quarta-feira, 22 de janeiro de 2014

Magazine Cultural Galego

Magazine Cultural Galego: aquí.

Montse Dopico (A Pontenova, 1977) estrea nova versión de blogue, que leva por título Magazine Cultural Galego. Máis que un blogue atopamos unha revista que guiará unha das mellores profesionais da información cultural, e moi especialmente da literaria, que temos no país.
A nova publicación electrónica recollerá o traballo que Montse Dopico realiza para diferentes medios de comunicación e tamén textos inéditos. Nesta estrea xa podemos ver dúas entrevistas (a Samuel Solleiro e a Berta Dávila), dúas crónicas teatrais e un artigo de opinión sobre a muller na sociedade rural tradicional.
En resume, unha revista para seguir con moita atención xa que de seguro aquí atoparemos pegadas do mellor xornalismo cultural en lingua galega.
Post  de Letra en obras

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...