Recentemente, anunciamos aquí a publicación do documentario Entre Línguas cuxo subtítulo é o que intitula esta entrada: "O galego de que nada sabíamos".
Voltamos agora sobre o asunto, despois de ter sido apresentado en Lugo (EOI) na semana pasada, grazas ao Departamento de Português da Escola. Nun acto moi concorrido, Eduardo Maragoto, representando o colectivo GLU-GLU(Galego Língua Útil – Galego Língua Universal, creador do vídeo, apresentou só un resumo do documentario, por razóns de tempo.
É unha obra para non perderdes; constitúe unha oportunidade, diferente ás maioritariamente coñecidas, para nos facer reflexionar sobre a lingua, sobre a súa rexionalización e ocultación; para pensarmos no que nós -galegos- falamos; a nosa é tamén unha lingua fronteiriza, evidentemente con condicionantes históricos ben diferentes aos dos representados no vídeo, mais o resultado, a lingua, hoxe, despois de tantos esforzos, academias, decretazos, etc., etc., non é diferente desas outras linguas.
O filme pretende abrir un debate e facernos pensar sobre o que somos e o que temos e cal o camiño a seguirmos; talvez sexan os outros "galegos" de todas esas zonas fronteirizas quen nos acaben por orientar sobre o que falamos na Galiza; para eles é obvio, como se pode escoitar no final da intervención da muller do vídeo que colocamos no final.
É vella a teimosia de limitar a lingua galega a catro provincias administrativas; vella e actualizada a teimosía de ir decretando aqui e ali (especialmente aos sábados ou finais de ano)para, sob pretexto de protección, vaia crioulizándose máis e máis. Oxalá este magnífico trabalho de GlU-GLU teña o eco que merece e contribúa para un novo tempo para a lingua, un tempo en que se supere tanto pensamento choído.
Fonte da imaxe
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
Sem comentários:
Enviar um comentário