"Partindo da base de que a cultura para promoverse e espallarse ten que estar onde está a comunicación, as empresas galegas Hacce Solucións (especializada en desenvolvemento web) e London Clip veñen de dar renda solta a un proxecto que é como quitarlle ferro ás clases de literatura e, de xeito simultáneo, amosar que a Internet participativa xa se fixo maior. Máis polo miúdo e para que se entenda, trátase de facer fronte común nas redes sociais co obxectivo de publicar El Quijote (obra clásica libre dos dereitos de autor e polo tanto dispoñible para este tipo de experimentos) ao completo (...)"
Ler o artigo completo en Código 0 Twiquijote