terça-feira, 18 de março de 2014

Eu quería traballar e ser feliz como todo o mundo: Anna Vives




Anna  é unha tipografía en formato dixital deseñada por Anna  Vives. Anna é unha rapaza con Síndrome de Down que  dedicou un ano enteiro a achegarse ao mundo da letra, traballando a lectura e a escrita. A través da observación do entorno e a investigación de diferentes publicacións impresas analizou as formas que poden adoptar as letras.  A intención orixinal da tipografía é imitar os trazos da escrita de Anna, unha grafía moi particular xa que mistura caracteres en maiúscula e minúscula indistintamente.

Ao ser unha tipografía de letra ligada é moi adecuada para utilizar en textos cortos ou de carácter informal. A tipografía Anna está composta por 126 caracteres correspondentes ao alfabeto latino, signos de puntuación, acentos e algúns caracteres especiais. Estará apta no futuro para máis idiomas.

Podes descargala neste enlace, totalmente de balde:   Anna Vives

Empezou sendo unha distración e acabou cambiando a vida de Anna, a xove con Síndrome de Down que hai uns meses creou esta tipografía tan persoal. Tanto, que xa a locen deportistas e vémola en campañas de publicidade e cadeas de negocios.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...