CONCURSO
HORA DE LER
BASES:
1º, 2º ESO
Mellor Biblioteca de Aula:
Terase en conta:
* A orde e conservación dos libros
no armario.
* Se se incrementou a biblioteca
con libros do alumnado.
* A existencia dunha comisión
responsable ( esa comisión poderá rotar).
1º, 2º, 3º e
4º ESO
Número de libros lidos:
Valorarase:
*Que todos os membros do grupo
lesen algún libro (preferentemente de escolla libre).
*Que aparezan rexistrados nos cadernos que
figuran en cada aula.
TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA
Fotos:
Foto de grupo: Cada clase poderá presentar dúas fotos ou selfies do
grupo lendo.
Foto individual: Ata dúas fotos ou
selfies lendo.
As fotos presentaranse en formato dixital (jpg, máximo 5
MGs), indicando autoría, curso e grupo, vía correo electrónico a: biblioteca@iesollosgrandes.org,
con data límite martes 7 de abril.
As fotografías publicaranse no blog da Biblioteca http://bibliolhosgrandes.blogspot.com.es/
e expoñeránse nos seus taboleiros.
En caso de facer constar dereitos
de autoría, a única licenza admitida será Creative Commons.
XURADO:
Un representante do profesorado,
outro do alumnado, e outro do persoal non docente , xunto cun cargo directivo.
O xurado poderá revisar os
armarios e cadernos das aulas a partir de novembro ata a semana do 13 ao 17de abril.
PREMIOS:
Entregaranse na Biblioteca o xoves
23
de abril (Día do libro).
PODES
LER:
*Un libro da túa biblioteca de
aula.
*Un libro ou e-book pedido na
Biblioteca.
*Un libro teu...
BIBLIOTECA IES A NOSA
SEÑORA DOS OLLOS GRANDES
Fotos ou selfies hora de ler on PhotoPeach
Sem comentários:
Enviar um comentário