domingo, 15 de novembro de 2009

Alumnado de Português vence concurso



Un grupo de alumnas e alumnos de Português I de 1º de bacharelato acudiu no pasado venres, día 13, á Escola de Idiomas de Lugo para participaren en dous actos de aprendizaxe lúdica: dunha parte, a apresentación do libro Do Ñ para o NH. Manual de Língua para transitar do galego-castelhano para o galego-português, da autoría de Valentim Rodrigues Fagim, e, a continuación, o campeonato do xogo interactivo e multidisciplinar Planeta NH.
Unha das dúas equipas creadas polos nosos representantes, a formada por Alícia Merino, Maria Rodríguez e Alejandro Pérez Janeiro, acabou vencedora e cada integrante gañou un exemplar do libro apresentado.
Só podemos dar os parabéns á equipa gañadora; na mesma medida, parabenizamos a outra equipa, con moi bons resultados. Grazas para todo o alumnado participante que, sen se importaren co tempo adverso nin con ser a tarde-noite dun venres, acudiron a estes actos culturais.
Aproveitando os eventos, desde aquí, recomendamos vivamente o xogo interactivo Planeta NH para un aprendizado lúdico de calquera materia.
Máis información: Blogue de Português

1 comentário:

a Ponte Vella disse...

Parabéns para o alumnado polo merecido premio e felicitacións para as/os docentes que os motivades para participar, e máis sendo un venres. Apertas dende Rábade.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...