sexta-feira, 24 de fevereiro de 2017

Homenaxe a Rosalía

Homenaxe da xente de Santiago de Compostela a todos aqueles que teñen que vivir fora da súa terra; exercicio de integración entre a xente gallega e os seus irmáns árabes.



Os nenos e nenas de St. Mary's School at Mullaghbawn (Northern Ireland) recitan a Rosalía de Castro

quinta-feira, 23 de fevereiro de 2017

Concurso de fotografía

Convoca
Asociación de antigos/as alumnos/as do IES Monelos da Coruña.
Destinatarios/as
Alumnado de Educación Secundaria, Bacherelato e Formación Profesional de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.
Requisitos
O tema é libre. As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor. Máximo de 3 fotografías por participante. As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico.
Os autores/as deberán enviar as fotografías por correo electrónico a fotomonelos@gmail.com cos seguintes datos: nome e apelidos, DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, curso e título para cada foto.
Bases
Pódese acceder ás bases premendo aquí.
Premios
1º premio: diploma e 250 €
2º premio: diploma e 150 €
3º premio: diploma e 100 €
O xurado considerará a posibilidade de conceder accesits con premios.
Premio especial para a realización dun proxecto fotográfico baixo a dirección de Xurxo Lobato.
Prazo 
Ata o 10 marzo de 2017.

terça-feira, 21 de fevereiro de 2017

Plantas que medran.

Dende fai uns meses temos plantas na biblio. Por exemplo os nosos floridos kalanchoes ou os ósos de aguacate, algúns xa convertidos en plantas e outros todavía facéndose de rogar.
 
E agora que os xacintos están saíndo adiante axudan a crear unha atmósfera moi agradable desprendendo o seu arume. Calquera que se senta arredor deles pode disfrutar destas novas sensacións, o olfato na biblio!


 

segunda-feira, 20 de fevereiro de 2017

Fálame da emigración

Os alumnos de 2º A de ESO participamos na actividade “Fálame da emigración” en colaboración con Afundación, obra social de Abanca. A finalidade desta actividade é coñecer a experiencia da emigración en Galicia e para iso veñen persoas da terceira idade para contarnos a súa vida como emigrantes. Nós, os alumnos da nosa clase, fixemos tamén unha investigación nas nosas familias e descubrimos que case todos tiñamos historias que contar porque temos parentes que emigraron. Nesta primeira xuntanza, que celebramos o 8 de febreiro, viñeron ao noso centro Josefa, Aurelio, Enriqueta e Otilia para contarnos as súas historias da emigración, tanto en Europa como en América. Josefa casou e emigrou co seu home a Francia. A súa principal dificultade foi o idioma, pero o seu home, que emigrara antes ca ela, axudoulle moito e conseguiulle traballo nunha portería onde estivo ata que voltaron a Lugo, xa con dous fillos. Aurelio con 17 anos emigrou á Arxentina, nunha viaxe en barco que durou 17 días. Alí estudou e tivo varios traballos ata establecerse como perruqueiro. Gañou moitos premios (incluso internacionais) na súa profesión. Anos despois decidiu volver e tivo que empezar aquí desde cero. Enriqueta emigrou a Alemaña para traballar nunha fábrica de mobles. Volveu a Galicia porque tiña morriña súa familia, pero sempre botou de menos aqueles anos en Alemaña. Otilia emigrou á Arxentina porque casou cun galego emigrado alí. Como o seu home xa estaba establecido non tivo que traballar fóra da casa e di que aqueles anos foron os mellores da súa vida. Gustáronnos moito as súas historias e parecéronnos conmovedoras. Explicáronnos que a necesidade e o desexo de buscar unha vida mellor os levaron a emigrar, tamén nos relataron como superaron o proceso de adaptación a un novo país e nalgúns casos a un novo idioma, as dificultades que atoparon, o seu afán de superación e o esforzo por mellorar. Emigrar é unha experiencia moi dura e ademais cando volven á súa terra séntense un pouco fóra de lugar, sentíndose estranxeiros nos dous sitios. Na próxima xuntanza seremos nós os que contaremos historias das nosas familias. 
 Nuria González, 2º A (ESO) 



Podedes ver máis fotos entrando no seguinte enlace de Afundación

14 de Febreiro. San Valentín.

Rematou a celebración do amor.
Para a exposición dos textos gañadores no noso concurso de redacción "Que é para ti o amor?" decoramos uns paneis á porta da Biblio coa axuda das nosas voluntarias.


Nese panel decidimos respostar a esa pregunta co que no Principiño nos contan sobre a idea do amor e a carón del expuxemos os textos gañadores en cada categoría.


O martes 14, antes do fallo do xurado, proxectamos na Biblio unha curtametraxe do director chileno Julio Pot Espiñeira, "The Gift", que ten no seu haber multitude de premios de festivais de cine de todo o mundo. Unha curta de animación que explica cómo o amor non pode supoñer renunciar á liberdade de ser un mesmo.


E finalmente repartimos os premios tanto as gañadoras e gañador do concurso como @s participantes, pois preparámoslles un detalliño igualmente para agradecer a súa participación. Aproveitamos para pedirlle desculpas a Jesús, pois non sabemos qué pasou coa súa foto e o momento da recollida do seu premio queda completamente deslucido por dificultades técnicas, pero os seus textos podédelos ler no taboleiro temático do corredor.


quinta-feira, 16 de fevereiro de 2017

Club de lectura interxeracional

















Estes foron algúns dos comentarios que nos deixaron os participantes do Club de lectura:
                       

   Hai pouco tempo volveuse realizar un encontro entre o noso club de lectura e o de “Afundación”, o cal está formado por persoas da terceira idade. O libro do que se falou esta vez foi a biografía de Malala(“Malala, mi historia”) que, na miña opinión, paga a pena ler.
   Comentáronse diferentes puntos de dito libro durante o encontro; sorprendeume a gran cantidade de opinións que ambos clubs compartían. Debido a que o libro trataba temas relixiosos, morais e, incluso, políticos esperábame que houbera algúns puntos de vista cos que non todos estivesen de acordo. Resultoume moi satisfactorio ver como persoas, con máis experiencias na vida ca nós, tiñan unhas opinións tan semellantes ás nosas.
Outro punto a mencionar é como todos os comentarios formulados durante a reunión me axudaron a comprender pequenos conceptos, os cales non logrei rematar de entender ben cando lera o libro. Puiden atopar respostas a esas preguntas que me rumiaban pola cabeza dende hai un par de semanas
( ás veces, fai falta que alguén dea o seu punto de vista para atopar o propio). 
Espero con ansia a próxima xuntanza.

                                                                                     Jesús Castro López 3- ESO A

Ter a oportunidade de comentar o libro Malala con persoas da 3ª idade foi algo marabilloso. A través das nosas opinións ímonos coñecendo todos e iso gústame moito. É incrible o que un libro che pode transmitir. De feito, todos nos demos conta do afortunados que somos, e, o máis sorprendente, é que todos coincidamos nas mesmas valoracións.

Só me queda dar as grazas ao club de lectura por esta experiencia. Gustaríame repetir esta actividade moitísimas máis veces.
                                                                                 Sandra López Castro (2º C ESO)


Concurso: Creación dun Bibliotráiler

Convoca
Centro virtual Ler.es, dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España (MECD) e dedicado ás alfabetizacións múltiples como ferramenta de coñecemento e aprendizaxe.
En que consiste
Na creación dun BIBLIOTRÁILER no que se recollan os mellores tráileres de animación baseados nunha obra literaria presentados polos centros docentes.
Obxectivos
  • Promover o desenvolvemento da competencia lingüística e a conciencia e expresións culturais a través das novas tecnoloxías, ademais da alfabetización audiovisual.
  • Axuntar o fomento da lectura co desenvolvemento de técnicas de animación e o uso das novas tecnoloxías.
Participantes
A convocatoria está dirixida a estudantes que cursen durante o período 2016-2017 algunha dos seguintes ensinos oficiais:
a) Terceiro Ciclo de Educación Primaria.
b) Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Bacharelato.
A participación na convocatoria realizarase a través do centro docente no que o alumnado estea a cursar os seus estudos.
Bases: pica aquí
Criterios de valoración
1. A calidade artística dos traballos, prestando especial atención ás técnicas de animación empregadas.
2. A calidade lingüística dos traballos, a súa capacidade de síntese e o guión literario.
3. A orixinalidade e creatividade ao explorar enfoques innovadores.
Prazo de presentació: ata o 16 de maio de 2017.

quinta-feira, 9 de fevereiro de 2017

Libros para colorear




En nuestra biblioteca tenemos cuadernos de mandalas para colorear pero, si te apetece hacerlo en casa, te dejamos los siguientes enlaces:

Libros para imprimir y colorear: una propuesta de múltiples museos y biblioteca para descargar libros gratis - en pdf. Algunas de estas propuestas son las que tienes a continuación:

The New York Public Library Coloring Book:






The New York Academy of Medicine 2017 Coloring Book:


terça-feira, 7 de fevereiro de 2017

Voluntari@s na Biblio por San Valentín.

Estes días andamos argallando na decoración da biblio por San Valentín, colocando corazóns sobre as nosas cabezas. Nesta tarefa o voluntariado colaborou recortando, como por exemplo hoxe fixo Antía.

Tamén estivemos facendo unha campaña de difusión desa pregunta tan complexa que é o acicate do noso concurso de redacción "Que é para ti o AMOR?". Para isto fixemos pequenos carteis con esa frase e @s voluntari@s adicáronse a espallalos por todo o centro, en portas de aulas, ventás, corredores... provocando reaccións de curiosidade.
 

quarta-feira, 1 de fevereiro de 2017

Preparando a celebración do amor, San Valentín.

O noso corredor luce invernal, con folerpas que adornan o taboleiro e caen do ceo para anunciar que, como reza a frase extraída da serie Xogo de Tronos que nos preside esta tempada, o inverno xa chegou fai tempo. 
E ese frío hai que combatilo e unha maneira é con moito amor e agarimo, por iso xa estamos quentando motores con San Valentín.
San Valentín (14 de febreiro) en realidade é unha data sinalada con claro significado comercial, para que o noso espíritu consumista se manteña ocupado despois do Nadal. Na Biblio quixemos aproveitar para mellor celebrar o AMOR e que ademais isto durase máis que un só día (como debe de ser).

Durante todo o mes de febreiro nos recreos sonará como música de fondo temas pertencentes a bandas sonoras románticas, música de cine.

Creamos un pequeno rincón temático con libros e algunha película como suxestión para estas datas (e aínda nos queda algún que outro detalle que colocar).


E está en marcha un concurso de redacción sobre o amor, a idea é crear un texto de máximo 75 palabras que resposte á pregunta "Que é para ti o AMOR?". Temos tres premios para tres categorías (1º-2º de E.S.O., 3º e 4º de E.S.O. e Bacharelato). E máis detalles sobre as bases no mesmo taboleiro de anuncios do corredor.
Quen desexe participar debe introducir o texto nuns buzóns situados na zona da Biblioteca do corredor. 


Pero a que luce ben bonito o noso recuncho do corredor?
 

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...