O Comando Folerpa non podía deixar pasar a oportunidade de realizar unha acción reivindicativa unindo os bens material e inmaterial máis prezados dos lugueses: a muralla romana e a lingua galega.
A muralla é de todas e de todos, ainda que só demos un paseo de cando en vez por ela. O mesmo sucede coa lingua, até agora aí visíbel e dispoñíbel para quen quixer dar unha volta ou ficar a vivir nela.
A alguén lle cómpre agora urbanizar enriba, habendo tanto espazo fóra. E non o permitiremos. Querémola seguir camiñando. E cando cheguen coas súas taladradoras, aquí estaremos esperando coas nosas folerpas.
1 comentário:
As folerpas da nosa nevarada albergan oxixénio suficiente para manter viva a língua que outros pretenden murchar con xélidos decretos.
Enviar um comentário