terça-feira, 26 de abril de 2011

Saboreando as linguas

Sabemos......e que ben!!



Isto si que é saber! Na biblio démonos conta. E calquera non! Quixemos celebrar o Entroido e tamén o día no que pretendía ter en conta as linguas maternas dos que estamos no IES. E xuntando as dúas cousas, partillamos convosco o concurso Saboreando as Linguas. Sabor e saber. Saber de coñecer e saber de cousas saborosas.
Saber de Iris Liu de 1º de ESO e Rosa M. Barbosa de 2º de BAC que demostraron os seus coñecementos do chinés e do portugués, que sendo as súas linguas de orixe tamén as converteron nun pouco nosas. Números, cores, fotos, datos… con canta ilusión e alegría nos falaron de sitios lonxanos para poñelos ao noso carón. Pedímoslles que foran elas as que abriran a segunda parte do concurso coa súa charla e o sabor de boca que deixaron foi un bo aperitivo…
Aperitivo das receitas que, previamente presentadas por escrito en linguas diferentes, foron feitas realidade polas mans expertas dos nosos participantes. Xa vedes: sabor!! Doces ou salgadas, foron compartidas por toda a comunidade educativa na nosa biblioteca. Rosa levou o premio, pero o mérito é de todos vós. O noso recoñecemento non se pode manifestar nos premios que damos, porque é algo moito máis sentido. Alumnos e alumnas, profesores e profesoras, a sempre colaboradora Victoria e o resto do persoal non docente… como agradecer un a un o que nos dan! Dan vida ao proxecto que nós intentamos potenciar dende o noso traballo bibliotecario: ser referente do voso traballo. E por darlle vida fan que sexa un proxecto vital, por importante e por integrarse no cotián.
E así dá gusto! As linguas comunicadoras e as linguas degustadoras quedaron ben homenaxeadas na actividade exposta, que agardamos poder volver realizar coa vosa presenza e curioso interese.
J.C. Mourelos


saboreando as linguas on PhotoPeach

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...