Da (I)Asemblea Nazonalista de Lugo, como se coñeceu, naceu un manifesto cuxos obxectivos ainda están lonxe de se conseguiren: non deixes de o ler.
Como en anos anteriores, en Lugo conmemoraremos este fito da nosa historia, con participantes da Galiza toda: Sei O Que Nos Figestes... Nos Últimos 525 Anos e Cultura do País convócannos para o día 20 a varios actos:
- 17h30: Oferenda Floral diante o Hotel Méndez Núñez
- 18h30h: Palestra-Coloquio: Fuco Gomes, galego senlheiro, arredista revolucionário, co historiador Xurxo Martínez. Centro de Convivencia Maruja Mallo, no Carril das HortasAo tempo, vai apresentarse unha nova publicación responsabilidade de Cultura do País, o número 1 de Ronsel da Cultura do País, homenaxe á vangardista Ronsel, para "dar a coñecer feitos, datas, nomes e costumes da nosa historia e da nosa cultura, silenciados pola cultura oficial imposta polo sistema. (...) Este primeiro número está adicado a Fuco Gómez, natural de Ouselle (Becerreá), quen, polo seu activismo cultural nos círculos da emigración, a súa firmeza ideolóxica e a súa implicación na creación de medios de comunicación en galego e o seu compromiso humanista cunha sociedade máis xusta fan del unha figura a recuperar e pór en valor".

Sem comentários:
Enviar um comentário