sexta-feira, 7 de outubro de 2016

Queres ser axudante bibliotecari@?

Estamos a buscar voluntari@s para ser axudantes na Biblio. Non se necesita nada máis que ganas de botar unha man cando sexa menester pero sen agobios, disfrutando da nosa Biblioteca. Ademais de ser usuarios podedes ser colaboradores e disfrutar de diferentes obradoiros, charlas ou tamén participando en tarefas de ordenación, de axuda en organización de actividades, asesoramento... 

Se vos chama a idea non dubidedes en apuntarvos no mostrador da Biblio, deixando o voso nome e curso. Nuns días convocarémosvos ós interesados a unha reunión para informarvos e a ver se podemos contar con vós como os nos@s AXUDANTES BIBLIOTECARI@S.





Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...