sábado, 16 de maio de 2009

Letras Galegas 2009

Hoxe, 17 de maio de 2009, hai 146 anos que se publicou o primeiro libro, da Idade Contemporánea, integramente escrito en lingua galega: Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. E, cen anos despois, no 1963, instituiuse o Dia das Letras Galegas.

Neste ano, recordamos e/ou coñecemos Ramón Piñeiro, un lugués de Láncara que, nos anos da posguerra, traballou con outros para fundar a primeira empresa editorial para as letras galegas: Galaxia.

Precisamente, desde o venres pasado, podemos ver no C. S. Uxío Novoneira, a exposición Ramón Piñeiro: olladas no futuro, organizada pola Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Presidencia da Xunta de Galiza. En palabras dos organizadores, é a máis importante exposición de todas cantas mostras durante este ano poderemos ver sobre Piñeiro".

A estas alturas, a maioría se ten xa informado algo do seu labor. Moitas son as páxinas que nos permiten coñecer o valor da súa obra, do seu traballo, das pegadas que deixou. Na columna lateral do blogue, tés unha selección e, a seguir deixamos un vídeo elaborado por estudantes e profesorado do colexio da Baña que encontramos moi útil e agradecemos:

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...