domingo, 24 de maio de 2009

5 días de verán no Porto: Escola de Física




Para alumnado de 4º de ESO ou 1º de BAC coas materias de Física e Matemáticas, a Faculdade de Física da Universidade do Porto convoca a Escola de Verão de Física (de 30 de agosto a 5 de setembro).
O prazo para se inscribir acaba o 31 de Maio e, por tanto, até esta data, é necesario preencher aqui um formulario; ademais, o profesorado de Física e Matemáticas enviará, antes dese día, unha carta de recomendación do alumno ou alumna.
A matrícula a pagar é de 60 euros e inclúe o programa científico, a estadía e as comidas desde o 30 de agosto ao 5 de setembro, alén de actividades de lecer. Deberá pagarse no primeiro dia da Escola.


No caso de non ser posíbel pagares esta cantidade, solicita ao teu profesor ou profesora que mencione na carta de recomendación que necesitas apoio financeiro.


Máis non se pode pedir. Non perdas a oportunidade.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...