quarta-feira, 24 de fevereiro de 2010

Rosalia Castro

Un día como hoxe de hai 137 anos, naceu unha grande poeta e narradora: Rosalia Castro.
Suxiro, por iso, dúas  pequenas accións:
- Acudir hoxe  ás 18h00 á Rúa Nóreas, ao carón da casa que fai esquina coa Rúa San Pedro, onde viviu Rosalía entre 1864 e 1868; a AELG relizará unha lectura pública de textos seus  neste lugar. Simultaneamente, acontecerá o mesmo na Coruña, Ferrol, Pontevedra, Santiago e Vigo.

- Que leamos estes -e outros- textos rosalianos que nos axudarán a (re)coñecela e, talvez, a mudar a imaxe deformada que, por veces, se ten da súa persoa e da súa obra:


"... Creerán algús que, porque como digo tentey falar d'as cousas que se poden chamar homildes, é por que mèsprico n'a nosa lengoa. N'é por eso. as multitudes d'os nosos campos tardarán en lêr estos versos, escritos á causa d'eles, pero sô encerto modo pra eles. O que quixen foy falar un-ha vez máis d'as cousas da nosa terra, n'a nosa lengoa..." 
"Duas palabras d'a autora" en Follas Novas. 1880

—«Tanto e tanto nos odiamos,

Tanto e tan mal nos quixemos
Que por non verme morriche,
E desque morrich'alento.
Mas ora tócame â min
Tamen, marchar, e di o crego
Que che perdone, pois logo
A axuntarnos volveremos.
¡O crego volveuse tolo!
¡Xuntarnos!... nunca mais, penso;
Que si ti estas ond'a Dios
Eu penso d'ir xunt'o demo.»

Esto un-ha vella viuda,
E terca como un carneiro,
Falaba do seu difunto
xa d'os bichocos comesto.
Y en tanto qu'asi falaba,
Tamen ela iba morrendo.
Mas din qu'o difunto y ela
S'atoparon n'os infernos
Man á man, e codo á codo
Como dous bós compañeiros.

—¿Conqu'estás aquí? lle dixo
Estonces a vella ô vello,
Pois voume a dond'esta Dios
xa que ti estás ond'o demo.—
E sin saberse por onde
Colleu direitiña ô ceo;
Mais topou fechada a porta,
Que lla fechàra San Pedro.

—¡Prum! ¡prum! ¡abrí, que son eu!
Falou á vella moy recio.
—Non hay, respondeu o Apostol
Apertando ó tarabelo.
—Coidá que xurey n'estar
Ond'él esté, meu San Pedro...
—Non hay, repiteull'o Santo,
Indose inda mais adentro.
—¡Por vida d'as vosas chaves,
Que facés un bon porteiro,
E que roncás!... xa se ve...
¡Como estades satisfeito!..


Mais eu xurey, e Dios manda
Qu'un cumpra seus xuramentos;
¡Â terceira vez!... ¿abrides?
—Nin âs tres nin ôs trescentos,
A muller vaya onda o home,
¡Al infierno, anda al infierno

Con él, por sempr'en jamás!
—¡Poche! meu Santo San Pedro,
Que ben deixás conocer
Qu'andiveches sempre ceibo,
Que nunca foches casado
Nin n'a terra nin n'o ceo!
Todiña-las comenencias
Para vos quixeches ¡deño!
Y á min non me dás ningun-ha?...
Pois vé qu'eu tamen as quero.
S'aló con cadea andiven
En têla agora non penso,
Que todo c'a morte acaba
Segun pedrican os cregos.
Un-ha ves nos separamos,
Eu y o meu home, e por certo
Que foi pra sempre.. e esta dito,
Pois son terca, si sòs terco.
¿Que non me querés n'a groria?
Pois xurei non ir ô inferno
Dond'el está, y acabouse,
E n'hay que falar mais d'esto.
¿Que habés de facer de min?
¿Irei ô limbo d'os nenos?
¡Me vayas! que xa estou d'eles
Hasta a punta d'os cabelos.—
—¡Caramba, c'o a muller esta!
Dixo enfadado San Pedro,
Que si non fora por Dios...
—Bah, señor, deixavos d'eso

E permitíme que pase...
—Non, non e non. ¡Caramelos!
Fora d'aqui... e ¡pum! botouna
Direitiño cara ô inferno.
—¡Qu'o xurei! xa o teño dito...
Berraba a vella... non entro.
Señor, Señor... Sursum corda,
Aquí estou, e aquí me quedo.

E quedouse, sí, quedouse:
¿Onde? non se sabe certo,
Nin si foi porqu'a oise Dios
Ou porque n'a quixo o deño.
Só se sabe, ben sabido,
Qu'anda n'as alas d'o vento,
Metendo medo ôs rapaces
N'as negras noites d'inverno;
Encelando namorados,
Desfacendo casamentos,
Malquistando matrimonios...
¿Porque n'a levou San Pedro?
Qu'ora anda ceiba e ben ceiba
Para meternos n'o inferno.
Poñélle á figa, mociñas,
Si querés ter casamento,
Qu'ond'ela esté, nin un home
Toparés para un remedio.
      Follas Novas. "Da Terra"

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...