
"Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexonalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas."
E, para actualizar a nosa memoria e conmemorar o 91 aniversario daquela histórica asemblea, neste sábado, a plataforma cidadá Sei o que nos figestes... nos últimos 525 anos organiza unha tertulia na Cova da Terra, á que non vos lamentaredes de ter asistido: o carácter lúdico está garantido, unha vez coñecidas as personalidades que intervirán.

A organización recomenda que se vaia memorizando este "hino dandy" para ser cantado no acto:
Sem comentários:
Enviar um comentário