sexta-feira, 18 de março de 2016

De caza na Biblioteca

Profesores do Grupo de Traballo sobre Biblioteca crearon un interesante material, que puxeron en practica con grupos de 4º ESO. Estas son algunhas das opinións:

Rafael Ameijide Asorey: Pareceume bastante orixinal para facer co alumnado. Sinceramente paseino ben e gustoume bastante.
Matías Carnero Carnero: O mellor estar buscando libros, movéndote pola biblioteca e usar o ordenador para ver o Catálogo da Biblioteca.
Esther Castedo Potente: A actividade foi moi entretida e amena. Realizala por grupos fixo que fora divertida, orixinal . Aprendemos a buscar na biblioteca e tamén sobre autores como Castelao, Maruxa Mallo...
Ainoha Díez Díaz: A actividade na Biblioteca foi moi entretida.
Alejandro Gundín López:  A min gustoume porque foi entretida e nada pesada.
Alejandro Hermida Pérez: Todos participamos e pasámolo moi ben. Divertida e dinámica.
Brais López Otero: Moi entretida. A quen non lle gusta unha caza do tesouro? A diferenca de dificultade das actividades foi compensado ao poder axudar aos demais.
Nicolás Jesús Quiroga Gómez: Moi dinámica e divertida e, asemade, didáctica. Gustaríame facer máis destas actividades.
Alejandro Rivas Díaz: Amena, divertida e para todo tipo de persoas.
Jonás Rodríguez Arcia: Entretida, ademais da competitividade saudábel que había entre os grupos.
Alba Somoza González: Gustoume moito. Paréceme unha boa idea pra entreterse, pasalo ben e, ao mesmo tempo, interesarnos na materia.
Carlos Tacón García: As tarefas propostas foron moi interesantes, entretidas e didácticas. Gustoume moito porque todos podiamos participar. Persoalmente, encantoume a idea. Penso que poderían incluírse outros aspectos da nosa cultura e que se pode realizar en todas as áreas.
Laura Vázquez Lorenzo: Entretida, divertida e moi colaborativa.
Alejandro Veiga Figueroa: Educativa e entretida.
Luís Valentín Ulloa Lluque: Gustoume moito o xogo de Lingua Galega: a procura de pistas cos libros e tamén poder facer un puzzle entre todos. 

De caza na biblioteca on PhotoPeach

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...