domingo, 13 de junho de 2010

Trafegando causas nobres

Trafegando Ronseis é  blogue de cabeceira, é máis que un blogue; Gracia e Anxo (criadores),como se deduce dos seus nomes e, especialmente do que nos dan cada día, deben de ter poderes especiais para transmitiren  tanta información a que están  atentes, para alén das súas aulas e da súa vida. No sentido orixinal da palabra, ficamos sempre obrigadas e obrigados co seu labor.

E, máis outra vez, adiántanse a algunhas das nosas intencións e dannos o traballo feito. É o caso desta selección de imaxes impactantes, usadas publicitariamente por causas  ben nobres:

Non menos impactante e provocadora de replantexamentos do noso proceder é estoutra selección (neste caso, para nós, descoñecida:


Moitas grazas, Ronseis

1 comentário:

Ronsel disse...

Obrigad@s quedamos polas vosas xenerosísimas palabras. Grazas, mil veces, ogallá o noso blogue sirva para algo e movamos algunha conciencia, educándoa.
Por certo, María, contaba verte na xornada dos clubs de lectura. Que mágoa!!!
Biquiños

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...