Por Sabela Fernández Regueiro
Os maiores son persoas moi intelixentes e
debido ás súas experiencias e anos pódennos ensinar moitas cousas.
Os
alumnos de 1º de ESO do club de lectura quixemos
adentrarnos un pouco máis nese mundo de sabios. Para iso organizaron unha
reunión na biblioteca deste privilexiado centro, nada máis e nada menos que cun
club de lectura da terceira idade.
Nese
acontecemento falamos de diversas cousas, pero sobre todo divertímonos e
coñecemos o tipo de lectura que facían e fan os nosos maiores. Falamos dos
libros que se lían en cada club e, ao final, xa que estivemos moi cómodos todos
xuntos, decidimos o seguinte: quedar cada dous meses aproximadamente e falar,
dar a nosa opinión... sobre o libro que teñamos en común. O propósito é coñecer
o que pensan as distintas idades sobre o mesmo tema. Desta maneira coñecemos e
discutimos os gustos e opinións de todos.
No Club Ollos Grandes non se para, lese, intercámbianse opinións e bótanse a andar. Aquí vos deixamos as fotos que nos envía Esther Rodríguez, marabillosa directora deste Club de lectura, do itinerario literario de O veleno da risa realizado cos alumnos maiores do Club.
E pregunta para ti:
Quen é o autor desta obra? Envíanos a túa resposta.
E pregunta para ti:
Quen é o autor desta obra? Envíanos a túa resposta.
Sem comentários:
Enviar um comentário