No pasado mes de abril, iniciouse a publicación da revista xuvenil de cómic Galimatías. É distribuída quincenalmente, de forma gratuíta, cos xornais El Correo Gallego e El Mundo .A revista compleméntase con O Universo de Galimatías, un sitio web en que podes ler, escoitar e descargar músicas, ver vídeos, aprenderes técnicas de banda deseñada...; a páxina actualízase tamén quincenalmente, de forma alternada coa publicación da revista.
Na columna lateral, encontrarás unha ligazón na sección Pasa por aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário