quinta-feira, 26 de março de 2009

Aberto o prazo para participar no Concurso Literario

Xa está aquí a cuarta edición do Concurso Literario que organiza a equipa de Normalización Lingüística do instituto.
Dá forma poética ou narrativa a iso que che ronda a cabeza e que a preguiza, o traballo ou o que for te obrigaron a pospoñer. E, se para máis, non deseñas mal, a banda deseñada é outra das posibilidades que debes aproveitar para participares no concurso.
Aquí deixamos as bases:

quarta-feira, 25 de março de 2009

Recordando R. Carvalho Calero





No 19º aniversario da morte do mestre, avivanse as súas palabras:

"...O galego corre o perigo de converter-se num jubilado a quem se lhe outorga um seguro de velhice, a quem se lhe garante umha morte tranquila. Os moços que ainda sentem latejar nos seus pulsos o sangue de Castelao, sabem que o galego nom é um bable ilhado no mundo cultural, e que só pode remoçar-se e viver em ósmose fecunda com as formas do iberorrománico que outrora promoveu e que tenhem umha transcendência universal. Só esta concepçom generosa da nossa língua, em que a história e a geografia estám presentes, pode dotá-la de razom prática suficiente para chegar a ser a língua normal dos galegos"
(1984 Letras galegas, páx. 20)

Coñece algo (máis) dunha das personalidades de maior relevo na literatura galega do século XX, no seu estudo e no estudo da lingua: clica aquí, ou /e aquí; tamén na Biblioteca Virtual Galega.

segunda-feira, 23 de março de 2009

Earth Hour 2009: Saturday March 28th, 8:30 pm

“As nosas palabras, os nosos mundos”


Desde a Coordinación Provincial dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística comunican a abertura de As nosas palabras, os nosos mundos, "unha exposición itinerante sobre a lingua galega na diversidade lingüística.

O seu obxectivo xeral é promover o valor da lingua propia no contexto da diversidade lingüística do mundo e mais contribuír á difusión do plurilingüismo como garantía dunha boa convivencia global.

Esta exposición arrancou o ano pasado en Santiago de Compostela e xa leva percorrido diversas cidades como Vigo, Madrid, Bruxelas, Bilbao ou Sevilla. Contén diferentes módulos, de carácter informativo, en soportes audiovisuais que permiten a interactividade dos visitantes.

Pode ser visitada no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra, en Lugo, do 23 de marzo ao 5 de abril. Se clicas aquí, podes ir estimulando o desexo de acudir persoalmente á exposición: aprenderás de outra maneira e sen te aborreceres.
FiLMES AO TEU DISPOR

Sección dedicada a informar e comentar audiovisuais que temos ou imos comprando e que están ubicados na Aula de Vídeo para o uso de todas e todos.
Agradecemos xá que deixedes aqui os vosos comentarios sobre obras vistas e/ou suxestións de compras daquilo que consideredes interesante.

LOS LUNES AL SOL


Dirección: Fernando León de Aranoa.
Ano: 2002.Pais: España.Duración: 113 min.Interpretación: Javier Bardem (Santa), Luis Tosar (José), José Ángel Egido (Lino), Nieve de Medina (Ana), Enrique Villén (Reina), Celso Bugallo (Amador), Joaquín Climent (Rico), Aida Folch (Nata), Serge Riaboukine (Serguei), Laura Domínguez (Ángela), Pepo Oliva (Samuel), Fernando Tejero (Lázaro).Guión: Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral.Música: Lucio Godoy.Producción: Elías Querejeta.Fotografía: Alfredo Fernández Méndez.Montaxe: Nacho Ruiz Capillas.Dirección artística: Julio Esteban. Vestuario: Maiki Marín.
Unha cidade ó norte, costeira, dividida por unha ría de augas verdes e oleaxinosas. Moitos homes e mulleres deixaron atrás o campo e o mar para ir a traballar ás fábricas, ás refinerías, ó astilleiro. Pero despois chegou a reconversión industrial. No bar de Rico reúnense un grupo de amigos, falan nas horas mortas, xogan as suas esperanzas na máquina... no bar mezclanse os recordos e os proxectos, compartense as frustraciones e as esperanzas. O peche do astilleiro planea sobre eles. No seu calendario tódolos días son festivos, en todos hai motivo para a desesperación. Ésta é a historia dos que viven a vida en domingo, dos que pasan os luns ó sol. de pie

En breve, reunión do Clube Ollos Grandes


Mércores, ás 18 h. e, como sempre, na Biblioteca, conversaremos sobre e/ou a partir de Edgar Allan Poe.
Xa sabedes que estas reunións das tardes de algúns mércores son para o Clube Ollos Grandes de Segundo ciclo de ESO e Bacharelato; o alumnado do 1º ciclo de ESO ten as reunións nos recreos dos mércores marcados nas reunións. O resto de lectoras e lectores poden acudir a calquera das citas.
Recordamos os títulos que decidimos ler e que están ao voso dispor na biblioteca en lingua galega, inglesa e castellana. Clicando nos títulos, podes facer unha lectura virtual:
Para os máis novos:
O escaravello de ouro
Para os demais:
O corazón delator
O pozo e o péndulo
A caída da casa Usher
O barril de amontillado
O gato negro
Manuscrito achado nunha botella

Se preferes ler en portugués, aquí encontrarás alguún dos relatos.
Na nosa sección da columna lateral, tedes unha guía que elaborou a coordenadora do Clube, Esther Rodríguez, e aquí bonita e interesante información que realizaron na biblioteca amiga do IES Sánchez Cantón de Pontevedra e que coñecemos grazas ao seu blogue Mesturas.

quarta-feira, 18 de março de 2009

Lendo entre liñas

Entre onte e hoxe, xusto en fronte do noso instituto, vimos operarios montando unha exposición que, segundo parece, está patrocinada pola Obra Social de La Caixa; ignoramos quen é responsábel pola organización e non cuestionamos o seu contido, que aínda descoñecemos.
Porén, cuestionamos a mensaxe que lemos nas grandes lonas que a anuncian:

quarta-feira, 11 de março de 2009

XV Festival Internacional de Teatro Universitario. Lugo



Informamos con tempo, para vos irdes organizando e non perder as escasas ocasións que temos en Lugo de ver teatro: comeza en breve o XV Festival Internacional de Teatro Universitario, co calendario e condicións que se indican a seguir:


Data e lugar: Do 24 ao 30 de marzo no Auditorio Gustavo Freire ás 21:00 h.

Entrada gratuíta, previo paso pola billeteira.

Recollida de entradas: media hora antes da función

Autobuses desde a Escola Universitaria de Formación de Profesorado ás 20:15 e desde o pavillón central da Facultade de Veterinaria ás 20:30 h

Día 24 de marzo

AULA DE TEATRO DA USC - COMPAÑÍA DE TEATRO DE LUGO

Sussie, de Carol López

Lingua: galego

Día 25 de marzo

MOCT TEATP, UNIVERSIDADE PÚBLICA DE MOSCOVA (RUSIA)

Un xeño corrente (musical), de Vadim Shefner

Lingua: ruso

Día 26 de marzo

TEATRO RODANTE, UNIVERSIDAD DE PUERTO RICO (RECINTO DE RÍO PIEDRAS)

El Lazarillo, Versión de José Luis Ramos Escobar

Lingua: castelán

Día 27 de marzo

ESCUELA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICO DE MURCIA

La tempestad, de William Shakespeare

Lingua: castelán

Día 28 de marzo

AULA DE TEATRO DA UNIVERSITAT D´ALACANT

Abuelos (Las cerezas de la memoria), de Juanluis Mira

Lingua: Castelán

Día 29 de marzo (2 funcións)

17:30 h

Aula infantil de teatro “Gepetto”. Universidade de Vigo. Campus de Ourense

Rescuita e o Reino dos Sentimidos

Aforo limitado a 50 persoas

Idade recomendada 3 anos en adiante

21:00

AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

COMPAÑÍA DE TEATRO

Xogos á hora da sesta, de Roma Mahieu. Tradución e adaptación de Cándido Pazó

Lingua: galego

Día 30 de marzo

AULA DE TEATRO “MARICASTAÑA”. UNIVERSIDADE DE VIGO - CAMPUS DE OURENSE

Hide (Oculto), Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de "O extraño caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde" de Robert Louis Stevenson

Lingua: galego



terça-feira, 10 de março de 2009

Sembène

Hoxe queremos apresentar aquí un interesante creador africano.
A obra do autor senegalés Ousmane Sembène (1923-2007) transcende o meramente literario xa que ademais de autor de obras como O estibador negro, coa que comeza a súa carreira literaria, publicou outras como Le docker noir en 1956, Oh pays, mon beau peuple ou Les bouts de bois de Dieu…. Paralelamente, Sembène é considerado o patriarca do cinema africano, dirixindo no 1966 o filme A negra de…, a primeira longametraxe africana á que seguen outros filmes e curtametraxes.
A súa preferencia polo cinema fronte á literatura vén dada pola reflexión, logo de vivir en Europa, de que os libros non chegaban á poboación africana debido ao alto grao de analfabetismo e polo seu prezo inalcanzábel para o minguado poder adquisitivo dos cidadáns africanos. Daí que considere que o mecanismo máis eficaz para transmitir a súa mensaxe sexa o cinema, arte máis popular e directa coa que , ademais, podía falarlle ao pobo na súa propia lingua.
Sembène entendeu que o seu traballo de escritor e cineasta debía consistir nunha especie de misión pedagóxica destinada a expor diante dos seus compatriotas as inxustizas sufridas ao longo dos séculos polos pobos de África.
A nosa proposta de leitura é unha narración curta titulada O xiro postal (1966), traducida ao galego por Isabel García Fernández para a editorial Rinoceronte.
Nesta obra cóntasenos como a chegada dun xiro postal, procedente de Francia, altera a rutina dun bairro pobre de Dakar dos anos 60. Toda a veciñanza espera atopar nestes cartos unha saída á súa vida miserenta, chea de débedas e privacións. A través das dificultades de Dieng, o protagonista, para cobrar o xiro postal, o autor oferécenos un retrato cruel do Senegal desa época, no que aínda se manteñen as estruturas sociais e económicas da época colonial á vez que denuncia a hipocrisía, a corrupción, o analfabetismo e o parasitismo dunha sociedade que necesariamente ten de cambiar e reaccionar fronte a tantas adversidades.
Sara Sánchez

E, a seguir, o tráiler do filme:

sexta-feira, 6 de março de 2009

Imaxe para "El enigma del maestro Joaquín"



O alumnado de 3º de ESO está lendo El enigma del maestro Joaquín da autoría de Sigrid Heuck. Na obra, ten especial relevancia a pintura Paisaje con San Cristóbal de Patinir.
Segundo indica a profesora Fernanda Marzo, é difícil acceder a reproducións completas do cadro, sendo de grande interese na leitura os detalles omitidos. É por iso que nos exemplares que temos na biblioteca se inclúen copias a cor da imaxe completa, que tamén podedes observar aquí; clicando nela, accederedes à web de onde a obtivemos, coa posibilidade de vos informar minimamente sobre Patinir.

quinta-feira, 5 de março de 2009

Imaxes da I Semana da Imprensa Económica

A I Semana da Imprensa Económica activou numeroso alumnado e profesorado de diferentes materias, para alén de Economía, unha de cuxas profesoras, Mar Neira, ideou a actividade.
Agradecemos a quem, dun ou de outro modo, participou, deixando a continuación algún testemunho de parte do realizado; no final da presentación fotográfica, incluímos fotos dunha actividade paralela realizada por alumnado de Francés, con motivo do Día dos Namorados:

Semana Imprensa Económica

8 de Marzo. Día da Muller


C. Eissner e R. Luxemburg

Este data simboliza a loita da muller por lograr os seus dereitos; é un día de intervención e reivindicación social co fin de que as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres non sirvan de pretexto para minorizar as capacidades e dereitos destas.
Clara Eissner foi quen propuxo esta celebración hai case un século, en 1910, na II Conferencia Internacional Socialista de Mulleres.
Nestes días, son numerosas as actividades lúdico-reflexivas; se queres coñecer algunhas, clica aquí e, para saber as que se van desenvolver en Lugo, con moita música por medio, clica aqui.
Se queres implicarte aprendendo, podes tentar realizar dúas WebQuest sobre o tema que realizaron na Biblioteca Escolar do CEIP Milladoiro de Malpica e na Biblioteca do CEIP de Andrade, en Pontedeume (podes acceder a elas e a outras na columna lateral esquerda).
Non fiques á marxe: és parte importante da loita. Aprende,mobilízate, participa!



25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...