terça-feira, 9 de junho de 2009

Actividades recentes

Nas semanas pasadas foron tantas as actividades que se desenvolveron no centro que o tempo se fixo escaso para as referir aquí, especialmente para aquelas persoas que non as puideron seguir.
O xuíz luís Villares Naveira falou -e emocionou- para o alumnado de 2º de bacharelato, informándoo da realidade da lingua galega no ámbito xudicial (e non só). A revista Tempus das Letras recolle unha entrevista que lle realizou Ana Ferreiro, de 1º de BAC; non deixedes de a ler.

Luís Villares Naveira on PhotoPeach



Tamén nos visitou Bali Rai, escritor inglés de orixe india; Bali Rai veu para nos falar da súa novela Un casoiro ben mal amañado que o alumnado de 4º leu neste curso.
A actividade só tivo un defeito, recoñecido unanimemente: a escaseza de tempo para continuar conversando co escritor. Con todo, manifestou o desexo de ser convidado por nós nunha próxima viaxe á Galiza e declarou ter gustado moito das intelixentes preguntas do alumnado; chegou mesmo a anunciar que algunha delas estaría, de algún modo, presente nunha próxima novela súa.
Quen non tivo a oportunidade de asistir a esta actividade ou quen quixer, pode visitar a sua páxina web (en inglés). Algún centro galego deixou en YouTube o vídeo da charla,que enlazamos e agradecemos.
Desde aquí tamén agradecemos a xestión de Samuel, sen cuxa intervención talvez non fose seleccionado o noso centro para podermos escoitar Bali Rai.

Bali Rai on PhotoPeach



E, nestes días, aínda podedes visitar as exposicións sobre Darwin (no 2º andar e na biblioteca) que complementan outras actividades que desenvolveu o Departamento de Ciencias, con colaboracións de outros departamentos:
Darwin on PhotoPeach

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...