quinta-feira, 19 de fevereiro de 2015

Campionato Internacional de Modelado 3D co Móbil

Logo do Campionato Internacional de Modelado 3D
A Universidade de Santiago de Compostela, baixo o financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), convoca o Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil: “d3mobile Metrology World League”.

A extracción de información matemática precisa e eficaz do noso ámbito resulta clave para o seu correcto estudo, e é nese punto onde a fotogrametría se presenta como unha opción de grande interese. Mediante este desafío preténdese achegar aos mozos os novos métodos de medición emerxentes, nos que é posible empregar instrumental tan familiar para eles como o seu propio teléfono móbil.

Poderán participar todo o alumnado de Centros de Ensino de calquera país do mundo, con idades comprendidas entre os 15 e 17 anos.

Para participar será necesario formalizar a inscrición por equipos, formados por entre 2 e 4 alumnos/as e un profesor responsable que será o líder. Un mesmo profesor poderá tutelar tantos equipos como grupos de 2 a 4 alumnos/as sexa capaz de formar, deste ou de diferentes cursos, (ata un máximo de 6 equipos). En calquera caso, só se concederá un premio por centro escolar sobre a base da puntuación total lograda.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 5 de marzo de 2015.

Máis información no acceso web do concurso; pincha aquí



Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...