sexta-feira, 12 de junho de 2009
Máis información sobre o cuestionario (Lingua IV)
Lingua: texto consensuado (Lingua III)
Deixamos aqui, para todas e todos poderen ler, un texto consensuado entre estas entidades:
Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación de Directores e Directivos de IES, AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega), Comités, Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago, Federación de ANPAS de Ferrolterra, NEG (Nova Escola Galega), STEG (Sindicato dos/as traballadores/as do Ensino de Galicia
Proposta de Resposta ao cuestionario
quinta-feira, 11 de junho de 2009
A enquisa da vergonza (Lingua II)
Algúns, como decía, non coñecemos esa sensación de vergonza tan atribuída ao galego-falante do rural chegado á cidade. Pero sentimos outra diferente, abrasiva, ao vermos como a administración se serve do ben común para xustificar uns centos de votos e altas doses de protección nos medios de fóra. E como se serve das familias para amosar mans limpas tras a desfeita, en actitude irresponsable e cobarde. Tantos anos de persecución, desprezo, desprazamento e ridiculización da lingua galega parece que non chegaron.
Como é posible ofrecer un ensino de calidade cando negamos a posibilidade de competencia na lingua propia e impedimos a liberdade de elección co castelán? Esta impotencia que sentimos carrexa a vergonza da que falo.
A enquisa sobre o uso do galego no ensino, que supón un custo disparatado, non ten sinatura oficial, carece de selo orgánico, ven redactada de xeito ridículo por duplicado, deseñouse ás costas do sistema educativo, ... Non o pode disimular. Ela tamén está chea de vergonza.
terça-feira, 9 de junho de 2009
As linguas suman (Lingua I)
Dada a relevancia da información que oferece, reproducimos, a continuación a carta de presentación do tríptico informativo e o tríptico, que pode lerse tamén aquí.
As Linguas Suman
Carta:
Os membros da CGENDL, docentes que traballamos nos colexios e institutos no día a día e que, polo tanto, coñecemos a realidade dos centros e a súa situación lingüística, vemos con moita preocupación o problema xerado nos últimos tempos arredor da presenza das linguas no ensino, que derivou nunha confrontación aberta arredor dun ben común que nos tiña que unir, a lingua galega.
Consideramos que a convivencia do galego e o castelán non ten que ser un problema senón unha vantaxe, unha oportunidade para a nosa sociedade. Algo que todos os estudos, e que o sentido común da inmensa maioría da poboación galega avala, vén sendo perigosamente interpretado dende determinados sectores políticos. E máis perigoso é que se trasladen ós centros de ensino problemas que non atenden a razóns pedagóxicas, abocándonos cara a un escenario de lamentable confrontación social.
Ademais pensamos que dende unha perspectiva pedagóxica todos os implicados no ensino deberiamos centrarnos en conseguir que os nenos e nenas sexan igualmente competentes en galego e castelán. Polo tanto, o debate que se ten que abrir é precisamente este: que medidas temos que adoptar para conseguir que os rapaces e rapazas dominen plenamente as dúas linguas, tal e como establece a LOE.
Neste contexto elaboramos un tríptico destinado ás familias que é o que hoxe presentamos, e que se vai distribuír na medida das nosas limitadísimas posibilidades.
Por que este tríptico? porque parece que hai que volver recordar que o galego é a lingua propia de Galicia; que nos pertence a todos e todas e non podemos xogar co seu futuro, porque intereses políticos, que non educativos, veñen de crear un problema no ensino arredor das dúas linguas oficiais que pode derivar nunha perigosa fractura social, polo tanto COMO DOCENTES pensamos que debemos ofrecer información rigorosa sobre a aprendizaxe de linguas baseada en estudos científicos que se fixeron tanto dentro coma fóra da nosa comunidade.
E dito isto, queremos insistir en:
a. É unha sorte, non é unha desgraza, que a nosa comunidade conte cunha lingua milenaria, que nos debe unir. Polo tanto non se debe permitir que triunfe a idea de que o galego é un obstáculo para os estudantes, mantendo vellos prexuízos que no século XXI deberían estar plenamente superados, pero que pretenden manter relegada a lingua galega nun lugar secundario na sociedade.
b. Se é evidente que para mellorar a competencia en lingua inglesa é necesario que se impartan en inglés determinadas materias, a sociedade galega debe asumir tamén o mesmo para a lingua
galega, é dicir, que para saber galego é necesario “aprender en galego”.
c. O galego segue a ser unha lingua minorizada na nosa comunidade e polo tanto necesita unha discriminación positiva tanto dentro coma fóra do ensino.
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Só coa túa colaboración, encotraremos solucións. Le con calma o cartaz que colocamos a continuación; se non entendes algo, pregunta ao pro...
-
Entre todos podemos ayudarnos a reflexionar sobre lo que nos indigna la violencia y lo que necesitamos la paz. ¿Se te ocurre algún libro, a...
-
II Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada Con motivo do Día do Libro e do Día das Letras Galegas , a Biblioteca Ollos Gran...