculos da emigración, a súa firmeza ideolóxica e a súa implicación na creación de medios de comunicación en galego e o seu compromiso humanista cunha sociedade máis xusta fan del unha figura a recuperar e pór en valor".
sábado, 16 de maio de 2009
Tempus das Letras 2009/Concurso Literario/50 Aniversario do Centro

Capa/ Editorial
Onte, 15 de maio, foi apresentada a edición de 2009 da revista Tempus das Letras.
Con excelente coordenación de Áurea M. Penas Roibás e rigoroso traballo de alumnado ( en maior medida) e profesorado, finalmente, viu a luz a tan esperada edición deste ano, do mellorciño dos últimos temposme unha boa mostra do que deben ser os traballos colaborativos; non a perdades.
Grazas a Tempus, coñecemos as obras premiadas no Concurso Literario e de Banda Deseñada deste ano, fallado onte. Por agora, só divulgamos aquí a autoría de quen logrou algún premio, mais estamos desexando que creadoras e creadores ou a dirección da revista nos facilite a publicación dos textos.
Parabéns para todas estas persoas e grazas por compartirdes connosco as vosas creacións:
Poesía:
1º Premio: Cinzas de Roque Lazcano Vázquez (2º Bac. E)
2º Premio: É tan difícil de Judit Arango Arias (2º Bac. B)
3º Premio: Vida de Sara Iglesias Vázquez (1º Bac. F)
Narrativa:
1º Premio: 2039 de Anxos Fazáns Estévez (1º Bac. F)
2º Premio: Agochada de Sara Iglesias Vázquez (1º Bac. F)
3º Premio: Pensamentos de Xabier Rodríguez Fraile e Juan Fernández Ferreiro (2º de Bac. A
Banda Deseñada:
1º Premio: Eva López Quiroga(1º B de ESO)
2º Premio: Alba Carballal Gandoy (1º Bac. B)
3º Premio: Ana Gallego Rodríguez (1º Bac. B)

E, como sabedes, neste ano celebramos o 50 aniversario da construción do edificio en que hoxe se ubica o instituto. A revista Tempus das Letras non esqueceu esta efeméride e a biblioteca tamén ten algo preparado. Se queres información dos actos, visita a páxina do centro.
terça-feira, 30 de dezembro de 2008
Trasluz: novas páxinas lucenses

O ano 2008 déixanos; mais faino con un presente: a revista Trasluz.Lukus, recén saída do prelo.
Coa pretensión de dar a coñecer unha nova imaxe de Lugo, Trasluz quere ir abrindo un camiño en que se encontren as xentes de Lugo con aquelas que, descoñecéndonos ou tendo unha idea errada da nosa realidade, queiran compartir o esencial desta terra.
E todo isto débese a un equipo de persoas das que salientamos aquí dúas: o Editor, Ernesto S. Pombo e a Directora Comercial, Elena Crende, grande emprendedora que se anosa por ser a nai dun dos alumnos do instituto.
Desexamos e auguramos unha frutífera viaxe da que, de algunha forma, nos enriqueceremos. Bon ano e boa travesía.
Para saber máis, clica aquí.
Subscrever:
Mensagens (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...

-
Só coa túa colaboración, encotraremos solucións. Le con calma o cartaz que colocamos a continuación; se non entendes algo, pregunta ao pro...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...