sexta-feira, 22 de fevereiro de 2008

Enxeñaría Xenética


O profesor Jaime Castro, doutor en Bioloxía e docente na Facultade de Veterinaria da USC, falou no pasado día 15 para o alumnado de bacharelato sobre Enxeñaría Xenética.
Mostrou os aspectos máis actuais das técnicas seguidas na Enxeñaría Xenética e as súas aplicacións nos campos da Medicina, Agricultura e Gandaría. O profesor Castro, de feito, integra un notábel grupo de investigación na facultade en que exerce a docencia e que está dirixido por Paulino Martínez.
O auditorio asistiu con moito interese a información, nomeadamente o alumnado de 2º, mais o tempo de que se dispuña impediu que chegase a producirse un debate; é por iso que convocamos a quen ali estivo a deixar aquí impresións e comentarios.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...