Literatura e
matemáticas semellan termos opostos que se repelen nun centro educativo e que determinan unha das eleccións chave nos nosos expedientes ao chegarmos ao bacharelato: Ciencias ou Letras? Pero por que non as dúas! Se o poeta di que
todo é literatura e o científico que
todo son matemáticas, ten que existir un punto de encontro denominable
matemáticas literarias ou
literatura matemática que conxugue estas dúas áreas esenciais do coñecemento humano.
Por suposto este espazo existe, e para facelo lexible, propoñémosvos as seguintes obras adquiridas recentemente pola nosa biblioteca para seren disfrutadas por todos e todas os membros da nosa comunidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário