Afírmase que o feminismo xurdiu cando unha muller aprendeu a ler, pero isto é  certo se engadimos que foi cando tamén aprendeu a escribir. A maior parte das  mulleres foron reducidas a unha especie de semianalfabetismo durante moito máis  tempo cós homes. E necesitaron moito máis tempo aínda para acceder á liberdade  intelectual de escoller os seus temas de lectura. Pero a loita máis longa  tivérona que protagonizar para conseguir seren recoñecidas pola súa produción  escrita. Moitas veces practicada en segredo, agochada baixo nomes masculinos,  imos ver como moitas delas tiñan acceso á escrita grazas aos muros dos  conventos, situación que cambiará a partires do século XIX. Pondo o hábito, as  mulleres gañaban un pouco en mobilidade social, pagando un alto prezo: renunciar  á súa feminidade e á súa sexualidade.
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.
 
 
 
 
 
Sem comentários:
Enviar um comentário