sexta-feira, 19 de abril de 2013

VIII Concurso IES Ollos Grandes

Ola a todas e todos:
                          Deixámosvos as bases da oitavo concurso, convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística, para commemorar as Letras Galegas
                          Os premios entregaranse na Gala que se celebrará durante a semana das Letras. Tamén haberá actuacións musicais, e máis sorpresas. Todos os que queirades participar podedes comunicalo na Biblioteca ou aos membros do EDLG ( Cando, Manguis, Auri, Faustino ou Jéssica de 2º de Bac).
                          Lembrade que podedes concursar en calquera das modalidades ou en todas: Poesía, Narrativa ou Vídeo.
                                                  


BASES

1.   Poderán concorrer ao Concurso Literario todos os alumnos do centro.

2.   As obras,  en galego, poderán ser en prosa ou en verso, de tema libre con algunha referencia a Roberto Vidal Bolaño e coa seguinte extensión:
·        Os textos en prosa non excederán os dez folios, en formato DIN A-4  a dobre espazo por unha soa cara, cunha letra tipo arial, de tamaño 14.
·        Os textos de poesía non superarán os cen versos escritos coas mesmas condicións cós anteriores.
·         Os vídeos deben ter unha duración mínima de 30 segundos e máxima de 5 minutos. Formato .AVI
3.   . Os orixinais deberán ser presentados por triplicado e baixo pseudónimo ou lema. Nun sobre pechado, que se xuntará aos orixinais, constarán os datos persoais do autor: nome, domicilio, teléfono e curso ao que pertenza. En ningún caso poden ir asinados ou co nome verdadeiro do autor.

4.   O prazo de admisión dos orixinais rematará o 26 de abril de 2013. Serán entregados na Biblioteca e enviados á conta: biblioteca@iesollosgrandes.org

5.   Establécense nove premios en vales:
         POESÍA, PROSA, VÍDEO                               
         1º premio de 50 euros
         2º premio de 25 euros
         3º premio de 20 euros
         O xurado estará composto polos membros do Equipo de Dinamización Lingüística.

6.   O fallo e entrega dos premios faránse públicos, no taboleiro de Normalización Lingüística, o día 16 de maio.

7.   Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes destruídos transcorridos vinte días desde a data do veredito do concurso. Os vídeos serán colgados no blog bibliolhosgrandes.blogspot.com e visualizados durante a Semana das Letras Galegas.
 Novas deste concurso:

Roberto Vidal Bolaño

      
E se queredes información sobre Roberto Vidal Bolaño aquí tedes algunha. Ata un ameno telexornal, feito por alumnos, está incluído no blog do Ceip de Vilaxoan.




Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...